Instagram story viewer> @bibcoruna> Posts
11.8K
followers
637
following
Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña
📖 Lectura, aprendizaxe e encontro
🏳️‍🌈 #CulturaLGTB @queerunha
👇 Servizos e actividades
POSTS STORIES REELS TAGGED
Cada 17 de outubro, celébrase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, este ano baixo o foco "Fogares seguros para todos" ("Habitar a terra" nalgunhas versións), presentando o acceso a vivenda como base para unha vida digna.

Non podíamos deixar pasar esta efeméride nun momento no que o problema da vivenda está no centro da actualidade. Desliza a galería para descubrir os libros que, dentro dos nosos andeis, analizan esta temática.

#bibcoruna #bibliotecaverdeBMC #bibliotecaverde #fogaressegurosparatodos #habitaraterra by @bibcoruna
0
a day ago
Download
O mundo está cheo de lugares, persoas, animais e fenómenos sorprendentes que moitas veces descoñecemos. Cada recuncho do planeta garda historias e datos curiosos capaces de espertar a nosa curiosidade e facernos ver a realidade desde outra perspectiva. Desde costumes estraños de diferentes culturas ata fenómenos naturais incribles, existen infinidade de curiosidades que nos demostran o diverso e fascinante que é o noso mundo. 
A continuación, no #Sabiasque de hoxe, descubriremos algunhas delas que, sen dúbida, sorprenderannos.

E vós, coñecedes máis curiosidades? contádenos

Recordámosvos que na Biblioteca Durán Loriga temos moitos materiais sobre este e outros temas, que seguro son do voso interese, pasádevos a facernos unha visita!

#Recomendamos #bduranloriga #curiosidades #sabiasque by @bibcoruna
0
a day ago
Download
📚 365 días de Letras Galegas
Nesta viaxe pola nosa literatura, hoxe detémonos nunha obra moi especial: As despedidas, de Cecilia F. Santomé.
Unha lectura emocionante que nos convida a reflexionar.
Xa o liches ou telo na túa lista de pendentes? Cóntanos nos comentarios! 👇📖
@edicionsxeraisdegalicia
@ce_fsantome 
#365DíasDeLetrasGalegas #LetrasGalegas #LiteraturaGalega #LecturasRecomendadas #LibrosEnGalego Cartel '365 días de Letras Galegas' con la portada de 'As despedidas' de Cecilia Santomé; evoca memoria, dejar ir y amor. by @bibcoruna
2
a day ago
Download
Nunha biblioteca pasan moitas máis cousas das que se ven. 👀

Hai persoas que seleccionan e organizan os fondos, resolven consultas, preparan actividades, conservan documentos, crean recursos dixitais e traballan para que os servizos cheguen a máis xente.

E todo iso forma parte do mesmo servizo público.

Este 24 de outubro queremos amosarche o traballo que hai detrás de @bibcoruna.

📚 Porque unha biblioteca é moito máis ca libros e andeis.

𝑺𝒆𝒏 𝒑𝒓𝒐𝒇𝒆𝒔𝒊𝒐𝒏𝒂𝒊𝒔 𝒏𝒐𝒏 𝒉𝒂𝒊 𝒃𝒊𝒃𝒍𝒊𝒐𝒕𝒆𝒄𝒂𝒔.

#DíaDasBibliotecas #bibcoruna #BibliotecasPúblicas by @bibcoruna
2
2 days ago
Download
Cada libro abre unha porta a novas voces. Hoxe achegámonos a Colette, unha das figuras máis libres, audaces e fascinantes da literatura francesa.

A biografía que lle dedica Antoine Compagnon convídanos a descubrir a muller detrás da escritora: rebelde, moderna e sempre dona da súa propia voz.

✨ Unha lectura perfecta para ir quentando motores de cara ao Día das Escritoras.

📚#DíaDasEscritoras #bookfacefriday  #bcastrillón Mano sosteniendo el libro "Colette" que oculta el rostro de una persona sentada junto a una mesa con un libro abierto. by @bibcoruna
0
2 days ago
Download
Dende a Biblioteca de Estudios Locais queremos felicitar a Vari Caramés polo seu merecido Premio Nacional de Fotografía 2026. Este galardón, outorgado polo Ministerio de Cultura, recoñece a vixencia da súa obra e a súa aportación á fotografía artística. by @bibcoruna
0
4 days ago
Download
🤖 Arrinca un novo curso de #SomosPro! 🚀

Tes peques na casa de entre 9 e 13 anos ávidos de inventar e descubrir? O mércores 21 de setembro ás 18:30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano agárdanos unha tarde fascinante co obradoiro "Iniciación á robótica", da man de David Ballesteros (Ceo Aberto).

🛠️ O que imos facer:

  Converterémonos en científicos creando Scribbling Machines (robots que debuxan con vibracións).
 Iniciarémonos na programación por bloques dun robot mBot (movementos, sensores e respostas).

Inscricións e máis info 👇

https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/persoais/actividades-nas-bibliotecas/detalle-evento/somospro-iniciacion-a-robotica/suceso/1453926506344

#bforum #CienciaPro #SomosPro #MostraPro #Robótica #Robots #MulleresECiencia #ConchaMonje by @bibcoruna
0
4 days ago
Download
Han Kang constrúe a novela desde o punto de vista de distintos personaxes próximos á protagonista, o que permite comprender como cada un interpreta e reacciona ante a súa transformación. A narración provoca unha sensación constante de inquietude, invitando o lector a cuestionar as normas sociais e os límites da autonomía privado. É unha novela orixinal e profundamente reflexiva que non deixa indiferente, recomendada para quen desfruta de lecturas psicolóxicas e abertas a múltiples interpretacións.

Recordade que podedes atopar máis obras deste xénero e desta autora nas Bibliotecas Municipais da Coruña. 
Tamén contades co catálogo web, en coruna.gal/opac, para bruxulear e descubrir novas obras ou clásicos por reler.

E vós, que obra estades a ler nestes momentos? Lémosvos! 

#inspirandote #novela #noveladavidacotia #recomendamos #bduranloriga @randomhouse_es #hankang Cartaz con portada de 'La vegetariana' (Han Kang): ramas vermellas saíndo das costas dunha muller; texto sobre o rexeitamento social, liberdade e saúde mental. by @bibcoruna
0
4 days ago
Download
No Ciberclub, imos ler “La hija del huracán”, de Kacen Callender, e contamos contigo para participar nesta primeira lectura compartida do noso club virtual.

Sabías que podes elixir a forma de participar nel? Temos tres plans para ti. Dinos: en que plan lector estás?

1️⃣Curioso: suscríbete ao blog ciberclublectura.wordpress.com!
2️⃣Activo: únete ao mailing contactando con ciberclublectura@gmail.com!
3️⃣De libro: faite co libro inscribíndote no noso listado oficial en coruna.gal/bibliotecas! (prazas limitadas)

E algo que che vai encantar: Engadimos nova condición que afecta ás persoas inscritas no plan "activo" e o plan "de libro" do noso club virtual de lectura, o Ciberclub. Este ano forman parte do noso Consello de Lectura! Quen forman parte deste consello teñen un rol asignado en cada lectura que implicará cumprir cunha sinxela tarefa no faladoiro.

Se ti tamén queres formar parte deste novidoso Consello e do noso Ciberclub, contacta a través do correo ciberclublectura@gmail.com ou do formulario que compartiremos nas stories.

❗Lembra que en calquera plan que elixas podes comentar as lecturas. Agardámoste para comentar e debater "La hija del huracán" o vindeiro o 04 de novembro!

#bibcoruna #clubsdelecturaBMC #clubsdelectura #lecturaciberclub #ciberclub1 by @bibcoruna
0
5 days ago
Download
Cando cometes o erro de deixar xuntas ás dúas compañeiras máis marchosas da biblioteca... 🤦‍♂️

​Pobre George! A súa paciencia está a proba de bombas mentres Merce e Carola demostran que se poden colocar as novidades no expositor con moito ritmo. 💃📚

Traballar en equipo está xenial, pero para seguirlles o paso hai que vir con moita enerxía da casa.

​E ti, con quen non te aburres nunca no traballo?  Etiquéta@ nos comentarios! 👇

​#bibcoruna #HumorBibliotecarioBMC #HumorBibliotecario #BibliotecasMunicipais #TraballoEnEquipo by @bibcoruna
9
6 days ago
Download
🎲 Neste curso 2026-2027 continúa o Club de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales, dirixido tanto á mocidade, como ás familias e persoas adultas. Cunha novidade: a Liga do Club!

Na actividade, con inscrición previa, as persoas participantes poderán coñecer unha selección de xogos de mesa da Biblioteca e xogar con eles. Haberá 4 mesas nas que xuntarse para as partidas e 2 persoas presentando e explicando como xogar.

Ademáis, neste segundo curso do Club, inauguramos a Liga de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales. Comezamos co xogo Petals, de Buscalume. En cada sesión, poderedes ir sumando puntos e comprobar a vosa puntuación na clasificación xeral da Liga.

Anímate a participar da comunidade de xogos de mesa no Barrio dos Rosales. Esperámoste!

📝 HOXE abre a inscrición para a primeira sesión! www.coruna.gal/bibliotecas

#brosales #ClubXogosdeMesa Club "Xogos de Mesa" — Biblioteca Os Rosales: sábados 10:30–13:30; intergeneracional (menores <12 acompañados); inscripción previa. by @bibcoruna
5
8 days ago
Download
Sabes ese recuncho que parece que está agardando para facer cousas incribles? Pois xa o temos aquí! 

Xa podes vir descubrir A Eira, o novo espazo da Biblioteca da Sagrada Familia. Un punto de encontro inspirado nas eiras de toda a vida, onde podes vir explorar, descubrir, crear e construír comunidade.

Porque as mellores ideas, igual que as boas colleitas, sempre medran mellor cando as coidamos e compartimos en comunidade. 

Xa están as portas abertas, e só falta unha cousa para estar completa: ti. Ven descubrila e axúdanos a enchela de vida! 

#bibcoruna #bSagradaF #AEira #bibliolab by @bibcoruna
7
9 days ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up