Instagram story viewer> @_lamachina> Posts
14
posts
565
followers
114
following
Film distribution
🏗️ Galicia 🏗️
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
La Machina é unha distribuidora cinematográfica centrada en apoiar proxectos feitos co corazón e coas vísceras.

Ofrecemos unha distribución estratéxica baseada na calidade e non nos números. Nun mundo absolutamente hiperconectado, cremos que recuperar a parte máis humana do traballo é imprescindible.

Se cres que a túa película pode encaixar coa nosa forma de entender o cinema, escríbenos. by @_lamachina
0
2 years ago
Download
As principais asociacións do sector e as distribuidoras de curtametraxes en apoio á curtametraxe en @movistarplus.
LINK NA BIO co texto íntegro e formulario de adhesión. by @_lamachina
0
22 days ago
Download
Todo é cárcere | 2026, 109'

As cartas de Carmen e Ángel, dous amantes que intentan reencontrarse nos últimos días da Guerra Civil española, son investigadas no presente por Elsa, unha fotógrafa que percorre o país rexistrando espazos para un proxecto relacionado coa represión franquista. A nova da morte dun familiar obrígaa a interromper o seu traballo, reconectarse coa súa familia e facerse cargo dunha herdanza pendente. by @_lamachina
0
2 months ago
Download
A Pena | Iria Silvosa, 2026, 13'

Cámara na man, saio á procura de “a Pena”, palabra galega que nomea tanto unha rocha grande e prominente como un sentimento de dor ou angustia. Dende a mirada de quen tenta nomear o mundo por primeira vez, articúlase este caderno de notas audiovisual que explora algunhas das formacións rochosas máis singulares da paisaxe na que medrei, na comarca da Terra Chá. by @_lamachina
2
2 months ago
Download
Perpetual Radiance | Magdalena Orellana, 2026, 13'

Perpetual Radiance reimaxina a xeografía dunha cidade a través dos seus sons, friccións e encontros fortuítos. Aínda que a cidade é París, podería ser calquera outra. No medio do arbitrario, algo permanece: discreto, constante, real. by @_lamachina
2
3 months ago
Download
Pupa | Antía Carreira, 2025, 11'

Pupa é un ensaio fílmico de realismo máxico construído a partir das experiencias de persoas trans e non binarias, tendo como figura central a Beta, recentemente operade nun proceso de reafirmación de xénero. A súa historia ábrese a outras voces, buscando tecer un espazo común onde a resistencia e o coidado se entrelazan na procura dun presente-futuro habitable. by @_lamachina
2
3 months ago
Download
Escala un cincuenta mil | Ángel Suanzes, 2026, 17'

En xullo de 1974, España móvese cara a un cambio político imprevisible. Carmen tamén cambia: de estado civil. Dunha vida pegada á figura paterna, á vida pegada ao seu marido. by @_lamachina
0
3 months ago
Download
Este cuerpo mío | Afioco Gnecco, Carolina Yuste
2025, 86'

Unidos por unha amizade inquebrantable, Rafael e Carolina emprenden unha viaxe emocional e xeográfica na procura da reconciliación e a aceptación. Polo camiño, acompañamos a Rafael nos primeiros anos da súa transición de xénero: un proceso íntimo, cheo de desafíos, descubrimentos e pequenas vitorias que o achegan a ese metro cadrado de paz que tan desesperadamente ansía.

Unha historia luminosa onde a amizade se converte nun refuxio e o persoal se expande para converterse en universal. En medio de paisaxes remotas e momentos de vulnerabilidade compartida, a película revela a beleza, e tamén a dificultade, de habitar un corpo en transformación nun mundo que apenas comeza a aprender a ver. by @_lamachina
0
5 months ago
Download
Deuses de pedra | Iván Castiñeiras, 2025, 85'

Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo a través das palabras da súa mestra nunha das últimas escolas rurais da Raia, a fronteira entre Galicia e Portugal. Alí, os contos infantís confúndense coas lendas e coas historias que aínda habitan o territorio. O tempo pasa, e entre relato e relato, Mariana medra ata os dezasete anos, cando debe afrontar unha decisión importante: abandonar a aldea e separarse da súa nai para estudar no estranxeiro. by @_lamachina
2
7 months ago
Download
Fomos Ficando Sós | Adrián Canoura
2025, 82'

Adrián embarca no Gran Sol, no barco que o seu pai navegou durante máis de trinta anos. Busca comprender o silencio e a distancia que os marcaron. No medio do mar, entre rutinas e ondas, atopa o momento para estender a man. E, finalmente, atrévese a dicir o que sempre calou: Quérote. by @_lamachina
0
9 months ago
Download
As Estações | Maureen Fazendeiro
2025, 82'

Combinando testemuñas de traballadores rurais e notas de campo dunha parella de arqueólogos, imaxes de arquivo amador e debuxos científicos, lendas, poemas e cancións, As Estações é unha viaxe pola historia real e inventada dunha rexión de Portugal, o Alentexo, e dos pobos que alí viviron. by @_lamachina
0
10 months ago
Download
Above all | Enar de Dios Rodríguez
2025, 25'

Tomando o ceo como protagonista, "Above all" é un ensaio audiovisual que narra como este lugar volveuse explícito, sinalando así a súa fraxilidade, as relacións de poder desigualitarias que o habitan e os soños neocoloniales que alí se proxectan. A través dun plano nadir continúo, abstraccións e metáforas, fala dunha gran variedade de temas urxentes relacionadas co espazo aéreo como a extinción acelerada de especies voadoras, as violentas tecnoloxías de control a distancia, así como a constitución intrinsecamente colaborativa do aire, ou a capacidade política do pulmón na súa loita por respirar. by @_lamachina
0
10 months ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up