Instagram story viewer> @escenagalega> Posts
4.3K
followers
383
following
🎭🩰🤹 Asociación galega de empresas de artes escénicas
POSTS STORIES REELS TAGGED
#EstreaEscenaGalega 🎭 @redrum_teatro presenta ‘Caídas’!

A nosa asociada recupera a historia das mulleres represaliadas polo Patronato de Protección de la Mujer durante o franquismo e a transición. Catro actrices dan voz a esta memoria silenciada nunha montaxe que aborda a represión, o medo e a culpa, pero tamén a resistencia e a dignidade.

Baixo a dirección de Marián Bañobre, con dramaturxia de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, a obra está protagonizada por Mela Casal, Sheyla Fariña, Neves Rodríguez e Raquel Crespo.

📍 Teatro Principal de Santiago de Compostela
🗓️ 22 e 23 de outubro de 2026

Moitos éxitos! ✨ by @escenagalega
0
2 days ago
Download
#EstreaEscenaGalega 👉 @teatrodeningures estrea ‘Telma & Lola’ no @fitoourense mañá xoves 15 de outubro.

🎭 Trátase dunha comedia con misterio criminal en formato podcast na que unha volta ao pasado acaba destapando segredos que levan vinte anos agochados.

Escrita por Daniel D. García e Sandra Lesta, con dirección de Salvador del Río, a montaxe está protagonizada por Iria Piñeiro, Fran Paredes, Casilda Alfaro e Mónica Camaño.

Máis datas da xira inicial:
📍 17 de outubro · Cangas
📍 23 de outubro · Vigo 
📍 30 de outubro · Moaña 

Moitos éxitos, equipo! ✨ by @escenagalega
0
4 days ago
Download
Nas Xornadas Profesionais de Escena Galega 2026 abordamos o presente e o futuro das artes escénicas no ámbito escolar. 📹 Velaquí un resumo do encontro!

Vídeo: @miguellamasfotografia 

🫱🏻‍🫲🏽 @culturadadeputaciondacoruna @padroadodacultura @concellodenaron by @escenagalega
1
5 days ago
Download
Ourense volve ser punto de encontro para as artes escénicas! 

Do 15 ao 25 de outubro, chega unha nova edición do @fitoourense, organizado pola nosa asociada @sarabelateatro 🎭

💻 fitoourense.com by @escenagalega
0
7 days ago
Download
#EstreaEscenaGalega 🎸 @tarabelacreativa estrea en Burela 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger', unha montaxe que parte dunha historia familiar para falar de memoria, identidade e herdanza, entre humor, música e realidade.

A historia do pai de Carmen Conde, especialista en dactiloscopia da Policía Xudicial, é o punto de partida desta peza escrita e interpretada pola propia @carmenconde_, xunto a @franlareu e @xosemanuel Esperante, baixo a dirección de Avelino González (@xavelino).

Unha historia de pais, fillas, crimes, lembranzas e Rolling Stones que, dalgún xeito, tamén fala de como construímos as historias que herdamos.

📅 9 de outubro - 21:00 h 
📍 Casa da Cultura de Burela - @concellodeburela

👏 Parabéns a todo o equipo! by @escenagalega
1
10 days ago
Download
No marco dos nosos 'VIEIROS', rede de colaboración con proxectos locais, este ano desde o @fiotcarballo (Galicia) propóñennos un taller de coro teatral con ButacaZero, compañía asociada a Escena Galega. 

Búscanse nais do municipio ou arredores para participar no proceso de creación do seu novo espectáculo 'LoitaMADRE'. Partindo da loita das nais contra a droga en Galicia, a compañía analiza as grandes loitas históricas de nais e pon en valor as heroínas cotiás que logran o cambio desde abaixo.

📧Inscricións en fiot.carballo@gmail.com by @escenagalega
0
11 days ago
Download
📸 A presidenta de Escena Galega, Eva Alonso, participou onte na presentación de 'Capitais senlleiras do teatro', o estudo da @academiagalegadeteatro que analiza a acción municipal en Galicia no ámbito das artes escénicas.

O estudo, presentado por Pilar López, técnica de Cultura do Concello de Foz, e Carlos Lorenzo, do Concello de Carral, aborda cuestións como o investimento por habitante, o número de funcións programadas e o uso dos circuítos existentes, como a RGTA.

Unha análise necesaria para coñecer mellor a realidade da programación escénica nos concellos galegos e seguir traballando para fortalecela.👏 by @escenagalega
0
11 days ago
Download
Un circuíto escolar galego para achegar as artes escénicas aos centros educativos.🔝 

Nas nosas xornadas profesionais deste ano Tone Martínez, vicepresidente da entidade e coordinador da comisión de traballo de públicos escolares. presentou o proxecto que desde Escena Galega estamos a desenvolver para poñer en marcha unha fase piloto no primeiro trimestre de 2027, con oito localidades das catro provincias.

A proposta combinará exhibición e mediación, buscando unha relación continuada entre compañías, centros educativos e alumnado.

Un paso máis para abrir espazos de programación ás compañías especializadas en público infantil e xuvenil e para que o acceso ás artes escénicas desde a infancia non dependa do código postal.

@padroadodacultura @concellodenaron @culturadadeputaciondacoruna by @escenagalega
2
12 days ago
Download
Onte asistimos aos III Premios Manu Lago do Novo Circo Galego en Santiago 🎪

Queremos dar os parabéns a todos os galardoados así como a @apcircogalicia pola organización. E, por suposto, á socia @xampatito_pato, que recibiu o premio a Mellor Espectáculo de Sala por 'Compaña'.

Felicidades! 🖤

Foto: @gorkarcophoto by @escenagalega
5
13 days ago
Download
✊ Que queda dunha loita cando pasan os anos?

A asociada @butacazero reúne un grupo de adolescentes e profesionais das artes escénicas para investigar, desde o corpo, a voz e a creación colectiva, a folga xeral que paralizou Vigo durante quince días en setembro de 1972.

‘1972’, coproducida por @teatrodelbarrio e @50enlibertad, pon en diálogo aquela historia coa mirada dunha nova xeración, recuperando voces e experiencias para preguntarse que nos chega daquela loita e que significado pode ter hoxe.

O proxecto inclúe un conversatorio interxeracional e un roteiro polos espazos que marcaron a folga. O resultado poderá verse na Sala Ártika os días 12 e 13 de novembro.

🗣️ Conversatorio: 8 de outubro, 19 h | @museomarcovigo
🚌 Roteiro en bus: 11 de outubro
🎭 Mostra final: 12 e 13 de novembro, 20 h | @artikaculturaearte by @escenagalega
1
13 days ago
Download
Nova estrea dunha das nosas asociadas: @artika.cia presenta ‘Isto non é un acto político’ 🎭 

Canto hai de fascista na nosa sociedade? Na nosa contorna? E en nós mesmos? Con humor, ironía e retranca, o espectáculo explora o auxe dos movementos neofascistas e as razóns polas que cada vez máis persoas se senten atraídas por eles. Un espello incómodo que nos invita a revisar as nosas propias certezas.

A montaxe está dirixida por @titoasorey, que asina tamén a dramaturxia xunto a @manuelcortes, e conta no elenco con Marcos Alonso, @rociosalgadoperez e Fernanda Barrio.

📅 2, 3, 4, 10 e 11 de outubro – 20.00 h
📍@artikaculturaearte - Vigo

👏 Parabéns a todo o equipo! by @escenagalega
1
17 days ago
Download
👌A cultura é un dereito. Tamén para a infancia.

A última mesa das xornadas profesionais de Escena Galega puxo sobre a mesa unha cuestión fundamental para avanzar cara a unha programación escénica escolar estable: a necesidade de vontade e compromiso político.

Falamos das condicións necesarias para consolidar estes proxectos e da importancia da coordinación entre os diferentes axentes e administracións, especialmente nunha iniciativa como o futuro circuíto escolar galego.

Unha conclusión que atravesou o debate: se queremos garantir o acceso das nenas e nenos ás artes escénicas, tamén precisamos que exista unha vontade institucional para facelo posible.

🎙️ Natividade de Jesús (deputada de Cultura da Deputación da Coruña), Nieves Lema (técnica de Cultura de Vimianzo), Mónica Rodríguez (alcaldesa do Concello de Vimianzo) e Gustavo del Río (Padroado da Cultura de Narón). Modera: Diego V. Meizoso.

@padroadodacultura @concellodenaron @culturadadeputaciondacoruna
@concellovimianzo @monicarodriguezordone @nieveslema @natividadedexesus

Fotos: @miguellamasfotografia by @escenagalega
0
17 days ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up