Instagram story viewer> @asmarondas> Posts
POSTS STORIES REELS TAGGED
Hoxe, na merenda das Marondas, xuntámonos arredor dunha mesa. Para compartir algo de comer, unha conversa, un pouco de tempo. Para facer sitio ás vidas que somos e ás maneiras nas que queremos estar xuntas.

Pensamos que construír comunidade dende o queer ten tamén algo destes encontros pequenos: poder chegar sen ter que explicarnos de todo, escoitarnos, coidarnos e ir facendo un lugar onde a presenza de cada unha conte.

No rural, o territorio non é só o lugar onde isto sucede. É parte do que somos, das memorias que traemos e dos vínculos que imos tecendo. Habitarlle as posibilidades é tamén poder imaxinar outras formas de pertenza, sen ter que deixar fóra partes de nós.

A merenda de hoxe foi un pouco iso, un “refuxio ou un fogar” feito entre nós.. Unha mesa, tempo compartido e ganas de volver atoparnos. taken in As Neves by @asmarondas
3
9 days ago
Download
🌿 As Marondas imos de merenda!

O 9 de outubro ás 18 h xuntámonos na Santa Mariña de As Neves para compartir unha tarde entre nós: coñecernos, reencontrarnos e facer sitio para novas conversas.

Faremos algunhas actividades de dinamización para facilitar o encontro, achegarnos unhas ás outras e pasar un bo rato xuntas.

🥧 Que cada unha traia algo de comida e bebida para compartir e montar unha merenda entre todas.

Vinde con ganas de conversar, compartir e coñecernos. Estades todas convidadas! 💗 taken in As Neves by @asmarondas
1
12 days ago
Download
O mercadiño tan só é unha excusa para xuntar a xente marabillosa de todos lados, tecer redes, desfrutar da cultura e bailar moito! by @asmarondas
18
2 years ago
Download
Traemos novas! 
Temos a increíble sorte de colaborar no II Congreso presencial de Postsexualidades na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, coordinado por Alonso Almansa, Yera Moreno, Melani Penna e Javier Bachiller.

Mércores 17 de abril ás 10:30h poderedes atopar á nosa compi @alb.casas falando de "Lobes Salvaxes. Cartografía dunha resistencia queer en Galicia".

Tedes toda a información no enlace que teñen na biografía @postsexualidades taken in Universidad Complutense de Madrid by @asmarondas
1
3 years ago
Download
Artistas da tatuaxe e exposición Costumes, "Mercadiño da man que ti queiras" VI Edición. taken in As Neves, Pontevedra by @asmarondas
5
3 years ago
Download
Un ano máis contamos con tatuadoras invitadas durante o evento. Así como coa exposición “Costumes” comisariada por @albapinogregores 🫂 by @asmarondas
9
3 years ago
Download
Postos artesanais "Mercadiño da man que ti queiras" VI Edición. taken in As Neves, Pontevedra by @asmarondas
0
3 years ago
Download
Tivemos a sorte de poder contar cos postos de artesanía de @eahoradote @nadinagrafica @limia_crafts  e @henko_hk no “Mercadiño da man que ti queiras” VI Edición. Artesáns e persoas marabillosas ✨ by @asmarondas
7
3 years ago
Download
Ola marondiñas! O merchandaising foi un absoluto éxito, sodes xeniais. Esperamos sacar unha segunda tanda xa que moitas de vós quedáchedes sen as vosas camisolas e totebags, así que andade atentas ás RRSS.

Deseños elaborados polo noso compañeiro Isma @moitobarullo ✨ taken in As Neves, Pontevedra by @asmarondas
7
3 years ago
Download
Fragmentos das actuacións de @caienamusic e @adiosmanuelgz  no “Mercadiño da man que ti queiras” VI Edición 🦋 taken in As Neves, Pontevedra by @asmarondas
2
3 years ago
Download
✨DJ SET TONITA 23/12 23:30H XANDONETO, AS NEVES✨

Tonita é o proxecto de djing de Antía Carreira, artista, camareire e habitante dunha aldea. A exintegrante do colectivo queer de clubbin Malfario, busca sempre crear un ecosistema para a reafirmación política dos corpos nos espazos misturando eurodance, dembow, breakbeat, reggaeton, 90's trance, merengue e demáis ritmos para quebrar cinturas e liberar sentimentos. taken in As Neves, Pontevedra by @asmarondas
4
3 years ago
Download
✨DJ SET NENAZA 22/12 23:30H XAN DO NETO, AS NEVES✨

Nenaza é unhe artista drag galegue que reivindica a feminidade a través do imaxinario das 'fadas'. É un ser fantástico que mistura o etéreo e protector das fadas cun mundo escuro fruto das violencias exercidas sobre as persoas que viven o xénero de forma femenina. Dende 2022 o proxecto procura outras traxectorias e comeza a sua carreira como DJ, misturando ritmos do neoperreo e o funk favela co deconstructed club e o ballroom. Praparádevos para mover o cú con ela porque non vos vai deixar ficar parades!

Créditos das fotos:
@ofilhodaterra "Bienal_Maia...." taken in As Neves, Pontevedra by @asmarondas
4
3 years ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up