Instagram story viewer> @concellodesalvaterra> Posts
5.3K
followers
183
following
Concello de Salvaterra de Miño onde atoparás todo tipo de axuda e información para os cidadáns.
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
🥉 Moitísimos parabéns a nosa veciña Xulia Otero pola conquista da medalla de Bronce  sub 15, en DX de bádminton no Campionato de Europa celebrado en Sotra(Noruega). 

Espectacular coma sempre, dende moi nena, aumentando rexistros a pasos axigantados!

A seguir así Xulia!!

Orgullos@s d@s nos@s deportistas!! by @concellodesalvaterra
1
16 hours ago
Download
🎶 PARABÉNS Á BANDA INFANTIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE SALVATERRA DE MIÑO!

Desde o Concello de Salvaterra de Miño queremos trasladar os nosos máis sinceros parabéns á Banda Infantil da Escola de Música de Salvaterra de Miño por acadar o segundo premio no Certame Galego de Bandas de Música, celebrado hoxe sábado.

Os nosos e as nosas xoves músicas afrontaron un importante reto sobre o escenario, demostrando o seu talento, esforzo e compromiso coa música a través da interpretación das pezas Captains of Adventure, O monstro de Redondela e Happy Hour.

Este recoñecemento é o reflexo de moitas horas de ensaio, dedicación e ilusión, así como do gran traballo que realizan tanto o alumnado como o profesorado e toda a comunidade educativa da nosa Escola de Música.

En Salvaterra de Miño sentimos un enorme orgullo por vós! by @concellodesalvaterra
0
a day ago
Download
✅ O CONCELLO APROBA UNHA BONIFICACIÓN DO 95% NO ICIO PARA A SEGUNDA AMPLIACIÓN DE FRINSA NA PLISAN

A medida, ratificada no último Pleno municipal, enmárcase nas vantaxes fiscais de “Concello Emprendedor” para atraer investimentos. A ampliación da conserveira permitirá sumar 21 novos empregos aos 58 actuais no municipio.
 
O desenvolvemento empresarial e industrial da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) segue a avanzar con paso firme. O Pleno ordinario ratificou o pasado luns, 29 de setembro, a aprobación dunha bonificación do 95% no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) destinada a acometer a segunda ampliación das instalacións da empresa Frinsa.

Esta rebaixa fiscal atópase vinculada directamente á adhesión do municipio á figura de “Concellos Emprendedores” en Galicia. Este recoñecemento oficial distíngueas a aquelas administracións locais plenamente comprometidas en facilitar o asentamento de novos negocios e o crecemento do tecido empresarial xa existente. Baixo este marco regulador, outórganse incentivos de ata o 95% en impostos municipais directos como o IBI, o IAE e o propio ICIO, dirixidos a proxectos estratéxicos e ampliacións industriais que impulsen de xeito efectivo o mercado laboral.

Dende o Goberno local subliñan que xerar un horizonte de futuro estable para os seus veciños e veciñas constitúe unha prioridade absoluta na folla de ruta municipal. Neste sentido, sinalan que a mellor estratexia de desenvolvemento social consiste en promover a creación de emprego de calidade nas proximidades do lugar de residencia, facilitando así a conciliación e fixando poboación.

Na actualidade, a planta de Frinsa na localidade xera un total de 58 postos de traballo directos. Grazas á posta en marcha desta segunda fase de ampliación de infraestruturas, a firma ten previsto incorporar a 21 novos traballadores. Esta expansión supón consolidar o tecido produtivo comarcal e abrir unha ventá de oportunidades laborais e económicas de primeiro orde para todo o municipio. by @concellodesalvaterra
3
2 days ago
Download
🎭 Recorda chega a Vilacoba o programa “Sensibilizar para protexer. A cultura no rural”

“Costureiriña bonita” é un espectáculo de títeres para público familiar.

📆 Sábado 10 de outubro
⏰ 19:00 horas 
📍 Centro Cultural Vilacoba by @concellodesalvaterra
0
2 days ago
Download
🚧 A piques de rematar a instalación do sistema de climatización na Biblioteca Municipal de Salvaterra un proxecto que conta cun orzamento superior aos 26.700 euros, dos que 18.720,74 euros serán financiados a través dunha subvención da Administración Local, destinada á mellora das infraestruturas municipais. taken in Biblioteca Municipal Salvaterra de Miño by @concellodesalvaterra
0
3 days ago
Download
🚶‍♀️ Sometemos a información pública o proxecto para construír 2 sendas en Arentei e Oleiros, en Salvaterra de Miño, cun investimento de  preto de 750.000€

🔹 O obxectivo destas actuacións da Xunta é facilitar desprazamentos seguros e, ao mesmo tempo, fomentar hábitos sostibles e saudables by @concellodesalvaterra
5
3 days ago
Download
♨️ DESCUBRINDO SALVATERRA | TERMAS DE TEÁNS
Sabías que as Termas de Teáns están directamente relacionadas coa xeoloxía do val do Miño? 🌿💧
O recinto termal naceu coa recuperación do antigo manancial de Teáns, situado na parroquia de Oleiros, á beira do río Miño.
🧭 Pero como se forman estas augas?
Baixo o noso val existen numerosas fracturas e fallas no granito que permiten que a auga circule polo interior da terra.
🌧️ A auga da chuvia infiltrase no subsolo e vai descendendo a través destas fracturas.
🌡️ A medida que baixa, a temperatura aumenta. Por cada 100 metros de profundidade, a temperatura sobe aproximadamente 3 °C. Así, a auga pode chegar a profundidades superiores a 1,5 quilómetros, onde alcanza temperaturas elevadas.
⬆️ Despois, a través das mesmas fracturas, a auga ascende de novo cara á superficie, chegando ó manancial de Teáns e conservando parte da calor adquirida no interior da terra.
💦 As Termas de Teáns contan con tres termas de auga quente e unha de auga fría, con augas mineromedicinais de diferentes composicións e propiedades.

✨ Pero as Termas de Teáns son moito máis que augas termais. O lugar no que se atopan fai desta experiencia algo especial. Á beira do río Miño, nunha contorna natural privilexiada e fronte á localidade portuguesa de Monção, as termas ofrecen unhas vistas espectaculares do seu recinto amurallado. 
🌿 Un auténtico remanso de paz, perfecto para relaxarse, gozar das augas e desconectar mentres contemplamos o río Miño e a natureza que nos rodea.
💧 Unha viaxe que comeza cá chuvia, continúa polo interior do granito e remata nas marxes do Miño, nun dos recunchos máis especiais de Salvaterra de Miño.

📍 Termas de Teáns | Oleiros, Salvaterra de Miño
ℹ️ Horarios, prezos e condicións de aceso:
🌐 turismo.concellodesalvaterra.org/termas
📞 886 66 15 01
#SalvaterraDeMiño #DescubreSalvaterra #TurismoSalvaterra #TermasDeTeáns #Termas #RíoMiño #Monção #Patrimonio #Xeoloxía #Turismo #Galicia taken in Salvaterra de Miño by @concellodesalvaterra
0
3 days ago
Download
⚽️ Fin de semana de fútbol by @concellodesalvaterra
0
3 days ago
Download
🌿 O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INVESTE PRETO DE 19.000 EUROS EN MAQUINARIA PARA REFORZAR A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

• O Goberno municipal licita a adquisición dun tractor rozadoira 4x4 compacto e dúas rozadoiras eléctricas para limpar franxas de seguridade e contornos dos núcleos de poboación.

• O proxecto está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea a través do programa Galicia Feder 2021-2027 e as empresas teñen ata o 19 de outubro para presentar ofertas.

O Concello de Salvaterra de Miño continúa reforzando a protección do territorio e a seguridade da veciñanza coa adquisición de nova maquinaria destinada á prevención de incendios forestais, por un importe total de 18.755 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 19 de outubro a través do Perfil de Contratación do Estado.

A contratación realízase ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para dotar os concellos de maquinaria destinada aos traballos de limpeza e roza. O proxecto está cofinanciado nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (PR486F).

O obxectivo é reforzar os labores de eliminación de biomasa e control da vexetación inflamable en espazos públicos, zonas verdes, bordos de estradas e, especialmente, nos contornos dos núcleos de poboación e sendas municipais, contribuíndo así á creación e mantemento de zonas que actúan como cortafogos.

O contrato inclúe a adquisición dun tractor rozadoira 4x4 compacto, deseñado para acceder a zonas de difícil paso e realizar traballos de corta e trituración de matogueira cun ancho de corte de ata un metro. Polas súas dimensións, poderá ser transportado facilmente en remolque e permitirá realizar os traballos de forma máis rápida e eficiente.

A dotación complétase con dúas rozadoiras eléctricas para realizar traballos de repaso e eliminación da vexetación naquelas zonas que requiran unha intervención máis precisa e sostible.

Con esta nova maquinaria, o Concello mellora a súa capacidade operativa para desenvolver durante todo o ano tarefas de mantemento e prevención, contribuíndo a manter unha contorna máis limpa e protexida fronte ao risco de incendios. by @concellodesalvaterra
0
3 days ago
Download
🛍️ Venres de Consumo Responde

 📆 9 🕰️ 12:30 h
➡️ Prácticas agresivas na venda en liña

📆 23 🕰️ 12:30 h
➡️ O novo marco estratéxico de Consumo 2026-30 en Galicia

💻 Únete ás videoconferencias a través da ligazón dispoñible na nosa web: https://consumo.xunta.gal by @concellodesalvaterra
0
3 days ago
Download
🩵 Hoxe 8 de outubro, Día Internacional da Dislexia, damos visibilidade á dislexia e á importancia de comprender e apoiar as diferentes formas de aprender.

Para sumarnos a esta xornada de concienciación, iluminamos o Concello de Salvaterra de Miño de azul turquesa. by @concellodesalvaterra
0
4 days ago
Download
🎨 A Asociación Veciñal Xerme de Cabreira organiza clases de pintura para todos os niveis os martes ás 18:30 horas. by @concellodesalvaterra
2
4 days ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up