Instagram story viewer> @tania.lectora> Post
21 days ago
Photo by Tania | 📖 on October 13, 2026. May be an image of cinder block, book and text.
Photo by Tania | 📖 on October 13, 2026. May be an image of diary, book, shelf and text.
Photo by Tania | 📖 on October 13, 2026. May be an image of diary, book and text.
Photo by Tania | 📖 on October 13, 2026. May be an illustration of diary, sketch, book and text.
8
Posted On: October 13th 2026, 06:29 pm
Menuda fantasía ler 𝙎𝙤ñ𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙇𝙪𝙣𝙖𝙧𝙞𝙖: 𝘾𝙤𝙧𝙤𝙖 𝙙𝙚 𝙀𝙨𝙥𝙞ñ𝙤. E nunca mellor dito, porque é o primeiro 𝘳𝘰𝘮𝘢𝘯𝘵𝘢𝘴𝘺 escrito en lingua galega e ademais a súa edición é bonitísima e moi coidada: tapa dura, cantos pintados, mapa, debuxos a inicio de capítulo, etc. Todo o que necesitábamos as lectoras galegas deste xénero.

É o primeiro libro do que en principio será unha triloxía e nel atopámonos nun mundo no que conviven humanos e teriántropos, mais a pesar de que na actualidade existe certa paz entre eles a realidade é que non. Só se mantén grazas a un Tratado obsoleto que entre outras cousas mantén un rito no cal cada dezasete anos un/ha primoxénito/a humano/a debe ser escollido para loitar contra cinco teriántropos durante cinco días. Só este/a primoxénito/a podería modificar o Tratado se logra sobrevivir e, polo momento, ninguén foi quen de facelo.

O noso protagonista, Kiran, é elixido para participar no Rito dos Condenados. A diferencia del cos seus predecesores e predecesoras é que non é un humano calquera, xa que é mestizo (a súa nai é unha lince boreal). Ademais, é fillo dun rei ao que odia case tanto coma ao sistema baixo o que viven.

Nunha sociedade totalmente polarizada polo racismo e o clasismo, Kiran vai converterse na esperanza daqueles que non forman parte da elite.

𝙎𝙤ñ𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙇𝙪𝙣𝙖𝙧𝙞𝙖: 𝘾𝙤𝙧𝙤𝙖 𝙙𝙚 𝙀𝙨𝙥𝙞ñ𝙤 é un libro que pese a ser moi introductorio, xa que nos teñen que presentar un mundo e un sistema totalmente descoñecidos para nós, non perde en ningún momento a axilidade do seu ritmo. Ademais ten moitas similitudes coa nosa realidade e está cargadiño de críticas sociais.

Iso si, non esperedes que o seu lado romántico saia a relucir de primeiras. Quédanos moito por vivenciar neste aspecto, pero pese a que abarca pouco deixa un repouso importante xa que estamos falando dun amor case inexplicable que se forxa en boa parte a través dos soños de dous descoñecidos.

Gustoume moitísimo e estou desexando coñecer máis a figura da Fabricante de Invernos así como a relación entre Kiran e certa licántropa. Tamén, por suposto, [sigo en comentarios ⬇️]
Comments (8)
airunneko 12 days ago

airunneko

Creándome necesidades 🩷

colorinlibros 19 days ago

colorinlibros

Que bonita edición me encanta 😍

aldaraestalendo 21 days ago

aldaraestalendo

Tiaa teñoo súper pendente ❤️❤️ alégrome de que che gustase tanto 😍

tania.lectora 21 days ago

tania.lectora

Tamén, por suposto, quero sabelo todo sobre o pasado, especialmente sobre os sucesos que teñan que ver coa nai do protagonista. E, como non, QUERO QUE ARDA O CAPITOLIO. #soñosdelunaria #xacantanascarricantas #bookstagramgalicia #romantasy

More posts

back to up