Instagram story viewer> @editorasgalegas> Posts
2.5K
followers
109
following
Representación do sector editorial de Galicia
Perfil actualizado co apoio de @culturadadeputaciondacoruna
📚 #Unhaediciónpoderosa
🎥 👇👇
POSTS STORIES REELS TAGGED
Espazo Lectura, candidata ao Premio Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2027

Por proposta de @somosgalix, Espazo Lectura entra na listaxe oficial de candidaturas ao premio #ALMA dentro do apartado #promoterofreading dedicado á promoción da lectura. 

Unha oportunidade que dará proxección internacional a un proxecto que leva anos facendo dos libros un lugar de encontro. Desde Gondomar e o Val Miñor, Espazo Lectura construíu unha comunidade na que crianzas, mocidade e persoas adultas comparten historias, conversas e afectos arredor da #lectura.📕

O fallo do premio coñecerase o 6 de abril de 2027 no marco da @bolognachildrensbookfair. 

Espazo Lectura recibira o Premio Liber en 2024, outorgado pola @federacioneditores por proposta da Asociación Galega de Editoras, na categoría á mellor iniciativa de fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público para poñer en valor o seu apoio permanente ao fomento da lectura a través dun conxunto de actividades nas que o libro sempre está presente.

Parabens! 👏

Listaxe oficial das candidaturas ao ALMA: https://alma.se/en/nomination/candidates/nominated-candidates-2027 

📷 espazolectura.gal

#astridlindgrenmemorialaward2027 #espazolectura by @editorasgalegas
0
a day ago
Download
A directiva da Asociación Galega de Editoras manifesta un profundo pesar polo pasamento de Xosé Manuel Beiras, membro do consello de dirección da editorial @laiovento. Fonda aperta á súa familia e amizades 🖤 

📸 web Laiovento by @editorasgalegas
0
8 days ago
Download
A Asociación Galega de Editoras reforza a súa presenza internacional na Feira Internacional do Libro de Frankfurt do 7 ao 11 de outubro 📝 

En colaboración con @cedroenlinea , a presenza da AGE na @buchmesse contará un ano máis con espazo propio dentro do stand da @federacioneditores, posto a disposición das editoras desprazadas: @cumioeditora , @edicionsembora , @kalandraka_editora , @triqueta_editora. Ademais, #Rodeira e @edicionsxeraisdegalicia estarán representadas no espazo de @grupoedebe e @anayainfantil, respectivamente, e @arnoiadistribucion cun módulo propio.

A edición galega poderá desenvolver a súa axenda no evento máis importante da industria editorial en venda de dereitos para establecer e fortalecer os contactos comerciais amais de explorar os perfís e os catálogos doutras editoriais.🤝 

Máis información: www.editorasgalegas.gal 
https://www.buchmesse.de/en

📸 web e logo da FBM26

#sectoreditorial #asociaciongalegadeeditoras #internacionalización #comercioexterior by @editorasgalegas
0
10 days ago
Download
Primeira xornada de actividade das editoras galegas na #LIBER2026

Agardámosvos no stand D154.

#editorasgalegas #edicion #librogalego #comercioexterior #internacionalizacion #librosdegalicia

@ferialiber @culturaxunta @cedroenlinea

Deseño imaxe stand: Pepe Barro by @editorasgalegas
1
17 days ago
Download
As editoras galegas participarán na LIBER 2026 do 29 de setembro ao 1 de outubro, en Fira Barcelona.

 
A Asociación Galega de Editoras estará presente na LIBER con stand propio, baixo o lema LIBROS DE GALICIA, en colaboración coa Xunta de Galicia e CEDRO.

Empresas participantes: Alvarellos, Creotz, Cumio, Ediciones del Viento, Embora, Galaxia, Hércules, Kalandraka, Mar Maior, Plutón Kids, Triqueta Verde, Xerais.

Agardámosvos no stand D154.

 

#editorasgalegas #edicion #librogalego #comercioexterior #internacionalizacion #librosdegalicia

@ferialiber @culturaxunta @cedroenlinea

Deseño imaxe stand: Pepe Barro by @editorasgalegas
0
18 days ago
Download
📚 Mañá chega o XXIII Simposio O Libro e a Lectura

Baixo o título «Apoio institucional ao comercio exterior do sector editorial», a Asociación Galega de Editoras organiza este encontro para analizar as oportunidades e ferramentas para a internacionalización do libro galego.

Ao longo da mañá abordaranse cuestións como a proxección internacional do libro, a importancia da tradución para acceder a outros mercados, as experiencias de empresas editoriais no exterior, as liñas de apoio das administracións públicas e a evolución das exportacións do sector editorial en Galicia e España.

📅 10 de setembro de 2026
📍 Auditorio do Consello da Cultura Galega
🕤 De 9:30 a 14:00 h

@culturaxunta @irllull @federacioneditores @fundaciofull @icex_ @gremieditors @culturagob by @editorasgalegas
0
a month ago
Download
A edición XXIII do Simposio O Libro e a Lectura que organiza a Asociación Galega de Editoras celebrarase o vindeiro 10 de setembro, no auditorio do @consellocultura, en xornada de mañá. 

Baixo o lema 📘 Apoio institucional ao  comercio exterior do sector editorial, estará dirixido ás editoriais galegas e contará con representantes de organismos para a proxección internacional do libro, como o Instituto Ramón Llull ou a Fundación Full de Valencia.

Analizaremos a importancia da tradución do libro para acceder a outros mercados e os casos de éxito de expedicións empresariais como as do Gremi d’Editors de Catalunya e do ICEX. 

Rematará a xornada coa participación das administracións públicas coa análise das liñas de apoio á internacionalización do sector editorial do Ministerio de Cultura e da Xunta, e farase unha comparativa e análise dos datos da evolución das exportacións do sector do libro España-Galicia a cargo da @federacioneditores e @culturaxunta. 

✍️ Inscricións: s.tecnica@editorasgalegas.gal

🖱️ Info. completa: www.editorasgalegas.gal

Deseño: Lucía Lago

#sectoreditorial #edición #comercioexterior #exportación  #librogalego by @editorasgalegas
0
a month ago
Download
Pechamos por vacacións 🐬 

Estaremos de volta o 1 de setembro. 

Felices lecturas! 📘 by @editorasgalegas
0
3 months ago
Download
O Encontro da Edición 2026, organizado pola @federacioneditores en colaboración coa Asociación Galega de Editoras (@editorasgalegas) e @cedroenlinea, reuniu esta semana en Santiago de Compostela a representantes da cadena do libro para compartir ideas e afrontar os grandes retos do sector.

A intelixencia artificial, o relevo xeneracional, a formación, a cooperación internacional e a defensa dos dereitos de autoría foron algúns dos temas protagonistas dunha xornada marcada polo diálogo e a colaboración.

Grazas a todas as persoas e institucións que fixeron posible este encontro.

@culturaxunta @concellosantiago @consellocultura @culturagob @casaderosaliadecastro

#EncuentroDeLaEdición2026 #EncontrodaEdición2026
#SectorEditorial

📷 Selección de imaxes do acto de inauguración, mesas lix e linguas, visita ao bosque de Conxo by @editorasgalegas
0
3 months ago
Download
Pasou o día… mais non pasou a romaría! Sabes que aínda podes mercar os teus libros favoritos en galego cun 10% de desconto? 🎉

Achégate á túa libraría de referencia e rebélate: compra un libro en galego! 📚 🔥

#LetrasGalegas2026 #LerEnGalego by @editorasgalegas
1
5 months ago
Download
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 🎉 Hoxe celebramos a Begoña Caamaño e a todas as persoas que fan posible que a nosa lingua siga viva nos libros. 

Hoxe é o día: rebélate! Merca en galego, le en galego, vive en galego. Aproveita o -10% de desconto (lembra que tamén aplica o 18 de maio)! 📚✨

#LetrasGalegas2026 #LerEnGalego by @editorasgalegas
0
5 months ago
Download
TODO PREPARADO! 📣 Mañá é o Día das Letras Galegas. Visita a túa libraría os días 17 e 18 e goza dun 10% de desconto en todos os libros en galego. 

É o momento de regalar(te) cultura, de regalar(te) alegría, de regalar(te) historias inesquecibles. Vémonos nas librarías! 🎁💙

#LetrasGalegas2026 #LerEnGalego by @editorasgalegas
0
5 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up