Instagram story viewer> @desfoga_espacio> Posts
1.8K
followers
762
following
✨8, 9 e 10 de outubro✨
📍CAMBADOS
Un programa de mediación para cuestionar os poderes, as desigualdades e formas de vulneración dos dereitos humanos.
POSTS STORIES REELS TAGGED
⏰ FESTIVAL DESFOGA 2026! ⏰

Apunta: 8, 9, 10 OUTUBRO. CAMBADOS. Festival das Artes Vivas! ✨

Cambados será un lugar de encontro, memoria e transformación a través das artes vivas e a divulgación cultural. 

Convidamos a tomar posición sobre a vila, o corpo e a historia para compartir, cuestionar e transformar os relatos herdados. Memoria, lingua e empatía son os nosos eixos para esta edición. 

VEN E DESFOGA! 📢

• XOVES 8 | Apertura de Mnemotopía. Exposición na 
Casa da Calzada de @limia_crafts e @sepulcrafts

• VENRES 9 | O ritmo toma a rúa. 

· Benvida cuncanto. Pasarrúas guiado por @marcelodobode
· Performance de @razerxze na @salakrazzykray

• SÁBADO 10 | Memoria e corpo 

· Mar e iconas. Roteiro medieval con Elena Franesqui e Elara Elvira 

· Á Beira. @eva.scenica e @alejandrabalboa_ Praia de San Tomé 

· DISFORIA: 'Unha mancha de pel allea' @petraporterr «Unha obra para contar a verdade». Auditorio da Xuventude.

· Q de Quiz. @meiga_i e amigas. Un espectacular xogo de divulgación. Salón Peña.

Nas redes, @cataukelele , cómica e guionista, será A Cara de DESFOGA ✨

Nesta edición, unha nova xeración (@putxnenaza e @javi.z.castro ) collen o relevo para continuar ofrecendo un festival comprometido coas artistas galegas emerxentes, coa pluralidade, coa lingua, coa memoria LGBTQ+  e coa posta en valor do patrimonio local.

Co apoio de @industriasculturais
@deputacionpontevedra
@igualdadecambados

🗺️ @visual.paulina.funes
 
#festival #arte #performance #galicia #artista Cartaz do festival Desfoga. 

Imaxe aérea do porto de Cambados coas cores invertidas. 

Transcripción de texto: 
Festival de artes vivas. DESFOGA. 8, 9 10 outubro 2026. 

XOVES 8: Apertura da exposición Mnemotopía
Casa da Calzada, 13h

VENRES 9. A música toma a vila.
Benvida cuncanto  pasarrúas e pasabares, 
raze — concerto na Krazzy Kray, 22:30h

SÁBADO 10 — Un día para vivir, pensar e compartir

Mar e iconas — Roteiro cultural con Elena Franesqui e LiMiA Crafts
Casa da Calzada, 12:30 h

Á Beira — Eva Comesaña e Alejandra Balboa
Praia de San Tomé, 19h 

DISFORIA: Unha mancha de pel allea — Petra Porter
«Unha obra para contar a verdade»
Auditorio da Xuventude, 20:30h

Q de Quiz. Meiga-i e cía
Un espectacular xogo de divulgación. Salón Peña, 23h taken in Cambados by @desfoga_espacio
6
a month ago
Download
☆☆☆ Sábado de DESFOGA ☆☆☆

Disfrutamos do roteiro performático con @sepulcrafts @limia_crafts e a participación de @marcelodobode, sempre dispostes a sacarnos unhas coplas.

Fomos á praia para ver Á Beira, unha actuación de danza moi especial da man de @eva.scenica e @alejandrabalboa_ que adicamos dende aquí ás mariscadoras de Cambados 💖

Continuamos a xornada compartindo DISFORIA: unha mancha de pel allea de @petraporterr, resultado de múltiples residencias artísticas entre as que está DESFOGA e no que se xerou un espazo para a conversa sobre corpos, disidencias e soños. Rematamos no auditorio bailando con @herpes_bazaar que amenizou esta estrea co seu ecléctico son.

Para rematar a xornada fomos xogar todes xuntes a Q de Quiz, un espectáculo divulgativo de @meiga_i para facer memoria e, sobre todo, pasalo ben.

Agradecementos a moitísima xente! A Juan e Gus, técnicos de son; a @igualdadecambados por poñer á nosa disposición os medios para que este festival saia adiante, a @paco_lola, ao @circusnova_ , ao @hotelospazos e todas as persoas que participaran de calquera forma.

💖💖💖💖💖

DESFOGAAAA! by @desfoga_espacio
0
6 days ago
Download
Así foi o venres de DESFOGA

Percorrimos as rúas da man de @marcelodobode cheas de cante, baile e goce.
Grazas a @send_coro e @osondapandeireta pola súa participación neste percorrido, foi un pracer recibirvos.

Acabamos a xornada coa performance de @razerxze na @salakrazzykray que nos puxo a suar a todes ☄️

Moitas grazas a quen se achegou, a quen se animou a participar e cantar connosco. Grazas por desfogar! 

🎥 @somosklasikos by @desfoga_espacio
5
7 days ago
Download
Arranca o festival DESFOGA 2026 inaugurando Mnemotopía, a exposición de Elara Elvira (@limia_crafts) e Elena Franesqui (@sepulcrafts) que poderedes disfrutar na Casa da Calzada ata o día 14 de outubro. 

Agradecemos ao Concello de Cambados, á concellería de igualdade, á Deputación de Pontevedra, AGADIC e os medios de comunicación a súa participación na rolda de prensa.

Hoxe tomamos as rúas con Marcelo Dobode e acabaremos dazando con raze. Non vos perdades nada!

📷 @visual.paulina.funes by @desfoga_espacio
0
10 days ago
Download
Aínda non quedou claro? É esta fin de semana, é en Cambados e vai haber de todo a toda hora! 

Xoves 8 - Casa da Calzada 
Comezamos a exposición Mnemotopia de @limia_crafts e @sepulcrafts 
Que durará ata o 14 de outubro

Venres 9
20:00 Pasarrúas da man de @marcelodobode 
22:30 Performance de @razerxze en @salakrazzykray 

Sábado 10 
12:30 Roteiro historico de @sepulcrafts e @elaraelvira. ⚠️Ollo, reserva a túa praza na Oficina de Turismo. 
19:00 Á Beira de @eva.scenica e @alejandrabalboa_ na Praia de San Tomé
20:30 DISFORIA: unha mancha de pel allea de @petraporterr no Auditorio de Cambados 
21:30 Cea e Dj na Praza da Xuventude 
23:00 Q de Quiz con @meiga_i &co no Salón Peña

Non vos perdades nada!

DESFOGA | Festival de artes vivas 

#festival #artista #Cambados taken in Cambados by @desfoga_espacio
3
12 days ago
Download
Ola, eu son Cata, a caradura do DESFOGA 2026! 💥

Apunta: 8, 9, 10 de outubro en CAMBADOS. 
DESFOGA | Festival das Artes Vivas! ⏰

Un lugar de encontro, memoria e transformación a través das artes vivas e a divulgación cultural. 

• XOVES 8 | Apertura da exposición. 

• VENRES 9 | A música toma a rúa. 

• SÁBADO 10 | Memoria e corpo. 

VEN E DESFOGA! 📢

#festival #artesvivas #instamood #Galicia #artista taken in Cambados by @desfoga_espacio
4
12 days ago
Download
Último adianto do Festival DESFOGA 2026! 💥💥💥

@cataukelele é cómica e guionista curtida en Santiago de Compostela. A eterna "rookie" con máis de 12 anos de actuacións ás súas costas en Galicia, Madrid, Alacante, Valencia, etc. 

Cata é “o Jackass cultural definitivo". Brindará ao Festival o seu humor acedo, fresco e dinámico. ✨

Veremos esta edición do festival DESFOGA a través da súa ollada en redes sociais: ela é a Cara de Desfoga 2026! 

DESFOGA en Cambados | Festival de Artes Vivas 
📍8, 9, 10 de outubro

🎨 @visual.paulina.funes

#video #artesvivas #Cambados #instadaily #comedia taken in Cambados by @desfoga_espacio
8
14 days ago
Download
Q de Quiz: Pon a proba a túa memoria! ✨💭

Xogo cabaret | Salón Peña | 23h 

@meiga_i presenta un espectacular xogo de divulgación histórica: números musicais, preguntas e probas de habilidade para recuperar a memoria LGBT+ galega. 

📜👀 Cando está datada a primeira unión entre dous homes en Galicia?  A) 2011 B) 1061 C) 1901

O público, convertido en concursante, entra nun xogo no que o saber pode provocar pracer e onde a marxinación se transforma en celebración da resistencia. 

Entradas na billeteira: 6€

DESFOGA | Festival de Artes Vivas
📍8, 9, 10 de outubro en Cambados!

| 🎨 @visual.paulina.funes

#divulgación #historia #cabaret #galicia #dragshow taken in Salón de congresos José Peña  Cambados by @desfoga_espacio
6
14 days ago
Download
Unha obra para contar a verdade

Teatro | Auditorio da Xuventude | 20:30 h

«Como é iso de estar na cabeza dunha persoa disidente de xénero? Se non é unha enfermidade, que é a disforia? Por que me sinto extraña?» 

@petraporterr (Petra Iglesias Gallego) tráenos unha mostra da súa próxima peza baseada nunha investigación que continúa sobre a disforia. 

Á saída, teremos DJ set e comida na Praza da Xuventude. 

Entradas na billeteira: 6€

DESFOGA | Festival de Artes Vivas 
8,9,10 de outubro. Cambados 

#performance taken in Auditorio Municipal De Cambados by @desfoga_espacio
6
17 days ago
Download
Danza. Creación colectiva | Praia de San Tomé | 19h

«Á beira » ou como (re)situar o corpo na ribeira é unha experiencia artística colectiva que conecta o sector do marisqueo a pé coa linguaxe da danza. Busca abrir un espazo de diálogo e experimentar novas formas de relación, acompañamento e creación compartida. 

Entrada libre. 

Unha iniciativa que reúne mariscadoras a pé, investigadores e artistas para repensar o este oficio artesanal e imaxinar futuros sostibles. 

Sobre as artistas: 

@eva.scenica é bailarina, creadora, docente, xestora cultural e Dj. 

@alejandrabalboa_ é licenciada en Coreografía e Interpretación pola Escola Superior de Dança de Lisboa.

DESFOGA | Festival de Artes Vivas 
8 9 10 outubro | Cambados 

#danza #artesvivas #mujeresenlahistoria #oficios #mar taken in Cambados by @desfoga_espacio
2
18 days ago
Download
Roteiro cultural | Casa da Calzada | 12:30h 

«Mar e iconas: unha conversa lúdica co patrimonio de Cambados dende o presente» 🗺️👣

A iconografía medieval é divertidísima! 🤩

Este roteiro — conducido por un particular xograr viaxeiro no tempo —  é unha visita guiada e participativa polo patrimonio histórico-artístico de Cambados.

Partindo da Casa da Calzada, visitaremos os lugares emblemáticos de Cambados (San Francisco, Santa Mariña Dozo, etc) e a exposición «Mnemotopía». 

Unha experiencia fascinante para coñecer o poder da iconografía medieval cunha visión actual en compañía de Elena Franesqui e Elara Elvira (@limia_crafts ), artistas e medievalistas. 

⏰ Duración: 60- 90 minutos
📝 Inscrición: reserva de praza na Casa da Calzada ou 
escribíndonos a DESFOGA. 
💶 Entrada: 6€ 

Elena Franesqui / @sepulcrafts é intérprete do patrimonio e guía museística. Historiadora da arte especialista en Historia Contemporánea. Conecta con humor a historia da arte coas estéticas pop e underground actuais. 

A exposición «Mnemotopía» pode visitarse na Casa da Calzada do 8 ao 14 de Outubro. 

DESFOGA - Festival de Artes Vivas | 8 · 9 · 10 OUTUBRO en CAMBADOS

🎨 @visual.paulina.funes
#patrimonio #cambados #historia #lesbianart #supportsmallartists taken in Oficina Municipal de Turismo by @desfoga_espacio
1
20 days ago
Download
Performance | Krazzy Kray | 22:30h 

raze chega a DESFOGA - Festival de Artes Vivas 
8 · 9 · 10 OUTUBRO en CAMBADOS 📢 💥

🆓 Entrada libre na sala @salakrazzykray 💖

@razerxze é unha artista multidisciplinar queer de Vigo. O seu concerto mestura electrónica, pulsos de club, ritmos caribeños e pop contemporáneo. A súa música combina capas sintéticas, percusión rítmica e melodías envolventes, construíndo un universo onde dialogan son, corpo e imaxe. 

A súa investigación artística baséase na tensión entre opostos: o orgánico e o electrónico, escuridade e luz, feminidade e masculinidade.

DESFOGA con raze en Cambados! 📢

Foto orixinal: @candelabalboaphoto
🎨 @visual.paulina.funes

#artistasemergentes #performance #festivaldesfoga2026 #galicia #music taken in Krazzy Kray by @desfoga_espacio
15
20 days ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up