Instagram story viewer> @albapegoc> Posts
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
Aínda non tivera tempo de asimilar todo isto nin de compartilo por aquí, pero aí vai! 
CHUMBA estase a convertir nun feito e estou moi emocionada💜

Chumba é un proxecto de @ilmartoilmarto e meu. Unha marabilla. Compartir proxectos co meu compañeiro de vida é das cousas máis bonitas do mundo✨

Grazas á deputacion da coruña, a Aitana @luneda e ao xurado das Residencias Mariñán polo apoio amosado ao noso proxecto!
Grazas a todas as amigas que formades parte de CHUMBA directa e indirectamente porque sen o voso amor e talento non tiraríamos pra diante🫶🏽
Grazas a @j_u_a_n_c_h_0 e a @tomas_ageitos por estar sempre nas nosas tolerías🫡👽

Isto xa está a un pasiño máis de ser realidade. Prontiño iredes sabendo un pouco máis disto🔥

Un orgullo compartir residencia e convocatoria coas artistas @sugarridopombo 🌟 @gutier_alvarez  @adriagrandia  @gabi_reboredo (aTorna) 🌟 @cantometrics . Gozade da estancia, da vosa arte e sede libres creando compañeiras. Mil ganas de conecervos e compartir convosco!🥰

Moito amor☀️ taken in Pazo de Mariñán by @albapegoc
4
2 years ago
Download
Hai xa un tempiño @ilmartoilmarto e eu creamos unha movida moi guapa que se chama CHUMBA 🌵

CHUMBA naceu dunha necesidade de crear experimentalmente coa música e a captación de sons orgánicos. Queríamos queixarnos da nosa relación co entorno, da falta de conciencia ecolóxica e da mercantilización dos recursos naturais.

Aquí vos deixamos unha das probas que fixemos nas Residencias Mariñán da @culturadadeputaciondacoruna . Tivemos o pracer de contar co apoio de Aitana de @luneda pra poder crear e permitirnos que se nos fora a cabesiña.

MOVIDA DE FERRO gravada co Geophone de @lom.label 🛠️

Xa vos iremos ensinando cousas, pero esta bizarrada mola mazo. Bikos❤️‍🔥 taken in Pazo de Mariñan by @albapegoc
10
6 months ago
Download
Hoxe, foi Alba Pego quen visitou #Cans do futuro para falarnos do seu oficio invisible, ser sonidista🎙️

Alba Pego (@albapegoc)  ten realizado labores de son directo, de axudante de montaxe de son, de edición de son e de foley artist en filmes coma As Neves, de Sonia Méndez, en As liñas discontinuas, de Anxos Fazáns, e na serie Weiss & Morales, de Portocabo.

📸 @crisandina

✨ 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝗻𝘀 𝗫𝗫𝗜𝗜𝗜 🐕🎬 𝟭𝟵 𝗮𝗼 𝟮𝟯 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝟮𝟬𝟮𝟲 ✨
🤝 @estrellagalicia @culturaxunta @industriasculturais @culturagob @deputacionpontevedra Concello de Porriño @somos_aisge @gadis.supermercados @reizentolo_oficial @zonafrancavigo by @albapegoc
6
2 months ago
Download
Pequeno resumo do que foi o noso paso pola Galiza Imaxinaria: a Pousada de Suso e toda unha fantástica familia que fixeron do pasado domingo unha noite inesquecible.
 Agardamos poder vervos en algún dos bolo do dA trio!
Videos cedidos de xeito desinteresadopolos asistentes ao concerto @ivanviturromarino @susosantamaria @laupanicanela 

“A brief summary of our time in Galiza Imaxinaria at Suso’s Pousasa  and a fantastic family that made last Sunday an unforgettable night. We hope to see you at one of dA trio’s live shows!!
@susosantamaria  @apousadaboiro @ilmartoilmarto @sinteti_zalo @antianietoo @palookapun @albapegoc by @albapegoc
2
2 years ago
Download
🖤Moita felicidade na miña vida❤️

✨Próxima portada de disco grunge con @ilmartoilmarto e Lu. Menos mal que @naneninonuria nos saca fotos.
✨Eu probando as novas Camis do festi e @trasno_lahorda
✨Hunter sendo un auténtico gentleman con xente marabillosa.
✨Eu partíndome no Etal Equal Festival. @ribeiracrea 
✨As mellores tías dos meus cans e as mellores amigas que coñecerei na vida.
✨Eu moi contenta con perritos e cunha persoa marabillosa.
✨Eu con @isobridoc sen darme conta que acabo de gañar aos dardos e de que pasamos unha noite incrible porque é todo luz esta nena. 
✨Eu divina nas festas da peregrina paseando con xente preciosa.
✨Arte retratada no Museo Thyssen. Que ben que esa arte vive na miña casa 🫣❤️
✨Nostalxia atopando esta foto da miña avoa (a da dereita). Houbo tempo de nostalxia tamén.

Quérovos a todas. Non subo fotos da miña familia pero tiña fotos moi boas delas tamén pra subir. Grazas por tanta felicidade no verán e na vida. Só nos lembramos de todo o bo vendo estes recordos, pois que duren.

❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️ taken in Corazón Contento by @albapegoc
3
3 years ago
Download
Formar parte dos proxectos do dA Trío é unha marabilla❤️
Esta xentiña non só é marabillosa e ben talentosa, esta xente é familia e cando nos atopamos saen cousiñas que nos enchen moito!

@narci_rodriguez__da_trio_ ten agora mesmo activa unha campaña de crowdfunding en Goteo para poder levar a cabo as copias físicas do seu novo disco. Este grupazo xa vai polo 5º disco e este será o seu primeiro LP. 

Se buscades en google goteo Narci Rodríguez xa vos aparece, pero se queredes tamén podedes entrar na ligazón da miña biografía do perfil🍀

Colaborade con proxectos locais, facede realidade os proxectos da xentiña que paga a pena e apoiade ao talento que hai ao lado da casiña que é o que nos nutre día a día💜

Grazas lindas por facerme sentir coma en casa sempre @narcirodriguez @sinteti_zalo  @ilmartoilmarto 🔥 by @albapegoc
0
2 years ago
Download
A posta en valor deste Foxo do Lobo de Entre Cabezas, inclúe a recuperación íntegra do pozo e de parte das paredes, a cargo do equipo de canteiría de Diego Currás, o Rixón.
.
Nesta zona, colocaron dúas esculturas de pedra elaboradas por canteiros de Arria, escenificando o desenlace final da batida, cun monteiro e un lobo a piques de chegar ao foso.
.
Os arqueólogos que dirixiron estes traballos foron David Pérez e Celso Barba. taken in Villarino De Conso, Galicia, Spain by @albapegoc
0
4 years ago
Download
Este en concreto é o Foxo de Lobo de Entre Cabezas.
.
É un dos tres foxos de lobo con tipoloxía en cruz que están documentados no mundo. 
No medievo, os veciños de Viana do Bolo organizaban batidas para acabar co lobo, xa que se comía ao gando. Unha vez ao mes, arredor de 200 persoas saían a buscar ao animal e o guiaban ata Entre Cabezas, na montaña do Outeiro do Picoto. taken in Villarino De Conso, Galicia, Spain by @albapegoc
0
4 years ago
Download
Sabedes que é un Foxo de Lobo?
.
Vóuvolo explicar porque eu non o sabía. Resulta que son unha monumental trampa, de orixe medieval, con catro paredes de máis de cen metros en orixe que converxen nun pozo empedrado duns tres metros de profundidade. taken in Villarino De Conso, Galicia, Spain by @albapegoc
4
4 years ago
Download
🖤 C U R A S 🖤
.
.
.
Creadora: Alba Pego
Narradora: @sandramaaartinez 
.
Videocreación exposta na iniciativa @caminodaarte en Ribeira. by @albapegoc
7
5 years ago
Download
✨A  V I A X E✨
.
.
.
Creadora: Alba Pego
Música: @ilmartoilmarto 
En pantalla: Hunter e @aprial97 
.
Videocreación exposta na iniciativa @caminodaarte en Ribeira. by @albapegoc
3
5 years ago
Download
🔥 Q U E I M A S 🔥
.
.
.
Creadora: Alba Pego
.
Videocreación exposta na iniciativa @caminodaarte en Ribeira. by @albapegoc
9
5 years ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up