Instagram story viewer> @bj_runningteam> Posts
567
followers
732
following
Conta Oficial de BJ Running Team @bj_trainers
📍Bertamiráns
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
Todo preparado para participar mañá no  XIII Trail Menorca Camí de Cavalls.

Forza equipo 💪💪

#trailrunning #trail #cerritosporelmundo #aceptaoreto taken in Menorca by @bj_runningteam
4
a year ago
Download
🗓️Queres empezar o ano da mellor maneira? 

🏃Adestra con nós!!

📝 Fedérate con BJ Running Team e accede ás vantaxes de ser soci@

-Inscripcións gratuitas para algunhas carreiras
-A equipación máis 🔝
-Adestramentos en equipo e acceso a formacións específicas en técnica e nutrición
-Formar parte dun grupo dinámico con plans para correr... E moito máis!!!

📧 Envíanos unha mensaxe directa para saber cómo unirte a nós! taken in Bertamiráns by @bj_runningteam
2
9 months ago
Download
Viñemos de Menorca co 💛 cheiño de amor, moitísimas emocións vividas e cargados de imaxes e vídeos que iremos compartindo convosco

Mentres traballamos no material, queremos adicar un post ao traballo imprescindible dos supporters que acompañan aos corredores en cada experiencia 👩‍❤️‍👩

Sen eles, quizais se podería correr, pero todo sería máis difícil e máis aburrido. Grazas por apoiarnos sempre, polos folgos, as chamadas, os gritos de ánimo e os abrazos ao cruzar a meta🏁

Ser supporter é unha experiencia divertida, emocionante e gratificante. Calquera que no se anime a correr pode acompañarnos na nosa próxima viaxe runner para pasalo de medo con nós 🫶 Se queres máis información sobre cómo participar, contáctanos por MD ou pregunta en @bj_trainers taken in Menorca by @bj_runningteam
0
a year ago
Download
🌍 Durante uns días, o atletismo mundial correu na casa.

Ames recibiu algúns dos mellores ultrafondistas do mundo e nós tivemos a sorte de vivilo moi de preto: horas de esforzo, quilómetros acumulándose, pernas ao límite e unha meta pola que seguir loitando. 🏃‍♀️🏃‍♂️

👏 Animamos, sufrimos e celebramos cada volta. Emocionámonos cos nosos atletas e gozamos dun Mundial que nos lembrou por que nos gusta tanto este deporte.

Que privilexio vivilo en Ames.
Que fin de semana para gardar. ❤️

Un Mundial na casa. Un deses recordos que quedan para sempre. 🌍

Grazas @iau_ultrarunning, @atletismorfea, @atletismogalego e @concellodeames por facer posible que unha cita así se vivise nas nosas ruas 🙌 taken in Bertamiráns by @bj_runningteam
0
14 days ago
Download
Un domingo máis facendo o que nos gusta ⛰️💙🖤

Carixa, monte, bo ambiente… e Mónica ao podio! NORABOA🫶 🔥 taken in Praia Fluvial da Carixa by @bj_runningteam
2
a month ago
Download
Quilómetros e desnivel nun escenario espectacular no Trail de Ubiña

Noraboa Di, menuda paisaxe para seguir sumando montañas! 💪⛰️

#BJRunningTeam #TrailDeUbiña #TrailRunning #SomosBJ #AceptaOReto taken in Peña Ubiña by @bj_runningteam
0
a month ago
Download
Agora si que comeza a conta atrás.

Dentro dun mes estaremos na Baña, cos sendeiros preparados, os voluntarios nos seus postos e todo listo para recibirvos.

Nós seguimos traballando. A vós só vos queda adestrar... e vir con ganas de desfrutar do monte.

📅 27 de setembro
📍 A Baña

#TrailDaBaña #TrailDaBaña2026 #TrailRunning #abana by @bj_runningteam
0
a month ago
Download
Setembro!! Estades listos??

@moi_cambre está a tope!!

#bjrunningteam #running #trailrunning taken in Bertamiráns by @bj_runningteam
2
a month ago
Download
28K · A MÁIS SALVAXE

Imos á Baña que non se ve dende a estrada. Aos sendeiros que se pechan entre as árbores, a auga que acompaña o camiño, ás pedras, ás subidas que obrigan a baixar o ritmo e mirar onde pisas.

Imos ao 28K.

A distancia máis longa do Trail da Baña é a que se mete máis fondo no territorio. Fan falta pernas e cabeza para vivir a versión máis salvaxe desta terra. 

O 27 de setembro, 28 quilómetros para descubrir A Baña desde dentro.

Ti pos as pernas.
Nós poñemos o monte.

#TrailDaBaña #TrailDaBaña2026 #28K #AMáisSalvaxe #TrailRunningGalicia taken in A Baña by @bj_runningteam
0
a month ago
Download
E ti, cal escolles?

Podes vir á Baña buscando quilómetros, monte, poñerse a proba ou só para gozar dos camiños pouco a pouco.

Un ano máis ofrecémosvos catro maneiras de disfrutar dos nosos montes. 

🌿 Trail Longo · 28K
🌿 Trail Medio · 18K
🌿 Trail Curto · 8K
🌿 Andaina · 8K

Nas fotos, un anaquiño do que vos espera. O resto hai que vir descubrilo.

IX Trail da Baña · 27.09.26

Inscríbete na ligazón da bio. 

#TrailDaBaña #ABaña #GaliciaTrailRunning #TrailRunning taken in A Baña by @bj_runningteam
0
2 months ago
Download
Hai meses de traballo detrás dun só día de trail.

Camiños que recuperar, quilómetros que revisar, cruces que marcar e moitas persoas traballando para que, cando chegue o 27 de setembro, todo estea preparado para recibirvos.

Porque queremos que veñades correr á Baña, si. Pero tamén que descubrades un territorio que paga a pena coñecer e que vos sintades acompañados desde que recolledes o dorsal ata que cruzades a meta.

Nós xa estamos no monte.

Agora faltades vós.

IX Trail da Baña · 27.09.26
28K · 18K · 8K · Andaina 8K

Inscricións en Carreiras Galegas.

#TrailDaBaña #ABaña #GaliciaTrailRunning #TrailRunning taken in A Baña by @bj_runningteam
1
2 months ago
Download
Aquí temos ao gañador do sorteo dunha prenda deportiva para completar a participación de @bjtrainers no @desafio_serra_do_candan. Levamos corredores e tamén a BJ Store para achegar a variedade de productos deportivos de primeiras marcas aos participantes dos eventos máis 🔝 do Trail galego. taken in Vilatuxe by @bj_runningteam
0
4 months ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up