Instagram story viewer> @acasavella_> Posts
5.8K
followers
2414
following
Espazo de creación artística, encontro,mediación e dinamización do contexto rural.
Corpos,coidados,patrimonio cultural inmaterial rural e ecosistemas.
POSTS STORIES REELS TAGGED
✨ PATIO DE VECIÑAS✨ | Así o vivimos! 

Unha casa aberta, moitas mans, historias que se cruzan, saberes compartidos, música, danza e ganas de seguir facendo en común. 💚
O Patio de Veciñas foi un inicio, un espazo para atoparnos, aprender xuntas, crear vínculos e imaxinar novos camiños para a cultura. Unha desas vivenzas que nos lembran que, cando compartimos, pasan cousas bonitas.

Grazas a todas as persoas que vos achegastes, participastes e fixestes posible este encontro 🏡✨

♥️Grazas á colaboración de:
Fredi Muiño | @nmais1
Axé, danza afrobrasileira e samba (Gerson de Sousa)
Alejandra Balboa | @alejandrabalboa_ e Andrés Corchero
Alba Cid | @ollobasilisco
DJ Casta | @dj_casta_
CDR O Viso | @cdr_oviso
Aula de Danza da Universidade de Ourense
Compañía de danza-teatro amateur | @cdta.lolaeiffel
Mikel Aristegui | @mikelaristegui 
Grupo de Cantos de Taberna Xolda |  @xolda_cantos_de_taberna 
Mounqup | @mounqup

➡️ Actividade financiada polo Programa Territorio Cultura da Xunta de Galicia, a través de @industriasculturais, e polo Ministerio de Cultura @culturagob.

Vídeo coa ollada de @aeb_comunicacion

#ACasaVella #PatioDeVeciñas #CulturaComunitaria #ArtesVivas #FacerEnComún CulturaGalega by @acasavella_
5
3 days ago
Download
Quedaches con ganas de máis  danza afrobrasileira ? Non puideches vir o Patio de veciñas e queres descubrir este taller? 🔥

Gerson de Sousa compartiu  no Patio de Veciñas de A Casa Vella,  unha clase para darse a coñecer… E agora tes unha nova oportunidade de bailar con el!

 TALLER DE DANZA AFROBRASILEIRA E SAMBA

📅 Sábado, 24 de outubro
🕚 De 11:00 a 13:00 h
💶 Prezo: 20 €*
Inscicións e máis información: Gerson +34 606 20 76 47

* 💚 As veciñas tamén teñen vantaxes!
▪️ 10 % de desconto para veciñas amigas.
▪️ 20 % de desconto para veciñas colaboradoras.

Unha oportunidade para mover o corpo, descubrir novos ritmos e deixarse levar pola enerxía da danza afrobrasileira e da samba.

#DanzaAfrobrasileira #Samba #Danza #ACasaVella #Allariz taken in Allariz by @acasavella_
0
4 days ago
Download
🌿 PATIO DE VECIÑAS 🌿

O sábado 26 de setembro,  continuamos facendo patio, desta volta nunha xornada de encontro máis íntima nas que convidamos a veciñas de Allariz e as mulleres coas que traballamos durante este ano na Limia grazas á colaboración de @cdr_oviso

Comezamos cunha mostra de pezas amadoras na que participaron: 
🔸 Aula de Danza da Universidade de Ourense
🔸 Compañía de danza-teatro amateur @cdta.lolaeiffel
🔸 Mikel Aristegui @mikelaristegui coa creación  comunitaria resultado do programa Tecelás do Invisible impulsado pola Casa Vella

Seguimos cun faladoiro participativo sobre creación comunitaria, unha comida con sobremesa cantada da man do Grupo de Cantos de Taberna Xolda @xolda_cantos_de_taberna  e, pola tarde, outro espazo para conversar e compartir experiencias.

E pechamos, como non podía ser doutra maneira, bailando no patio con @mounqup. 💃

Grazas a todas as persoas e colectivos que formastes parte desta xornada e que puxestes tempo, saberes, voces, corpos e ganas de compartir.
Grazas por facer patio. 🌸

Esta actividade está financiada polo Programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas - Xunta de Galicia @xuntadegalicia a través de @industriasculturais e polo Ministerio de Cultura @culturagob.

#ACasaVella #patiodeveciñas #fogar #veciñas #evento taken in Allariz by @acasavella_
3
9 days ago
Download
🌸 PATIO DE VECIÑAS 🌸

O pasado venres 25 de setembro, o patio de A Casa Vella encheuse de xente, de encontros, de movemento, de palabras e de música.

Comezamos coa maxia do circo en familia de Fredi Muiño @nmais1 e co taller de Axé, danza afrobrasileira e samba impartido por Gerson de Sousa, continuamos coa danza en diálogo co espazo de Alejandra Balboa @alejandrabalboa_ e Andrés Corchero e fermoso recital de Alba Cid @ollobasilisco. Esta xornada era precisa para presentar Patio de Veciñas,  proxecto que nace co desexo de abrir A Casa Vella ao encontro, á participación e a novas formas de facer cultura en común.

E, para pechar, baile no patio con DJ Casta @dj_casta_.
Porque hai moito que celebrar 💃🪩

Grazas a todas as persoas que vos achegastes a Amiadoso e, moi especialmente, a todas as artistas, creadoras e persoas que fixestes posible esta primeira xornada de Patio de Veciñas.

Grazas por participar, por degustar os petiscos e bebidas do nosos ambigú, por escoitar, por bailar e por facer do patio un lugar de encontro.

Seguimos facendo fogar. Seguimos traballando no patio. 🌿

Esta actividade está financiada polo Programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas - Xunta de Galicia @xuntadegalicia a través de @industriasculturais e polo Ministerio de Cultura @culturagob.

#ACasaVella #patiodeveciñas #fogar #veciñas #evento taken in Allariz by @acasavella_
1
11 days ago
Download
¿Hasta dónde puede llegar una casa? 🏡
A Casa Vella lleva años haciéndose esta pregunta. Y ahora queremos llegar un poco más lejos.
Con este vídeo participamos en el reto #TierradeOportunidades de @caixabank, en colaboración con @ruraltalent, y vuestro apoyo puede ayudarnos a avanzar hacia la final nacional.
Si creéis, como nosotras, que desde el rural se puede crear, imaginar, encontrarse y construir nuevas posibilidades, echadnos una mano para que esta casa llegue lo más lejos posible. 💚
❤️ Dale a me gusta
↗️ Comparte este reel
Porque A Casa Vella se ha construido siempre entre muchas.
No sabemos hasta dónde puede llegar una casa. Pero juntas lo descubriremos.
#TierradeOportunidades #ACasaVella #Allariz #Rural Cultura CreaciónContemporánea taken in Allariz by @acasavella_
69
14 days ago
Download
✨ ENTRE TÚ Y YO ✨

No mes de setembro, Andrés Corchero e Alejandra Balboa compartiron A Casa Vella para traballar no seu primeiro proxecto xuntos: Entre tú y yo.

🌀 Andrés Corchero, bailarín, coreógrafo e mestre, é un incansable explorador das linguaxes do corpo e unha das figuras de referencia na transmisión do Body Weather a nivel internacional.

🌿 Alejandra Balboa | @alejandrabalboa_, creadora e intérprete de danza contemporánea galega, entende o movemento como un espazo de escoita, comunicación e descubrimento.

Na residencia, os seus universos cruzáronse para dar forma a unha primeira aproximación a Entre tú y yo.
Grazas por estar, amigues ❤️

📸 Fotos: Rubén Vilanova

➡️Actividade subvencionada polo @culturagob
➡️ Residencia artística grazas ao apoio de Acción Cultural Española @ACEcultura
➡️ Mostra dentro do V Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición apoiado pola Deputación de Ourense @deputacionou. 
 
#Artesvivas #performance #DanzaEMúsica #acasavella taken in Allariz by @acasavella_
10
17 days ago
Download
Camis e sudadoiros realizados para @acasavella_ 

Diseño a cargo de @candochoveefaisol 

Recordaros que podéis contactar con nosotros para realizar vuestros proyectos de diseño y serigrafía 

#serigrafiacoruña #serigrafia by @acasavella_
2
24 days ago
Download
PATIO DE VECIÑAS 🎊
Facer en común, pensar xuntas, abrir camiños... e unha festa! 

Que pasa cando abrimos as portas e deixamos que a casa se encha de historias, saberes, música, creación e ganas de facer xuntas?
O Patio de veciñas nace como un espazo para o encontro, que inauguraremos cunha xornada na que compartir con veciñas e veciños da nosa comarca e comarcas veciñas, artistas e persoas próximas á Casa Vella, mesturando tradicións, prácticas comunitarias e propostas artísticas de diferentes disciplinas.

Un espazo para participar, conversar e imaxinar a cultura que está por vir. 

📅 25 de setembro | Abrimos as portas (pronto máis info de inscrición a obradoiros)
📅 26 de setembro | Xornada de portas cara dentro, reservada ás convidadas da casa

Esta actividade está financiada  polo Programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas - Xunta de Galicia @xuntadegalicia a través de @industriasculturais e polo Ministerio de Cultura @culturagob.

#ACasaVella #patiodeveciñas #evento #veciñas #danza taken in Allariz by @acasavella_
8
a month ago
Download
🌿 MEMORIA MADRE 🌿

Francesca Pesce | @francesca.pesce08, Giovanni Bisanti | @giova_bisanti e Gabriele Vizzi | @rossoentropia (Apulia, Italia) chegaron a Amiadoso para investigar, crear e experimentar a través do corpo, a música e a natureza. Un proceso artístico inspirado na enerxía do tarantismo, no que as memorias individuais, colectivas e ancestrais se foron entrelazando para dar forma a Memoria Madre.

Días de exploración, escoita, movemento e encontro. Unha residencia na que a natureza de Amiadoso se converteu tamén en parte da creación e na que, xunto coa forza musical de Rosinalesa | @rosinalesamusic*, o proceso acabou transformándose nunha experiencia ritual compartida. Foi especialmente importante o intercambio e a aprendizaxe compartida arredor da música tradicional e de raíz galega, grazas á colaboración da @fundacionlegar, @rucutraca e @arturpuuga.

🎥 Este vídeo é unha pequena memoria dun proceso que deixou pegada no territorio, dende a ollada de Rubén Vilanova e Ainhoa Viñuela de A&B Comunicación 

➡️ Dentro do V Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición
➡️ Apoiado pola Deputación de Ourense @deputacionou
➡️ Grazas ✨ Goethe-Institut @goetheinstitut e Culture Moves Europe @culturemoveseurope

Esta obra foi realizada coa asistencia final da Unión Europea. As opinións aquí expresadas non poden, en ningún caso, considerarse como reflexo da posición oficial da Unión Europea.

#MemoriaMadre #ArtesVivas #DanzaEMúsica #ResidenciaArtística #ACasaVella taken in Allariz by @acasavella_
1
a month ago
Download
☝ Xornada Consolida+: o punto de encontro para cooperativas que se preparan para medrar 🪴 

O vindeiro venres 18 de setembro, a Unión de Cooperativas EspazoCoop vai celebrar a xornada do programa Consolida+ Consolidando o tecido cooperativo, un programa para #asesorar e acompañar a #cooperativas no seu crecemento e consolidación en distintas áreas da empresa, tendo en conta a súa condición cooperativa e as particularidades do noso modelo.

A xornada final do programa, que se realiza co apoio da Rede Eusumo (Xunta de Galicia), reunirá ás usuarias, e fará público o traballo realizado nesta edición, destacando como impacta na estabilidade e o futuro das cooperativas.

📍 Celébrase na sede de Aira Vella S. Coop. Galega, (Casa Vella), na Estrada de Amiadoso 65A – Lugar de Amiadoso (Allariz).

📅 Venres 18 de setembro ás 10 horas.

✍ Inscrición > https://acesse.one/myg3cu8

🔖Xornada aberta a distintos públicos

ℹ️ Saber máis: https://wp.me/p8lGby-d9F

#Eusumo #asesoramentocooperativo #Galicia #cooperativasgalegas #EspazoCoop #concellodeallariz #acasavella by @acasavella_
0
a month ago
Download
I XORNADAS A MALLA

📍 A Casa Vella, Amiadoso (Allariz)
📅 12 e 13 de setembro de 2026

👉  Info e inscricións no link da bio: https://acasavella.gal/actividades/ 

QUEN NOS ACOMPAÑA?

Unha conversa a moitas voces, con persoas que traballan desde a historia, a investigación, a xestión do territorio, os montes comunais, a ecoloxía, a cultura e a creación artística situada.

Xesús Balboa. Doutor en Historia Contemporánea · Histagra, Grupo de Historia Agraria e Política Rural da USC

Francisco Pedras. A Monte. Asociación para Valorización de Frondosas Autóctonas

Eva González Pérez. xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia

Natalia Balseiro, proxecto ‘Terra Común’ de Concomitentes

María Bella, Azul Mais Verde Coop., proxecto ‘Un monte todos os montes’

Claudia Morán e Brais Lorenzo, proxecto ‘Habitar o Baleiro’

Xaime Iglesias, Braña SCL

Enrique Nogar, Comunidade de Montes de Cualedro
Manuel Beiro. Bikenta, servizos ecosistémicos e xestión forestal

Juan Picos. Profesor Doutor en Enxeñaría Agroforestal, UVigo

Ovidio Queiruga. Presidente da CMVMC de Baroña
Nuria Sotelo, Rubén Vilanova e Sabela Mendoza, de A Casa Vella

Sergio Marey, artista visual, performer, curadore

Francisco García Fernández, técnico desenvolvemento rural, Fundación Juana de Vega

…e máis voces e proxectos convidados

👉 A asistencia ás I Xornadas A Malla é gratuíta, pero as prazas son limitadas. Formulario de inscrición no link da bio.

…

Esta actividade está subvencionada polo Programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas - Xunta de Galicia @xuntadegalicia a través de @industriasculturais e @culturagob by @acasavella_
0
a month ago
Download
I XORNADAS A MALLA

📍 A Casa Vella, Amiadoso (Allariz)
📅 12 e 13 de setembro de 2026

👉  Info e inscricións no link da bio: https://acasavella.gal/actividades/ 

QUEN NOS ACOMPAÑA?

Unha conversa a moitas voces, con persoas que traballan desde a historia, a investigación, a xestión do territorio, os montes comunais, a ecoloxía, a cultura e a creación artística situada.

Xesús Balboa. Doutor en Historia Contemporánea · Histagra, Grupo de Historia Agraria e Política Rural da USC

Francisco Pedras. A Monte. Asociación para Valorización de Frondosas Autóctonas

Eva González Pérez. xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia

Natalia Balseiro, proxecto ‘Terra Común’ de Concomitentes

María Bella, Azul Mais Verde Coop., proxecto ‘Un monte todos os montes’

Claudia Morán e Brais Lorenzo, proxecto ‘Habitar o Baleiro’

Xaime Iglesias, Braña SCL

Representante da directiva da Comunidade de Montes de Cualedro

Manuel Beiro. Bikenta, servizos ecosistémicos e xestión forestal

Juan Picos. Profesor Doutor en Enxeñaría Agroforestal, UVigo

Ovidio Queiruga. Presidente da CMVMC de Baroña

Nuria Sotelo, Rubén Vilanova e Sabela Mendoza, de A Casa Vella

Sergio Marey, artista visual, performer, curadore

Francisco García Fernández, técnico desenvolvemento rural, Fundación Juana de Vega

…e máis voces e proxectos convidados

👉 A asistencia ás I Xornadas A Malla é gratuíta, pero as prazas son limitadas. Formulario de inscrición no link da bio.

…

Esta actividade está subvencionada polo Programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas - Xunta de Galicia @xuntadegalicia a través de @industriasculturais e @culturagob. by @acasavella_
0
a month ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up