Posted On: September 18th 2026, 10:45 am
Aínda podedes visitar Re- de Sonne
@simgarmal"Unha sensación especialmente angustiosa a de non ser capaz de satisfacer unha necesidade vital. Sumido na congoxa, o complexo aparello de engrenaxes biolóxicos que é o noso corpo redirixe (queiramos ou non) todos os seus esforzos a encher ese baleiro que, de seguir así por moito máis tempo, podería matarnos. Pero todo esforzo pode ser insuficiente baixo certas condicións. É aquí, na desesperanza máis íntima, onde ocorren os milagres.”