Posted On: October 16th 2026, 04:40 pm
Hoxe estivemos na entrega dos premios de Ponte… nas Ondas!, na que participou a nosa compañeira Cristina Sánchez-Carretero, que un ano máis formou parte do xurado de "As imaxes do patrimonio".
@pontenasondasoficial é unha iniciativa que tende pontes entre Galicia e Portugal e contribúe a preservar e transmitir a nosa cultura compartida e a memoria colectiva.
👏 Parabéns á organización e a todas as persoas premiadas!
💙 Animámosvos a coñecer e seguir este proxecto tan necesario para manter viva a nosa identidade cultural a ambos os lados da raia.
🔗 https://pontenasondas.org/
#PonteNasOndas #CulturaGalega #MemoriaColectiva #GaliciaPortugal