Instagram story viewer> @concellodemos> Posts
7.1K
followers
800
following
🏛 Perfil oficial do Concello de Mos
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
📢 O Concello de Mos convoca unha reunión informativa sobre o proxecto da liña eléctrica de 220 kV.

📅 Venres, ás 20:00 h
📍 Multiusos das Pozas

Coñeceremos o proxecto, as afeccións previstas e explicaremos como presentar alegacións.

ALEGA. Xuntos faremos forza.

#somosmos #altatensión #redeeléctrica taken in Concello de Mos by @concellodemos
0
2 days ago
Download
En Mos temos a oportunidade de decidir xuntos que concello queremos para o futuro.

Con Mos Decide 2027, abrimos de novo as portas á participación da veciñanza, para que cada persoa poida achegar as súas ideas e propostas e contribuír a mellorar o noso municipio nunha nova edición dos orzamentos participativos.

Ata o 20 de outubro, podedes presentar as vosas propostas e facer que a vosa voz conte nas decisións sobre o futuro de Mos.

Porque o Mos que queremos constrúese coa participación de todos e todas.

Mos decide, ti decides, todos decidimos sobre o Mos que queremos.

Participa. O teu concello, o teu orzamento.

#somosmos #mosdecide #orzamentosparticipativos taken in Concello de Mos by @concellodemos
0
2 hours ago
Download
🐟O alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Queda en Mos IV en Conxemar 2026!

O alumnado das especialidades de Audiovisuais e Carpintería participou nesta saída didáctica para coñecer de preto un contexto profesional real, descubrir novas ideas e complementar a súa formación práctica.

 Unha experiencia que lles permite adquirir novos coñecementos e trasladalos aos futuros traballos e proxectos que desenvolverán para o Concello de Mos.

Porque aprender tamén é observar, experimentar e aplicar o aprendido.
 
#QuedaEnMosIV #ObradoiroDualDeEmprego #Conxemar2026 #somosmos #ConcelloDeMos by @concellodemos
0
4 hours ago
Download
A alcaldesa de Mos, @nidiaarevalo_ , recibiu hoxe no Concello de Mos ao sarxento Javier de la Calle González, que cambia de destino despois de dous anos e medio de servizo no noso municipio.

Queremos agradecerlle o seu traballo e dedicación durante este tempo en Mos e desexarlle moita sorte nesta nova etapa profesional.

Grazas tamén ao capitán Rafael Antonio Pereira López por acompañalo nesta visita.

#somosmos #gardacivil taken in Concello de Mos by @concellodemos
1
6 hours ago
Download
Hoxe o Concello ilumínase de azul turquesa 💙🩵 para sumarse á campaña “Unidos pola Dislexia”, con motivo do Día Internacional da Dislexia.

Con este xesto queremos dar visibilidade á dislexia e contribuír a sensibilizar sobre unha realidade que afecta a moitas persoas, especialmente no ámbito educativo.

#DíaInternacionalDaDislexia #UnidosPolaDislexia #Dislexia #Concello #41a1ac taken in Concello de Mos by @concellodemos
0
20 hours ago
Download
Comezamos a percorrer Mos, bar a bar! 🍢 

Hoxe coñecemos 4 dos 15 establecementos que participan en A Volta dos Pinchos.
Do 9 ao 31 de outubro, os xoves, venres e sábados, pinchos, agasallos e premios agárdante por todo o municipio. 🎁

Faquiña, Maceira, Baxiña e Anglee son só o comezo. 👀

Anímate a facer a ruta, proba os pinchos e completa o teu tapaporte para participar nos premios. Agardámoste! 🙌

#AVoltaDosPinchos #MosBarABar #somosmos #baresmos taken in Concello de Mos by @concellodemos
0
a day ago
Download
🚢 Primeira parada: Bari! 🇮🇹

Comeza a aventura polo Mediterráneo. O grupo de Mos xa está en Bari, primeira parada deste cruceiro que percorrerá algúns dos destinos máis coñecidos de Grecia e do Mediterráneo.

🌊 A viaxe continuará por Santorini, Atenas, Olimpia, Cefalonia e Corfú, antes de regresar a Bari.

Unha semana para descubrir novas paisaxes, cidades e recunchos do Mediterráneo. ¡A gozar da viaxe! 💙

#somosmos #ConcelloDeMos #Cruceiro #Bari #Grecia Mediterráneo Santorini Atenas Cefalonia Corfú taken in Bari, Italy by @concellodemos
0
a day ago
Download
🚧 Melloramos a seguridade viaria en Cela

Visitamos as obras nos camiños de San Cosme e da Quinta, unha actuación de 300.000 euros que permitirá renovar o pavimento, mellorar o alumeado e reforzar a seguridade do vial.

Aproveitamos tamén os traballos para conectar catro acometidas pendentes á rede de saneamento.

📍 Unha actuación que se suma á mellora dos servizos e das condicións de circulación na zona.

#somosmos #sancosme #concellodemos taken in Concello de Mos by @concellodemos
2
a day ago
Download
🍽️ Hoxe, no Pazo de Mos, convertimos as sobras en novas receitas!

A chef @mi_coqueteria foi a encargada do primeiro taller de ‘Da sobra ao sabor’, unha proposta do Concello de Mos para aprender a aproveitar mellor os alimentos e reducir o desperdicio alimentario. 👩‍🍳♻️

Unha tarde de showcooking, aprendizaxe e moito sabor.

#somosmos #DaSobraAoSabor #CoidaMos #desperdicioalimentario taken in Pazo de Mos by @concellodemos
1
2 days ago
Download
🧠 Saúde mental: comprender para coidar

Máis ca nunca, necesitamos concienciarnos sobre a importancia da saúde mental. Falar dela, informarnos, romper estigmas e aprender a coidarnos tamén é unha forma de coidar ás persoas que nos rodean.

📚 Do 7 ao 16 de outubro, convidámosvos a visitar a nosa Exposición bibliográfica, onde atoparedes unha selección de libros e recursos para coñecer mellor a saúde mental e reflexionar sobre o benestar emocional.

💚 Porque coidar a mente é tan importante como coidar o corpo.

📍 Biblioteca Municipal María Magdalena

#SaúdeMental
#CoidarÉImportante 
#BpmMaríaMagdalena
#ExposiciónBibliográfica 
#BenestarEmocional by @concellodemos
0
2 days ago
Download
🍽️ Da sobra ao sabor!

Hoxe, @cope_es entrevista á chef @mi_coqueteria con motivo de ‘Da sobra ao sabor’, a iniciativa do Concello de Mos para reducir o desperdicio alimentario.

👩‍🍳 Mañá, 7 de outubro, será o primeiro taller, ás 18.00 h no Pazo de Mos, cun “showcooking” para aprender a aproveitar os alimentos que temos na casa.

📲 Aforo limitado. Inscrición: 639 300 974.

🔗 Podes escoitar á entrevista completa na ligazón das historias.

#somosmos #DaSobraAoSabor #CoidaMos #desperdicioalimentario by @concellodemos
0
3 days ago
Download
🌶️🍻 Estás preparado para A VOLTA DOS PINCHOS? 👀

Este finde… arrincamos! 🚀

🍢 Recorre os establecementos participantes
🍺 Proba os seus petiscos
📍 Completa a túa ruta
🎟️ Sela o teu tapaporte
🏆 E entra no sorteo do GRAN PREMIO

👉 Con quen farías a ruta?

A Volta dos Pinchos xa está aquí. E ti, estás preparado? 🔥

#AVoltaDosPinchos #RutaDePinchos #Mos #HostalaríaDeMos #somosmos taken in Concello de Mos by @concellodemos
1
3 days ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up