Instagram story viewer> @acontravento> Posts
31K
followers
1747
following
Roupa ao noso xeito ✊
Prendas orgánicas 💚
Sempre en Galiza 🩵
Tenda en liña 👇
POSTS STORIES REELS TAGGED
A nosa terra, as nosas cores 🤍🩵🤍

👕 Camisola de Fútbol Galiza, dispoñible en acontravento.gal

#Galiza #SeleccionGalega #Irmandiña #FutbolGalego #DeporteGalego taken in Galiza by @acontravento
76
3 months ago
Download
Que importa que nos maten se deixamos semente de vencer 🌱✊🏼

👕 Nova camisola dispoñible en acontravento.gal

Idea materializada da man de @revoltacreativa 🤜🏼🤛🏼

#SementeDeVencer #MonchoReboiras #OrgulloGalego #DeseñoGalego #Galiza taken in Galiza by @acontravento
21
8 months ago
Download
Corazón que nace libre non se pode encadear 🦅✊🏼

👕 Nova camisola dispoñible en acontravento.gal

Idea materializada da man de @revoltacreativa 🤜🏼🤛🏼

#Liberdade #ModaGalega #DeseñoGalego #CreatividadeGalega #Galiza taken in Galiza by @acontravento
8
8 months ago
Download
Nun día coma hoxe, o 19 de outubro de 1884, nacía na Estrada a galeguista e antifascista Virxinia Pereira.

A historia de Virxinia é a dunha muller nada nunha posición social acomodada que vai arriscar todo o seu confort por unha vida de sacrificios por lograr un mundo mellor. O seu compromiso político aflora principalmente na segunda República e durante a Guerra Civil, véndose obrigada ao exilio trala derrota republicana.

No exilio arxentino a voz de Virxinia foi unha das máis belixerante contra a Ditadura, denunciando constantemente os crimes e o carácter do réxime. Ademais, trala morte do seu compañeiro, Castelao, loitará por preservar o seu legado artístico e ideolóxico, sendo a principal responsable de que este patrimonio chegase até os noso días. 

A obra de Castelao realizada antes do Golpe de Estado estaba embargada en virtude dun expediente de responsabilidades políticas resolto un ano despois do seu falecemento, coa imposición dunha multa de 75.000 pesetas. Para saldala o Estado decidiu poxar todos eses bens, emprendendo Virxinia unha dura loita para que eses fondos fosen destinados ao Museo de Pontevedra, tal como Castelao desexaba. Nunha carta a Otero Pedrayo escribíalle: "Para defender o seu desexo, síntome con forzas de leoa. Foi unha promesa especial que lle fixen ao meu Daniel!”. Para logralo regresará do exilio tras case tres décadas, asinando no ano 1964 un convenio co Museo pontevedrés para cederlle os dereitos sobre o patrimonio embargado a parella. A cesión ampliarase, trala morte de Virxinia, con novas pezas que conservaba en Bos Aires.

Finou o 23 de decembro de 1969 en Madrid.

Sobre a vida de Virxinia e Castelao recomendámosvos o filme @antesdenos_ofilme

#VirxiniaPereira #AEstrada #MulleresGalegas #MulleresBravas #HistoriaGalega taken in A Estrada by @acontravento
1
6 hours ago
Download
O 15 de outubro de 1936 o terror fascista fixo acto de presenzo no Val Miñor, sendo asasinados nove veciños en Baredo (Baiona). No lugar, coñecido popularmente como “A volta dos nove”, durante a Ditadura aparecían con regularidade nove cruces pintadas no chan na súa memoria. As autoridades mandábanas borrar, pero estas volvían aparecer.

Actualmente o lugar onde foron asasinados é un espazo para a memoria e as cruces están gravadas para que ninguén as poida borrar.

📽️ Podedes coñecer esta historia en profundidade no documentario “A Volta Dos Nove”

Sempre na memoria!
Fascismo Nunca Máis! 🔻✊🏻

#AVoltaDosNove #Baredo #Baiona #ValMiñor #GalizaAntifascista taken in Baiona, Galiza by @acontravento
42
4 days ago
Download
Nun día coma hoxe, o 14 de outubro de 1964, nacía en Vigo a xornalista e escritora Begoña Caamaño.

Activista incansable, destacou nos ámbitos do feminismo e do sindicalismo. Participou e apoiou iniciativas sociais de moi diversa índole, sendo numerosas as súas intervencións en manifestacións e actos públicos. Foi unha das impulsados da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM) e participou de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e da Marcha Mundial das Mulleres.

No eido profesional desenvolveu gran parte da súa carreira na Radio Galega, onde foi redactora nos servizos informativos, traballou no Diario Cultural e dirixiu e presentou os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expreso de Media Noite. Dentro da CRTVG desenvolveu unha gran actividade sindical, chegando a integrar o Comité de Empresa da Radio Galega, onde desempeñou o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG.

No tocante á súa carreira literaria, Begoña publicou dúas novelas, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), a cal recibiu numerosos premios, como o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2012 ou o Premio da AELG á mellor obra de narrativa 2012.

Morreu o 27 de outubro do 2014 a causa dun cancro de páncreas.

Foi homenaxeada no Día das Letras Galegas nesta ano 2026 🤍🩵🤍

#BegoñaCaamaño #XornalismoGalego #FeminismoGalego #MulleresBravas #BoasEXenerosas taken in Vigo by @acontravento
6
5 days ago
Download
Temos unha lingua, unha cultura, unha historia e unha forma propia de sentir e entender o mundo. Somos un pobo con identidade de seu, aínda que isto se intente diluír, invisibilizar ou negar baixo unha identidade española imposta como única.

Polo dereito a sermos nós mesmas, sen pedir permiso, sen renuncias e sen complexos.

Española eu? Ti toleas!

📸 Deseño dos anos 90 da organización Estudantes Independentistas. 

#galiza #orgullosasdonoso #orgullososdonoso #orgullogalego #defendamosonoso taken in Galiza by @acontravento
72
7 days ago
Download
Loitador incansable desde os tempos da Ditadura até os nosos días, sempre comprometido coa construción dun mundo máis xusto e igualitario.

Figura fundamental do soberanismo galego, da esquerda e dos movementos sociais do noso país.

Recollemos o teu legado e seguimos na loita.

Até sempre, compañeiro! 🤍🩵🤍✊

Xosé Manuel Beiras (1936–2026).

#Beiras #Galiza #orgullogalego #orgullososdonoso #bosexenerosos taken in Galiza by @acontravento
46
11 days ago
Download
Fan que mires cara ao lado e culpes a quen ten tan pouco coma ti, para que nunca mires cara arriba e sinales a quen acapara de forma inxusta a riqueza.

O teu inimigo non é quen chega buscando unha vida mellor. É quen se enriquece facendo cada vez máis precaria a túa.

Irmaos sempre, non ao racismo 🤜🏾🤛🏻

📸 Camisola Coma Un Irmao Che Falo, dispoñible en acontravento.gal

#NonAoRacismo #AntiRacista #StopRacismo #Respeto #Tolerancia taken in Galiza by @acontravento
1
12 days ago
Download
Se perdemos a fala, non seremos ninguén...

É imposible comprender Galiza e a nosa identidade sen a nosa lingua, un elemento que o atravesa todo.

Así o plasmou Manuel María no seu poema a fala.

Un dos poetas imprescindibles das nosas letras, naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei.

A súa obra estivo profundamente ligada á Galiza, á nosa lingua e á nosa cultura, pero tamén ao compromiso social e político co seu tempo.

Un dos bos e xenerosos! 🤍🩵🤍

#ManuelMaría #OuteiroDeRei #TerraChá  #OrgulloGalego #OrgullososDoNoso taken in Outeiro de Rei by @acontravento
1
13 days ago
Download
Andrés do Barro, número 1 nas listas estatais cantando en galego durante o franquismo 🎙️🩵

Nado o 1 de outubro de 1947 en Ferrol, foi un dos primeiros artistas en utilizar a nosa lingua durante a Ditadura, fusionando a música popular co pop máis moderno.�� 

O seu primeiro sinxelo, “O Tren”, editado en novembro de 1969, catapultaríao directamente a fama, acadando o número un nas listas estatais, sendo a primeira canción en galego en conseguilo. A “O Tren” seguiríanlle tres números 1 máis, con “Corpiño Xeitoso”, “San Antón” e “Pandeirada”. Nuns anos da Ditadura onde o galego atopábase prohibido e perseguido polas autoridades, para lograr a aprobación das súas primeiras cancións e saltar a censura tivo que indicar que estas estaban compostas en portugués.�� 

Andrés foi unha desas persoas que nos tempos máis escuros para a nosa lingua contribuíu de xeito importantísimo a normalizala e prestixiala. Como el mesmo indicou no seu traballo “Me Llamo Andrés Lapique do Barro” (1970), as súas cancións eran en galego porque “quero colaborar con todo interese e agarimo a dignificar o meu idioma materno, caído durante moitos anos no máis cruel menosprezo”.

En galego sen límites!! 🤍🩵🤍 

#AndresDoBarro #Ferrol #MusicaEnGalego #MusicaGalega #OrgulloGalego taken in Ferrol, Galicia by @acontravento
28
18 days ago
Download
Hoxe 26 de setembro, Día Europeo das Linguas, queremos lembrar estas verbas de Agustín Fernández Paz.

Amemos e respectemos todas as linguas, pero comezando por coidar e usar a nosa

#DiaEuropeoDasLinguas  #AgustinFernandezPaz #LinguaGalega #Galego #QueremosGalego taken in Galiza by @acontravento
1
23 days ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up