Instagram story viewer> @conchi.dasilva> Posts
880
followers
998
following
📚 Fisuras e Calidoscopio
🎹 Coordinadora Festivais👇🏻
Gratia Plena
Pórtico do Paraíso
Santa Cristina in musica
POSTS STORIES REELS TAGGED
Tema: Santa Cecília
Local: Igreja de Santa Cristina de Ribas de Sil - Parada de Sil - Ourense - Espanha 🇪🇸 

#guitarraportuguesa #galicia #ourense #paradadesil #fado taken in Parada Del Sil, Galicia, Spain by @conchi.dasilva
9
13 days ago
Download
Marabilloso concerto de guitarra flamenca o sábado pasado no mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil!! ❤️🔥🔥

Foi todo un luxo recibir ao guitarrista Álvaro Martinete - Premio SGAE Paco de Lucía - no que era o seu primeiro concerto en Galicia e que fixo un recital impresionante! Non temos palabras que definan o que alí se viviu. O público era consciente de que estabamos ante un músico verdadeiramente excepcional 🌟🌟🌟

Esta quinta edición foi intensa e máxica, un diálogo musical que conectou a lindísima guitarra portuguesa de Ricardo J.Martins @ricardoj.martins co flamenco máis puro de Álvaro Martinete @alvaromartinete 
Grazas aos dous!! 🌺❤️🔥

Moitísimas grazas tamén ao Concello de Parada de Sil (Ourense) por todo o seu apoio - especialmente á Concellería de Turismo @paradadesil.turismo e ao resto de colaboradores que fan posible que este proxecto siga adiante: Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra @ribeirasacract INORDE @inordeourense Asociación Pórtico Musical @porticomusical e Adega Ponte da Boga @pontedaboga 
Un agradecimento especial a Musical González @gonzalezmusical por toda a súa axuda 👏🏻👏🏻👏🏻

A pensar na sexta edición!! 🌺❤️

#musica #patrimonio 
#guitarra #festival 
#galicia by @conchi.dasilva
2
18 days ago
Download
Fantástico recital o do pasado sábado en Santa Cristina de Ribas de Sil @paradadesil.turismo 🌺
O guitarrista portugués Ricardo J. Martins @ricardoj.martins interpretou temas tradicionais e propios nun programa cheo de emoción e sensibilidade ❤️ 
Os sons da guitarra portuguesa e a súa mestría, nun espazo tan especial fixeron de novo que fose unha experiencia inesquecible! 
Obrigado! 🌟💫

O sábado nova cita deste “diálogo musical na Ribeira Sacra”. Recibimos nada máis e nada menos que ao guitarrista flamenco Álvaro Martinete @alvaromartinete no que será o seu primeiro concerto en Galicia 🌺🌟
Desexando que chegue!! 

Entradas en Musical González (Ourense) @gonzalezmusical e na web santacristinainmusica.eventbrite.com

Organiza Concello de Parada de Sil 
Colaboran Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Inorde, Asociación Pórtico Musical @porticomusical 
e Adega Ponte da Boga 

#festival #musica 
#patrimonio #guitarra 
#galicia by @conchi.dasilva
0
a month ago
Download
Todo listo para a quinta edición de Santa Cristina in musica - un diálogo musical na Ribeira Sacra 🌺💫

Nesta ocasión queremos aportar o noso gran de area á candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra con dúas propostas de música de raíz recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio Inmaterial da Humanidade ❤️

Este sábado 19 ás 18:30h o guitarrista portugués Ricardo J. Martins @ricardoj.martins fará un percorrido por temas populares e propios no programa “A voz da Guitarra Portuguesa”. Un recital emocionante e moi especial! 🌟✨

O sábado 26 á mesma hora será a cita co flamenco, da man de Álvaro Martinete @alvaromartinete Premio Bordón Minero no Festival Internacional del Cante de Las Minas de La Unión e Premio SGAE Paco de Lucía 🌺🌺
Unha oportunidade verdadeiramente excepcional!!

Vémonos no Mosteiro de Santa Cristina! 💫❤️

Organiza Concello de Parada de Sil @paradadesil.turismo 
Colabora Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra @ribeirasacract 
INORDE @turismoprovinciaourense 
Asociación Pórtico Musical @porticomusical 
Adega Ponte da Boga @pontedaboga 

#musica #patrimonio
#ribeirasacra 
#guitarra #festival by @conchi.dasilva
0
a month ago
Download
A poucas semanas da quinta edición de Santa Cristina in musica “un diálogo musical na Ribeira Sacra”, que este ano aposta por reforzar a candidatura a Patrimonio Mundial da Humanidade programando músicas de raíz ibérica xa recoñecidas como tal pola UNESCO ✨💫

O sábado 26 de setembro ás 18.30h teremos a oportunidade excepcional e única de recibir ao guitarrista Álvaro Martinete @alvaromartinete unha estrela do flamenco que presenta novo CD: Sonidos de mi guitarra 🌟❤️

Álvaro ten numerosos premios e galardóns, entre os que destacan o Premio “Bordón Minero” 2021 no Festival Internacional Cante de las Minas de La Unión e o Premio Paco de Lucía da SGAE 2024. 

Todo un luxo!! Non volo perdades! 🌺

Entradas online en santacristinainmusica.eventbrite.com e tamén en Musical González (Ourense) @gonzalezmusical 

Santa Cristina in musica é unha iniciativa do Concello de Parada de Sil, na Ribeira Sacra ourensá @paradadesil.turismo e conta co apoio do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra @ribeirasacract do INORDE @inordeourense da Asociación Pórtico Musical @porticomusical e da Adega Ponte da Boga @pontedaboga 👏🏻👏🏻

#musica #guitarra #festival 
#patrimonio #cultura by @conchi.dasilva
0
2 months ago
Download
Comeza a conta atrás para a quinta edición de Santa Cristina in musica, que este ano quere apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade con músicas de raíz ibérica xa recoñecidas pola UNESCO 🌟🌟🌟

O sábado 19 de setembro ás 18.30h o guitarrista portugués Ricardo Martins @ricardoj.martins presentará o programa “A voz da guitarra portuguesa”, un percorrido por temas tradicionais, arranxos e temas propios, nunha proposta que amosa a versatilidade do instrumento, alma da cultura do país veciño 💚❤️

Habitual dos escenarios portugueses e de medio mundo, Ricardo trae ao mosteiro de Santa Cristina ese son inconfundible e único 🥰❤️

Non faltedes!!

Santa Cristina in musica está organizado polo Concello de Parada de Sil (Ourense) @paradadesil.turismo e conta co apoio do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra @ribeirasacract do INORDE @inordeourense da Asociación Pórtico Musical @porticomusical e da Adega Ponte da Boga @pontedaboga 👏🏻👏🏻

Entradas en eventbrite.com e Musical González (Ourense) 

@alvaromartinete 
#musica #cultura #guitarra 
#festival #patrimonio by @conchi.dasilva
1
2 months ago
Download
19 de Setembro em Parada de Sil - Galiza :) 

Será pelas 18:30h no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas

@conchi.dasilva 
@paradadesil.turismo 

#galicia #paradadesil #fado #guitarraportuguesa #galiza taken in Ourense, Galicia, Spain by @conchi.dasilva
2
2 months ago
Download
Esta mañá presentamos a quinta edición de Santa Cristina in musica - un diálogo musical na Ribeira Sacra!! 🌟🌺

Este ciclo ten lugar no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, unha auténtica xoia do Románico, e está organizado polo Concello de Parada de Sil (Ourense) @paradadesil.turismo 

Os concertos serán o sábado 19 e o sábado 26 de setembro ás 18:30h, e os convidados son Ricardo Martins “A voz da guitarra portuguesa” @ricardoj.martins e o guitarrista flamenco Álvaro Martinete, Premio SGAE Paco de Lucía 2024 @alvaromartinete 🔥❤️🔥

Estes representantes da tradición cultural e musical ibérica, recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, conectan asi a quinta edición do festival coa candidatura da Ribeira Sacra a dito recoñecemento, que se resolverá a finais de xuño 🌟🌟🌟

Santa Cristina in musica conta coa colaboración do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra @ribeirasacract do INORDE @inordeourense da Asociación Pórtico Musical @porticomusical e da Adega Ponte da Boga @pontedaboga 👏🏻👏🏻👏🏻

Grazas por facelo posible un ano máis e grazas tamén ao Concello de Parada de Sil, en especial ao seu alcalde Aquilino Domínguez polo seu firme apoio á cultura! 🙏🏻❤️

#cultura #patrimonio #ribeirasacra 
#musica #flamenco by @conchi.dasilva
2
4 months ago
Download
XIX Festival Pórtico do Paraíso 2026 🌸🌺🌼

Entre esas persoas do público están parte dos que nos apoian, empresas que tamén fan posible que sigamos existindo. 
Grazas!! 🙏🏻❤️❤️👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻

COREN @elmejorensucampo 
Musical González @gonzalezmusical 
Adega JOAQUÍN REBOLLEDO @adegajoaquinrebolledo 
FEDEROPTICOS Óptica Moderna @federopticos_opticamoderna 
IVAN RODRÍGUEZ @ivan_entrenador 

Dirixe @juanenriquemiguens 
Coordina @conchi.dasilva 

#festival #musica 
#patrimonio #ourense 
#galicia by @conchi.dasilva
0
5 months ago
Download
XIX Festival Pórtico do Paraíso, maio 2026 🌸🌼🌺

Compartimos varias imaxes do que foi a 19ª edición do festival, así podedes facervos unha idea do que vivimos estes días tan intensos! 🔥🔥

Desde a Asociación Pórtico Musical queremos agradecer de corazón a todas e todos os que o facedes posible: aos nosos socios e patrocinadores, en especial á Deputación de Ourense @deputacionou e á AGADIC @industriasculturais pero tamén ao público que enche as salas en cada concerto e aos grupos e solistas que enchen os espazos de emoción e marabillosa música ❤️❤️❤️

Xa pensando no Pórtico 2027!! 🌟🌟🌟🌟🌟

Dirixe @juanenriquemiguens 
Coordina @conchi.dasilva 
Colabora @clinicadentalparracia 

Festival 2026:
@vandaliamusica 
@mariviblasco @alex.pernasm 
@manuelvilasrodriguez 
@alexalguacilpiano 
@cuartetoseikilos 

#musica #festival 
#patrimonio #ourense 
#galicia by @conchi.dasilva
0
5 months ago
Download
XIX Festival Pórtico do Paraíso, do 8 ao 17 de maio 2026 💫🌺

A nosa clausura vai ser espectacular unha vez máis! O último concerto desta 19ª edición é mañá domingo 17 ás 19h no Mosteiro de Santa María a Real de Oseira 🌸🌺

Este grandioso lugar, cuxo traballo de restauración mereceu o Premio Europa Nostra 1990, recibirá no seu refectorio ao Cuarteto Seikilos para pechar cun programa de luxo o Pórtico 2026 ❤️🌟

Os músicos do Seikilos interpretarán para nós tres “monumentos musicais” para esta formación: La oración del torero, de Joaquín Turina, o Cuarteto en fa maior, de Maurice Ravel e La muerte y la Doncella, de Schubert…marabilla pura!! 🔥❤️

Entradas en porticodoparaiso.com 🌟

Organiza @porticomusical 
Patrocinan @deputacionou e AGADIC @industriasculturais 
Colabora @clinicadentalparracia 
Dirixe @juanenriquemiguens 
Coordina @conchi.dasilva 

#festival #musica 
#patrimonio #concierto 
#galicia by @conchi.dasilva
1
5 months ago
Download
XIX Festival Pórtico do Paraíso, do 8 ao 17 de maio 2026 🌟🔥

Despois do marabilloso concerto de Mariví Blasco e Álex Pernas no Pazo de Vilamarín, a música volve a Ourense cidade, concretamente ao Salón Noble do Liceo, co esperado recital do pianista catalán Álex Alguacil @alexalguacilpiano Será o xoves ás 20h 🌟❤️

Álex fará un espectacular programa con obras de grandes compositores como Liszt, Schubert e Granados nun concerto que promete emoción e virtuosismo a partes iguais 🌟🌟🌟

Tomade nota!! Entradas en Eventbrite, Musical González e no Liceo! 🔥

Organiza @porticomusical 
Patrocinan @deputacionou e @industriasculturais 
Colabora @clinicadentalparracia 
Dirixe @juanenriquemiguens 
Coordina @conchi.dasilva 

#festival #musica #piano 
#concierto #galicia by @conchi.dasilva
0
5 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up