Posted On: January 25th 2026, 04:13 pm
🚆 CÓRDOBA
Os investigadores analizan se o descarrilamento do tren Iryo se iniciou nun punto de soldadura entre unha vía sen renovar desde 1989 e outro tramo xa modernizado
Toda a información, en G24.gal e G24play.gal
Finalmente o primeiro informe da investigación divúlgase o venres e xa se fala dunha fractura nun carril. En concreto, sinálase que esa rotura provocou un chanzo na vía que deixou marcas de rodadura no tren Iryo.
"As causas do accidente céntranse nunha posible rotura do carril previa ou simultánea ao paso do tren descarrilado", aseguraba o ministro de Transportes, Óscar Puente, en rolda de prensa
A seguridade ou inseguridade da alta velocidade española está no debate público e o venres Feijóo insistía en que a traxedia xera temor nos usuarios:
"Cada pasaxeiro que se sobe a un tren con intranquilidade é vítima colateral do ocorrido".
Esta fin de semana ultimábanse os traballos de retirada dos vagóns sinistrados, en grandes trailers os máis danados ou ben arrastrados polas vías.
Nas últimas horas xurdía outra hipótese extraoficial: que o Iryo comezou a descarrilar nun punto de soldadura onde se fusionan un treito de vía sen renovar desde 1989 con outro completamente renovado.
Albíscase unha posible clave do accidente, que deberán dilucidar os equipos de investigación.
Load More