Instagram story viewer> @daviddalomba> Posts
1.1K
followers
920
following
"Probe Galiza, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ¡ai! tan hermosa"
POSTS STORIES REELS TAGGED
🇫🇷🇩🇪 Resumo dun Estrasburgo-Gengenbach-Triberg-Friburgo-Mainz onde me quedou o reloxo en Francia, onde nos cancelaron un tren, onde nos adiaron un vo nun aeroporto máis pequeno que o IFEVi que só tiña 3 destinos e onde o Celta perdeu 3-0, polo resto todo bastante ben.

Pd.: o dos alemáns e a puntualidade é un mito, unha milonga, unha estafa. taken in Friburgo by @daviddalomba
18
6 months ago
Download
BÉLXICA-GRECIA PARTE II
Gante-Tesalónica
🇧🇪🇬🇷 taken in Tessaloniqui, Greece by @daviddalomba
4
7 months ago
Download
BÉLXICA-GRECIA PARTE I
Bruxelas-Bruxas
🇧🇪🇬🇷 taken in Bélgica, Europa by @daviddalomba
7
8 months ago
Download
De non dar dúas voltas en educación física a pagar por correr os domingos. Quen lle ia decir ao neno de primaria incapaz de rematar as carreiras do magosto no Bouza Brey que 20 anos despois ia seguir sendo malísimo nisto, pero que ia desfrutar de cada quilómetro, e que cando os comparto con persoas chulísimas como estas... simplemente son feliz.

Cada un vive este deporte ao seu ritmo, desfrutando, porque algún día non poderemos facelo, e o bo de correr en equipo é que sempre vas ter alguén ao teu carón.

@runnerspv nos van a ver volver. by @daviddalomba
19
9 months ago
Download
Un verán chulísimo con xente moi guai 🙌✨ by @daviddalomba
13
2 years ago
Download
Unha excursión na que comezamos facendo que o barco tivese que volver atracar porque zarpaba sen nós, estivemos rodeados de mesetarios, supostamente vimos golfiños, e na que me queimei un pouco por non ter botado crema, xunto a tres persoas chulísimas nun evento canónico.

Pd: Chegade puntuais aos sitios e botade cremas solares que nunca están de máis. taken in Illa de Ons by @daviddalomba
8
2 years ago
Download
"A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila."

🩵❤️🤍 Unha bandeira, xigante, visíbel e orgullosa. A nosa bandeira, a nosa nación.

Esta pasada de video 🎥 que fixo @adrian.dianho tédelo completo no perfil de @galizanovacondado 

#DíaDaPatriaGalega by @daviddalomba
0
2 years ago
Download
Sirva esta foto como apreciación de que esta xente é chulísima taken in Combarro by @daviddalomba
2
4 years ago
Download
Como me vas falar da festa da historia en Ribadavia se nunca viñeches á Feira Tradicional dos Remedios? Como me vas falar dos globos de Capadócia se nunca viches os de San Miguel? Como me vas falar das alfombras persas se nunca coñeceches as alfombras de Corpus? Como me vas falar do Kilimanjaro se nunca subiches á Picaraña?Como me vas falar da ponte de Londres se nunca cruzaches a ponte de San Roque?  Como me vas falar do Volga se nunca te meteches no Tea? Como me vas falar de Pacha Ibiza se nunca entraches en La Fábrica? Como me vas falar de felicidade se non es de Ponteareas? #14FeiraTradicionalDosRemedios by @daviddalomba
9
4 years ago
Download
Combarro? Fascinante, espectacular, grandioso, fastuoso, e demais sinónimos que aparezan en Google, unha viaxe reveladora, uns canastros magníficos, unhas flores preciosas, un mar estupendo, unha arquitectura sensacional, un espazo deseñado para andar en bicicleta , non se escoitan ruidos de coches, unha comida típica da zona incríbel e uns compañeiros de viaxe que che fan pasalo ben esteas onde esteas, a verdade é que si, todo foi maravilloso, recomendo o sitio 100% e todas as cousas que se poñen en Instagram, pero se queredes saber a realidade buscádeme en Twitter. ALERTA SPOILER: se credes que o final dos Serrano foi decepcionante xa vos adianto que o mellor de ir Combarro foi rematar tomando algo en Ponteareas
SPOILER 2: Despois de Combarro tocou Sanxenxo, din que Deus non castiga dúas veces pero onte con nós cebouse máis que co @rcdeportivo 
#Combarro #turismoconmascarilla @acontadoroficial taken in Combarro by @daviddalomba
7
6 years ago
Download
Xaime o Soplón era agora Xaime o Cadáver. Facía 3 horas que o seu corpo aparecera descuartizado nun conxelador, e con el a miña única pista acababa de irse ao carallo. As mellores pistas atópanse nos peores tugurios, ionquis e camellos son unha boa fonte de información, pero naquel maldito pobo ninguén semellaba disposto a decir unha soa palabra. O manto de neboa que adoitaba cubrir a vila parecía agochar algo que todos os veciños sabían e que eu estaba moi preto de descubrir. 
Tan só oito días despois había de recordar aquela tarde na que aceptara o que nun principio era un simple caso de atopar unha rapaza que se  fugara da casa, 30000 pesetas pagadas por adiantado e a posibilidade de que ese fose o único caso dese mes foron as culpables de que me trasladase até un pequeno pobo onde se perdía o rastro. 
Eran as 20:15 dun 14 de novembro, estaba na habitación dun hostal de mala morte que había pola zona e que agora empregaba como despacho, un pequeno gato sen nome facíame compañía, sen fontes naquel intre non me quedaba máis que rematar o último cigarro e apurar a botella de bourbon antes de volver sair á rúa, sen saber que non volvería entrar nesa habitación. Uns ollos levaban días seguíndome sen que me decatase, aquel maldito caso ia acabar conmigo. taken in El Bronx by @daviddalomba
15
6 years ago
Download
Como decía o refrán? Detrás de todo gran villano hai un gran gato. Tíñano os máis malos malísimos, Blofeld en 007, o Doutor Maligno en Austin Powers, Argus Filch en Harry Potter (vale, aí non era tan malísimo, pero si o foi en Xogo de Tronos), Giovanni en Pokémon e seguro que até Darth Vader tiña un gato. Eu tamén teño un e neste confinamento ideei un plan para dominar o mundo.
Se queres coñecer o plan só tes que darlle like, mencioar a unha amiga/amigo e presentar un ticket de compra en Easy Wear Vigo (chico).
Pd: o número de vendedor que aparece no ticket ten que rematar en 6246
#Bala #Pizzigatos @loveoflesbian #EraUnGatoMuySiamésLeLlamabanBala #AllCatsAreBeautiful  #AdoptaNonMerques 
#DulceGatitoPareceUnaBolaDePiel #euquedonacasa by @daviddalomba
16
7 years ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up