Posted On: June 11th 2026, 02:11 pm
Contorna, luz e auga 💧 Raquel Coba (@raaquell_coba) xerminou a súa visión nos muros carballeses.
📍 Podedes visitar o muro na rúa Rosas, 5.
A proposta de Raquel nace da propia identidade de Carballo como un lugar históricamente ligado á auga, á humidade intrínseca de Galicia e ao entorno natural que arrodea a vila.
A peza representa unha pequena paisaxe concentrada e contida: un bonsai rodeado de auga, raíces e vexetación, como unha reinterpretación da natureza local e galega.
O reflexo dunha fiestra sobre a auga suxire a contemplación desa paisaxe dende o interior dunha vivenda, prantexando a idea dunha natureza cercana que colle dentro dunha casa.
A través da xestualidade da mancha e da expresividade da cor da súa pintura, a artista madrileña deixanos esta peza que actúa como un pequeno refuxio emocional no que perderse e pararse a respirar profundamente no medio do entorno urbano.
📓 Direción e comisariado:
@mutantecreativo📓 Organización:
@carballomola e
@turismocarballo🤝🏻 Colabora:
@depucoruna📸 Fotografía e edición:
@b.astianrodriguez🗺 Mapa dos muros no enlace da biografía
🌞
#Rexenera2026 Load More