Instagram story viewer> @asjusaco> Posts
491
followers
597
following
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
DEVIN WRIGHT, DO SAGRADO AO BASKET PROFESIONAL

Neste framento da entrevista ao adestrador de baloncesto e presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón @asjusaco 🏀 Rubén Engroba falamos sobre a fichaxe (co meu primo @gutipaz8530) de @devinwright86 para o Sagrado no ano 2000, de como se converteu nun baloncestista profesional de gran éxito xogando no @cbbreogan e outros grandes equipos, de como lle gañamos a Juan Carlos Navarro (campión do mundo) no 3x3 de Meira con Óscar e @javier.lourido, e da historia doutros imprescindibles do club como Alfonso Franco @mitikofon, Beltrán ou @miguellv1988 (adestrador en Dinamarca) 🇩🇰

Entrevista completa: Entrevista completa: https://www.youtube.com/watch?v=-vuylHBZ66E&t=22s

#CharlandoConGuido 🎙️ @lugomegusta 📺 @diacipodcast 🎥 taken in Lugo by @asjusaco
14
3 days ago
Download
RUBÉN ENGROBA: "O SAGRADO, UN CLUB DE BASKET QUE MARCOU A XERACIÓNS"

Cuarta entrega do novo pódcast #CharlandoConGuido 🎙️, producido por @lugomegusta 📺 e @diacipodcast 🎥

Nesta entrevista falamos con Rubén Engroba, adestrador de baloncesto e presidente da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón @asjusaco 🏀 de Lugo, un club que marcou a miña vida aos 13 anos pola gran cantidade de amigos que fixen alí, e por como multiplicou a miña afección polo basket e polo deporte.

Con Rubén falamos daqueles tempos, do presente do Sagrado, e de como foron cambiando o baloncesto, o barrio e a cidade dende aqueles finais dos anos 90.

Agardamos que a charla sexa do voso interese! taken in Lugo by @asjusaco
13
3 days ago
Download
Hoxe en #CharlandoConGuido 🎙️ entrevistei a un dos grandes amigos da miña vida: Rubén Engroba, irmán do meu tamén gran amigo Óscar Engroba. Dúas persoas que marcaron un antes e un despois no meu camiño, cando con 13 anos nos chamaron, a varios amigos e a min, para xogar na Asociación Xuvenil Sagrado Corazón @asjusaco.

Ese club, e moito grazas a eles dous (Rubén e Óscar), converteuse no lugar onde máis amigos fixen na miña vida, e onde máis desfrutei dunha das miñas máis grandes paixóns: o baloncesto. Dentro duns días poderedes escoitarnos!! 🏀❤️ taken in Lugo by @asjusaco
9
3 days ago
Download
 by @asjusaco
0
a month ago
Download
 by @asjusaco
0
a month ago
Download
Carlos Cabo
MVP premios líder 2026 by @asjusaco
2
4 months ago
Download
A Delegación Territorial acolleu esta tarde a xornada ‘Women in Sports’, un espazo que a xogadora do Ensino Jessica Féquière trouxo a Lugo a través da @mathurinfamilyfoundation e a @asjusaco co apoio da Xunta, para visibilizar e recoñecer o papel das mulleres no mundo do deporte.

Foi un foro distendido e inspirador, no que puidemos achegarnos ás experiencias da xogadora do Ensino Lydia Giomi, a médica Elena Quintás, a fisioterapeuta Patricia Pontón e a xornalista deportiva Zeltia Regueiro. Todas, cada unha desde o seu ámbito profesional, contribúen a que sigamos avanzando en igualdade e a situar o deporte feminino no lugar que se merece.

É un camiño no que debemos seguir traballando, pero o certo é que en Lugo podemos estar orgullosos de contar con equipos femininos nas máis altas categorías en distintas disciplinas. 

O meu agradecemento para todos os que dun xeito ou doutro se implicaron neste proxecto, demostrando que as mulleres do noso deporte poden ser tamén grandes referentes nos que se inspiren as novas xeracións. by @asjusaco
1
7 months ago
Download
✨ WIS - Lugo, España
¡Conoce a las mujeres increíbles que subirán al escenario este viernes 13 de marzo para empoderar, conectar y dar visibilidad a la mujer en el deporte!

📍 Lugo, Galicia (en la Xunta de Galicia)
🗓️ 13 de marzo de 2026
🕓 16:00 – 20:00
🎟️ Entradas ya disponibles (gratuitas, pero es necesario registrarse). 
➡️ Enlace para inscribirse en nuestra bio.

Un espacio para aprender. Un espacio para inspirar. Un espacio para pertenecer.

____________

✨ WIS - Lugo, Spain
Meet the incredible women taking the stage this Friday, March 13 to empower, connect, and give visibility to women in sports! 

📍 Lugo, Galicia (at the Xunta de Galicia)
🗓️ March 13th, 2026
🕓 4:00 PM – 8:00 PM
🎟️ Tickets available now (free, but registration is required).
➡️ Link to register in our bio.

A space to learn. A space to inspire. A space to belong. by @asjusaco
1
7 months ago
Download
A Delegación Territorial acollerá o próximo 13 de marzo o encontro ‘Women in Sports 2026’, unha cita que busca conectar e dar visibilidade ás mulleres de todos os ámbitos do deporte.

Hoxe presentamos esta iniciativa, impulsada pola fundación canadiense The Mathurin Family Foundation e que chega a Lugo da man da xogadora do Ensino Jessica Féquière e da agrupación deportiva Sagrado Corazón, co apoio da Xunta.

E faino ademais con catro relatoras de excepción: a xogadora do Ensino Lydia Giomi, a médica Elena Quintas, a fisioterapeuta Patricia Pontón e a xornalista deportiva Zeltia Rigueiro.

Unha oportunidade única para compartir experiencias, crear redes e seguir avanzando cara a un deporte máis igualitario. 

Anímovos a participar! by @asjusaco
7
7 months ago
Download
⛹️ Hugo, xogador do Sagrado Corazón de Lugo, leva tempo demostrando que a diabetes tipo 1 e o baloncesto son totalmente compatibles! 

🔹O exercicio físico axuda a suavizar as curvas de glicosa e mellora o benestar xeral 👉A clave? Coñecer o teu corpo e aprender como xestionar a túa diabetes.

🤝 Por iso, xunto a @anedia_galicia, impulsamos esta fin de semana a campaña #SensoresNasPistas: porque cada deportista con diabetes merece xogar con seguridade e confianza. 

Grazas Hugo 💙

#VivirConDiabetes #BaloncestoGalego #DiabetesTipo1 by @asjusaco
10
a year ago
Download
Lugo é Basket y alguna cosa más by @asjusaco
1
a year ago
Download
 by @asjusaco
0
a year ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up