Posted On: October 14th 2026, 09:06 pm
COMUNICADO IMPORTANTE
Lamentamos comunicar que, por motivos familiares de forza maior, vémonos na obriga de aprazar o concerto de Arrhythmia previsto para este venres 16 de outubro na sala Masterclub de Vigo.
NOVA DATA: VENRES 6 DE NOVEMBRO
Todas as entradas xa adquiridas seguirán sendo válidas para a nova data.
Todas as persoas que teñan entrada recibirán un correo electrónico para confirmar se desexan mantela para o 6 de novembro ou solicitar a devolución do seu importe.
Sentimos profundamente as molestias que este cambio poida ocasionar. Queremos agradecer de corazón a todas as persoas que xa tiñades a vosa entrada e á
@masterclubvigo pola súa comprensión e colaboración.
Grazas de verdade polo voso cariño, apoio e comprensión.
Vémonos o 6 de novembro en Vigo.
Load More