Posted On: December 8th 2025, 03:30 pm
Grazas, grazas e mil grazas! 💚
A acollida que tivo Bruxas e Dragóns: Baba Iagá está a ser absolutamente marabillosa. Ver como o libro triunfa tanto en galego como en castelán énchenos de alegría.
Estou fondamente orgulloso de ter participado nesta aventura creada por
@lediciacostas ,
@luismi_perezm e marabillosamente ilustrada por
@bea.gregores . Un proxecto que soñaba dende pequeno e que hoxe vexo medrar grazas a todas as lectoras e lectores que lle abríchedes as portas.
Grazas polo agarimo, pola benvida e por facer posible esta viaxe chea de maxia e dragóns! 🐉✨