Instagram story viewer> @campusterrausc> Posts
3.5K
followers
428
following
Conta oficial do Campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
👩🏻‍🔬 Decenas de estudantes do @campusterrausc estanse mergullando no eido da investigación a través das 12 actividades, seminarios e cursos que conforman a iTERRA Talent Week!

🩸 Hoxe, un grupo de estudantes descubriu, no laboratorio do grupo SUPRABOIN, que é a biopsia liquida e o seu papel na investigación en cancro.

🧪 Mentres que varios grupos de participantes asistiron a un obradoiro de fabricación de dispositivos microfluídicos en PDMS mediante impresión 3D para a análise de alimentos, impartido por investigadoras do grupo LHICA.

As investigacións que levan a cabo os grupos do @iterrausc contribúen a buscar solucións aos grandes desafíos aos que nos enfrontamos e facer partícipe delas aos futuros investigadores é clave para asegurar a súa continuidade!

#iterratalentweek #investigacion #campusterra #lugo by @campusterrausc
0
4 hours ago
Download
🦋 Mañá, ás 20:00 horas, terá lugar no Salón de Actos de @ovellocarcere a conferencia 'Darwin e Wallace: dúas vidas antiparalelas', unha actividade vinculada á exposición ‘Wallace e a orixe das especies’ que correrá a cargo de Juan Ramón Medina Precioso, doutor en Bioloxía, catedrático de Xenética e experto na vida e obra de Alfred Russel Wallace.

Durante a conferencia, Medina Precioso achegará ao público aquelas diferenzas e coincidencias que definiron os dous camiños independentes tomados por Darwin e Wallace para formular a idea da evolución por selección natural. Do mesmo xeito, tamén explorará a relación entre os dous científicos, claves para entender a evolución e a diversidade dos seres vivos.

A actividade é aberta ao público e con entrada libre ata completar aforo.

Tes toda a información dispoñible no xornal da @universidade_usc 😉

#usc #campusterra #wallace #darwin #evolucion taken in O Vello Cárcere by @campusterrausc
0
5 hours ago
Download
♻️ Como se poden transformar os residuos agrogandeiros, agroalimentarios e forestais en novos recursos para avanzar cara unha economía máis circular e sostible?

Sobre esta cuestión xirou Agrovalor 2026, un encontro organizado polo @iterrausc, o @campusterrausc e a Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible da @universidade_usc, en colaboración co @irnas_csic e a Fundación INFIAR.

Ao longo de dous días, máis dun cento de investigadores, profesionais, emprendedores, cooperativistas e estudantes abordaron na @eps_enxenaria cuestións como a xestión e valorización de xurros e outros residuos gandeiros, a produción de bioenerxía ou a recuperación e reciclaxe de nutriente.

Podes atopar toda a información na web da USC ou nas stories do @iterrausc. by @campusterrausc
0
a day ago
Download
🏛️ E se ‘quedamos no mitreo’?

O museo universitario @museodomusdomitreousc, coa axuda da @depulugo, impulsará esta semana un ciclo de catro conferencias que achegarán ao público novas perspectivas da prehistoria e historia antiga da nosa provincia, baixo o lema ‘(Re)descubrindo o pasado de Lugo, novas achegas da investigación’.

🦣 Mañá, ás 18:00 horas, terá lugar a primeira sesión coas intervencións do investigador do @cispac_gal Hugo Bal, co título ‘Das hienas de Castroverde ao mamut do Incio: a investigación arqueopaleontolóxica na provincia de Lugo’; e Tania Mosquera Castro, investigadora da @universidade_usc, que falará de ‘Uros, figuras humanas e cometas. Unha achega á arte paleolítica de Cova Eirós’.

🏙️ O mércores, á mesma hora, participarán Francisco Folgueira, da Universidade de Santiago de Compostela, co relatorio ‘Unha cidade con vistas: a paisaxe arqueolóxica de Lucus Augusti e ou seu territorio’; e Diego Torres Iglesias, director do @museocastroviladonga, quen disertará baixo o nome ‘Quen te viu e quen vete: redescubrindo o Castro de Viladonga’.

📍 Todas a sesións terán lugar na Casa do Saber e son de libre acceso.

#usc #campusterra #museo #historia #lugo taken in Domus Do Mitreo by @campusterrausc
0
2 days ago
Download
🎶💃 A espléndida Foliada que tivemos no campus de Lugo da @universidade_usc dentro das xornadas #BenVidaUSC!!! 😍👏🥳

Grazas @avoltadoagro , @axeigo e @cantigasefrores ❤️

Fotos de @marcosloopez74

@consello.estudantado.usc
#BenVidaUSC #culturausc #universidadedesantiagodecompostela taken in EPS de Enxeñaría by @campusterrausc
0
3 days ago
Download
🔬✨ A ciencia xa está en marcha no corazón de Lugo!

A iTERRA Night 2026 está enchendo esta tarde o soto da Praza de Abastos de experimentos, curiosidade e moitas ganas de descubrir.

🧬 ADN, células, saúde animal, microminerais, alimentación, solo, árbores, fibra óptica… Investigadoras e investigadores de iTERRA, o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra, están a achegar o seu traballo á cidadanía a través de obradoiros e experiencias para todas as idades.

E aínda estás a tempo de sumarte! 🙌

📍 Soto da Praza de Abastos de Lugo
⏰ Ata as 22.00 horas

Achégate, pregunta, experimenta e descubre a ciencia que facemos no Campus Terra! 🧪🌱

#iTERRANight #CampusTerra #iTERRA #USC #Investigación Divulgación Ciencia taken in Campus Terra USC by @campusterrausc
1
5 days ago
Download
🔬✨ Esta tarde, o centro de Lugo convértese nun gran laboratorio aberto á cidadanía!

De 18.00 a 22.00 horas, a ciencia sae á rúa coa celebración simultánea da iTERRA Night 2026 e da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night).

📍 A só uns metros de distancia, o Mercado Municipal, a Praza de Abastos e o seu soto encheranse de obradoiros, experimentos e actividades gratuítas para achegarnos á investigación dunha maneira diferente, práctica e divertida.

🧬 ADN, células, saúde animal, alimentación, solo, árbores, fibra óptica, algoritmos, redes sociais, resistencia aos antibióticos… Hai ciencia para todos os gustos e para todas as idades!

Se aínda non tes plan para esta tarde, témolo claro: ven descubrir, experimentar e preguntar. A ciencia espérate no centro de Lugo! 🧪🙌

🕕 18.00–22.00 h
📍 Mercado Municipal + Praza de Abastos + soto da Praza de Abastos
🎟️ Actividades gratuítas

#CampusTerra #iTERRANight #GNight #USC #Divulgación #Investigación #ciencia by @campusterrausc
0
5 days ago
Download
✨ Música, exposicións, foros, audiovisual, certames, formación... Isto e moito máis é o que ofrecerá os vindeiros meses o Outono Cultural da @universidade_usc no noso campus.

Ana Cabana, vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, desvelou recentemente nunha rolda de prensa que tivo lugar no Pazo de Montenegro a programación desta iniciativa cultural, que contará, entre outras moitas propostas, coa música de @lamontagne_lau o vindeiro 19 de novembro na Praza de Santa María.

Este ano o Outono Cultural trae varias novidades, como a intervención de @highpawgz no Microaberto, a presentación do libro ‘Fran Pérez, Narf. Canto Sentido’ ou a interpretación de tres concertos de música clásica que contan co apoio da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE).

Do mesmo xeito, os certames xa consolidados como o Maratón Fotográfico, Paisaxe Sonora ou Videoarte estarán presentes este ano, así como varios foros, proxeccións audiovisuais e as Faíscas Culturais, cuxo obxectivo é prender a reflexión cultural nas aulas da nosa universidade para complementar a formación do estudantado.

Podes consultar toda a información sobre as actividades no xornal da USC 😊

#usc #campusterra #outonocultural #cultura #musica taken in Lugo by @campusterrausc
0
6 days ago
Download
🧪✨ A Noite Galega das Persoas Investigadoras está de volta en Lugo!

Este venres terá lugar, no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e na Praza de Abastos, unha nova edición da G-Night, que ofrecerá ao público unha vintena de obradoiros e experiencias interactivas de balde entre as 18:00 e as 22:00 horas.

Organizado polo grupo de innovación docente @xuvenciencia e pola asociación de persoal investigador novo @agromar_docs, o evento permitirá ás persoas asistentes afondar en temas tan variados como a influencia dos algoritmos na decisión de compra, os riscos para a infancia e adolescencia dos terminais móbiles e das redes sociais ou a resistencia aos antibióticos das bacterias.

Lembramos que, de xeito simultáneo, desenvolverase no soto da Praza de Abastos a primeira iTERRA Night, unha xornada na que a cidadanía poderá coñecer de primeira man as investigacións que se fan dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible ( @iterrausc ) do @campusterrausc no que será unha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para tódalas idades.

Podes consultar toda a información sobre o evento na axenda da @universidade_usc 😊

#usc #campusterra #iterra #gnight #divulgacion taken in Lugo by @campusterrausc
1
7 days ago
Download
🚨 Últimas horas para inscribirte nas actividades da iTERRA Talent Week!

Se es estudante de grao ou master, tes ata mañá mércores 23 de setembro para escoller entre un amplo abanico de talleres e experiencias prácticas que abarcan materias como a investigación da patoloxías en peixes, a transformación dos espazos rurais, os patóxenos alimentarios, o control de parasitos ou os biomarcadores de estrés para garantir o benestar do gando.

En función das túas preferencias, os horarios das actividades e as prazas dispoñibles, a organización deseñarache un itinerario personalizado.

Os talleres e experiencias son totalmente gratuítos e realizaranse entre o martes 29 de setembro e o xoves 1 de outubro no @campusterrausc.

Ademais, o luns 28 presentaremos aos grupos participantes e entregarémosche un pasaporte no que poderás ir engadindo cada adhesivo que recibas por participar nunha actividade.

E o venres 2 de outubro organizaremos un encontro con investigadores para abordar como é traballar en investigación. by @campusterrausc
0
8 days ago
Download
🐮 Contribuír ao relevo xeracional nas cooperativas e explotacións do sector lácteo galego.

Esta é unha das metas que persegue a xornada de formación en transformación do leite organizada pola Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias ( @aplta_usc ), no marco dun contrato coa @depulugo.

O curso, que se desenvolverá este venres nas instalacións da APLTA, será de carácter teórico-práctico e gratuíto, e está dirixido a persoas menores de 45 anos que traballen en explotacións lácteas galegas ou que estean interesadas en incorporarse ao sector.

Durante a formación, abordaranse temas que gardan relación coa microbioloxía e a hixiene nas instalacións, a elaboración de leites fermentados e fundamentos da queixería ou a fabricación de iogur e queixo fresco.

A inscrición pode formalizarse a través do enderezo formacion@aplta.es. Podes consultar toda a información sobre o curso no xornal da @universidade_usc 😊

📸 @santialvitefotografo 

#usc #campusterra #leite #aplta #rural taken in Campus Terra USC by @campusterrausc
0
8 days ago
Download
#ConLupa 🔎 | El @campusterrausc inicia una nueva etapa tras renovar su acreditación como campus de especialización de la @universidade_usc y afrontar el periodo 2026-2029 con nuevos responsables y nuevos retos 🎓🌱

➡️ Docencia, investigación y transferencia se articulan en Lugo alrededor de ámbitos como la ganadería 🐄, la alimentación, el medio forestal, la biodiversidad o la tecnología, con el objetivo de dar respuestas útiles a las necesidades del territorio.

Analizamos su presente y su futuro en #VacaPinta61. 📹 También en vídeo 👇

#FacultadeVeterinariaLugo · @eps_enxenaria · @iterrausc · #Ibader · #Pemade · Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias · Granxa Gayoso Castro (@depulugo) by @campusterrausc
2
9 days ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up