Instagram story viewer> @concellodebueu> Posts
1658
posts
6.2K
followers
638
following
Concello de Bueu 🌱🌊🌝
"Bueu, espazo para a xente"
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
ℹ️💧 Dende o Concello de Bueu APELAMOS a un CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA por parte da poboación.

Augas de Galicia activou este mércores a prealerta por seca na zona do Río Lérez e Ría de Pontevedra, na que se atopa Bueu.
Polo tanto, incídese en que é preciso optimizar a xestión da auga. 

Xa se solicitaron a FCC Aqualia os datos dos consumos e de caudal, así como informes de incidencias, e o goberno local irá valorando a situación diariamente para activar, de ser necesarias, as medidas que se estimen segundo o avance da situación.

🙏 GRAZAS POLA COLABORACIÓN by @concellodebueu
15
16 days ago
Download
🎉 Programa Festas do Carme 

Xa queda pouco para as Festas do Carme que se celebrarán do 15 ao 19 de xullo.

Para que non vos perdades nadiña, deixamos a programación completa 👆 by @concellodebueu
2
15 days ago
Download
👏 Momento histórico para a rúa Pazos Fontenla e para Bueu.

Este xoves o alcalde e o presidente da Xunta asinaron o convenio para a mellora da rúa Pazos Fontenla. Esta nova colaboración entre institucións vai supoñer unha mellora integral desta céntrica vía que dará comezo xa neste 2026.

aMobilidade#moveBueu by @concellodebueu
6
10 days ago
Download
🔹 🌊 O Concello de Bueu izou este venres as bandeiras azuis nas praias do municipio. Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, Isabel Quintás, tenente de alcalde e Celso Dopazo, edil de mantemento de viais, participaron no acto simbólico de izado que no areal de Lagos e no que tamén estiveron os socorristas.

👌 O municipio bueués mantén para este verán as catro bandeiras azuis nas praias da Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán, das que ADEAC valorou a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade, os servizos e as instalacións. Ademais, a vila morracense revalida o distintivo de centro azul para o Estaleiro de Purro (Banda do Río), e mantén o do sendeiro de Cabo Udra e a Aula da Natureza deste espazo, así como para o Centro de Interpretación de Agrelo.

🙏 A concelleira de promoción económica e a brigada de obras e servizos estiveron traballando nas semanas previas co fin de poñer a punto todos os servizos nas praias previos ao izado das bandeiras, coa instalación das casetas, balizamento, baños portátiles, sinalización, limpeza e roza dos accesos etc.

O servizo de socorrismo funciona xa dende comezos de mes nos catro areais de bandeira azul e tamén no céntrico da Banda do Río. by @concellodebueu
0
15 days ago
Download
📢⛵O Estaleiro de Purro, na Banda do Río, estará aberto todos os días dende as 10.00 ás 21.00 horas, polo que se convida ás persoas veciñas e ás visitantes a que se acheguen a coñecer este símbolo da nosa historia e cultura mariñeiras.

Para nós é importante contar co que é o último estaleiro da ría de Pontevedra e que musealizamos hai uns anos para reivindicar a identidade do mar e das persoas a el vinculadas.

✌️ Se aínda non o coñecedes, esta é unha boa oportunidade. by @concellodebueu
0
15 days ago
Download
👌 O Concello de Bueu recibiu este xoves a visita de Anxo Otero e Caetano Otero, autores do libro 📙 "Cóntocho con palabras" e residentes nos EEUU, dende onde reivindican as súas orixes bueuesas.

Félix Juncal, alcalde da vila, tivo a oportunidade de conversar con eles e de agasallarlle unha bandeira da nosa vila. Ademais, tamén lle asinaron o libro no que contan as súas peripecias como pai e fillo e tamén reflexionan sobre a lingua e as orixes. by @concellodebueu
0
15 days ago
Download
⛵ A vila de Bueu vivirá esta fin de semana unhas xornadas ateigadas de remo, coa celebración de dúas regatas: a II Bandeira Praia de Pescadoira e a XXXI Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras.

Este xoves tivo lugar a rolda de prensa, na que estiveron presentes Félix Juncal, alcalde de Bueu, Alberto Chapela e Rosario Freire, da directiva do Club do Mar Bueu Simei.

Tedes toda a info na nosa web (ligazón na BIO) by @concellodebueu
0
16 days ago
Download
📢 📸 A Sala Amalia Domínguez Búa acollerá entre o 17 e o 31 de xullo a exposición «En Bueu, onde se non?», de Salvador Santos ‘Charri’, e na que se recollen fotografías de vinte e tres persoas que levan a cabo diversos labores sociais. O acto inaugural será o venres 17 de xullo ás 20.00 h no Centro Social do Mar e nel participarán os e as protagonistas.

A mostra nace co obxectivo de visibilizar o labor social de homes e mulleres da vila que, coa súa xenerosidade, axudan a construír Bueu e a facelo “un pobo mellor”. A través das súas fotografías, Charri pretende achegarnos as imaxes e as vidas dalgunhas persoas grazas ás que a vila bueuesa medra e se constrúe nos seus múltiples eidos, como a cultura, a literatura, o cine, as festas, o fútbol, o remo, o balonmán, o atletismo, a sanidade, o ensino, a investigación, as artes, a memoria histórica,

Toda a info xa na nosa web (ligazón na BIO) by @concellodebueu
0
16 days ago
Download
🍷 A pasada fin de semana celebrouse en Cela a XX Festa do Viño Tintafemia, un evento organizado pola Asociación de Viticultores San Martiño de Bueu coa colaboración do Concello de Bueu.

👌 Foron uns días ateigados de calor pero con moita diversión, catas de viños, actuacións musicais ou unha ruta vinícola.

Aquí vos deixamos algunhas 📸📸 realizadas polo fotógrafo local Salvador Santos 'Charri'. by @concellodebueu
0
16 days ago
Download
🇪🇭 O salón de plenos do Concello de Bueu recibiu este mércores, 8 de xullo, aos doce nenos e nenas saharauís que gozan este verán na comarca no marco do programa “Vacacións en Paz” que organiza a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS). 

Félix Juncal, alcalde de Bueu, destacou que “o pobo de Bueu está con vós e deberedes sentir orgullo da vosa bandeira”. Pola súa banda, Laura Ogando, edil de benestar social e igualdade, salientou que “estes actos lémbrannos a nosa loita co pobo saharauí, e quero dar as grazas a todas as familias de acollida que fan que isto sexa posible”.  

O Concello de Bueu deulles a benvida aos nenos e nenas e ás familias de acollida nun acto no que tamén lles fixo entrega dunhas mochilas e material para o curso escolar. No acto tamén participaron outros concelleiros e concelleiras da corporación municipal bueuesa. by @concellodebueu
0
17 days ago
Download
✍️ Tras o peche do prazo para o envío a finais de xuño, o Concello de Bueu contabilizou un total de 62 participantes que concorren aos Premios Johan Carballeira. Concretamente, o departamento de cultura recibiu 53 poemarios e 9 traballos xornalísticos, que se presentaron tanto en papel como en dixital, e que se valorarán nas dúas convocatorias. Estas cifras demostran unha vez máis que este certame constitúe xa todo un referente a nivel galego, e que ano tras ano incrementa as súas cifras de participación.

Nas vindeiras semanas o xurado nomeado revisará os traballos nas próximas semanas, co obxectivo de que se seleccionen os gañadores ou gañadoras entre setembro e outubro. Os premios están dotados con 2.500 euros en cada unha das categorías, amais da publicación do poemario gañador na editorial Xerais.

Tedes a info completa xa na nosa web (ligazón na BIO) by @concellodebueu
0
17 days ago
Download
🛣️ Dende o Concello de Bueu levamos a cabo a pasada semana a sinalización horizontal polas rúas Johan Carballeira, Santán, José María Estévez e López Cortizo. Os traballos incluiron o pintado de liñas, pasos de peóns ou prazas de estacionamento.

Así quedaron algunhas destas zonas 👌 by @concellodebueu
0
17 days ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up