Instagram story viewer> @facelafest> Posts
5.7K
followers
3704
following
#FaCeLaFest10- 6, 7, 8 e 9 de Maio de 2026
💛 - Contacto: [email protected]
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
Abrimos para as festas de San Froilán. Non vos preocupedes, desde que pasen faremos unha inauguración en condicións! Con concerto e todo!

Desde este venres nace a Sala Facela en Lugo. by @facelafest
106
5 days ago
Download
🔥🔥🔥Horarios e espazos! 4 días, 4 lugares e 19 bolos! 🔥🔥🔥 taken in Lugo by @facelafest
37
5 months ago
Download
Chegar aos 10 anos, ás 10 edicións, non é doado, pero chegar coa ilusión da primeira aínda é máis difícil. Moi ledos de mostrarvos a décima edición do Facela Fest e desexando que a disfrutedes moito. Dez anos nos que o traballo, o cariño e o amor polo proxecto foron innegociables.
Este ano temos o luxo de poder contar con:
@templesofficial 
@shegomanda 
@australianblondeoficial 
@tabizarro 
@pacificabanda 
@axolotes_mexicanos 
@toldosverdes 
@bernalsomos 
@los.palms 
@ripship_ 
@sigiluband 
@_error97 
@filophobicas 
@fotocopia_____ 
@aeronaveadolescente 
@lasyhadys 
@the_foolans
@sapobufomusic 

O xenial cartel, coma sempre, é obra de @lachapera
Entradas en @ingresse.es e www.facelafest.com taken in Lugo by @facelafest
107
7 months ago
Download
Próximamente... by @facelafest
31
10 days ago
Download
Voltamos ao noso querido Clavi antes das festas! Desde as profundidades de México e cunha misión moi clara: facer vibrar o mundo coa enerxía do rock & roll, Los Moustros del Espacio Exterior fusionan o son clásico dos anos 50 e 60 cunha proposta moderna, enérxica, chea de actitude e paixón.
Cun obxectivo claro, levar a súa música a cada recuncho do planeta. Conquistaron algúns dos escenarios máis importantes de México e as súas dúas recentes xiras por Europa son testemuño da súa traxectoria, deixando pegada entre os seus espectadores.
Sobre o escenario, son unha explosión de enerxía, paixón e moito baile, unha viaxe directa á era dourada do rock & roll, cun toque que che fará sentir máis vivo ca nunca.

Así se fan chamar:
Alfonso «REY DRAGON» — Voz
Ilán «BIRDMAN» — Baixo e coros
Celso «LOBOLOCO» — Batería e coros
Mike «CRAZYLES» — Guitarra e coros
Harry «EL HURACAN» — Saxo tenor
Job «WOLFIE» — Piano

Artwork coma sempre de @lachapera taken in Club Clavicémbalo by @facelafest
6
11 days ago
Download
Mañá venres no #FacelaBar festexamos o noso 1° aniversario convidando ao famoso "chupiño facela".
Ademáis con cada consumición entraredes nun sorteo de dous abonos para o Facela Fest de 2027. As 00.30 sorteo, e as 00.31 os gañadores! by @facelafest
13
25 days ago
Download
Comezamos novo curso no noso querido Clavi con Plastic Family,  banda que acaba de comezar a sua andadura pero a cousa promete, e moito. Banda empeñada en devolver ao pop toda a súa forza, inspirados na época dourada deste estilo, desde Wings e Supertramp ata Big Star e Raspberries, combinan melodía, enerxía e doces harmonías nun son fresco e atemporal.
O grupo reúne músicos experimentados da escena underground neerlandesa:  Fleur, MOOON, The Colour Collection ou The Hook.  Xuntos, Giles Young, Fleur Elman, Jim Remers, Jan Kleijnef e Tom Bruins forman @plasticfamilyofficial , colectivo con cancións sólidas, melodías pegadizas e harmonías vocais irresistibles.
O seu primeiro sinxelo en formato 7”, “Love & Heartbreak in High School”, unha carta de presentación chea de enerxía, harmonía e espírito rock ’n’ roll.
Novo curso, volta a actividade! Esperamos vervos a todas e todos! 

🎵 Plastic Family - Love & Heartbreak in High School 

Artwork de @lachapera

@club.clavicembalo 
@knocknockbooking by @facelafest
7
a month ago
Download
Nada que engadir! by @facelafest
0
2 months ago
Download
Este será o horario que teremos este verán!
Non vos esquezades de vir! taken in A Tinería, Lugo by @facelafest
1
3 months ago
Download
Non hai nada mellor que facer cousas con amigos!
Este domingo ás 20h (puntualidade británica) imos co último concerto da tempada. @madfoxesband veñen desde Nantes (Francia) cun directo cheo de enerxía. Inspirados por bandas como Idles e Fontaines D.C, a banda xoga con influencias do post-punk e o grunge dos 90.

Unha bandaza co selo da emisora KEXP. Presentan o seu último EP, Tenderness, e chegan a Galicia dentro dunha xira organizada no marco do 20º aniversario dos amigos de @festivalarteficial. Esta data no @club.clavicembalo facémola acompañados das tamén amigas de @aseara.gal.

Entradas na billeteira do Clavi e anticipadas en @ingresse.es

Artwork de @lachapera

🎵 Mad Foxes - Where Are We Now ? taken in Lugo by @facelafest
6
4 months ago
Download
Hoxe ‼️‼️‼️

Ciencia e bar! Aghegádevos a esta proposta tan interesante que nos regalaron @agromar_docs e @pintofsciencees 

Ciencia  nos bares! 🫠❤️ by @facelafest
0
4 months ago
Download
Non imos esquecer estes catro días. Celebrar así o noso décimo aniversario foi un auténtico luxo, e iso foi grazas ao público, aos artistas, ás salas, ás traballadoras e traballadores, ás institucións, patrocinadores e colaboradores e tamén a todas as amigas e amigos que sempre están aí para botarnos unha man.

Foron catro días, 19 concertos increíbles (non exaxeramos) , catro espazos cheos, comida rica e, sobre todo, un ambiente xenial. Volveremos! GRAZAS!

Deixamos aquí a ligazón por se queredes recuperar os cartos que vos quedaron nas pulseiras. Se non facedes a devolución e queredes deixarnos unha propina, prometemos que estará moi ben investida: será en música en directo, será en cultura.

https://www.woutick.es/devoluciones-cashless/101852/123857

Link na bio! O martes 19 de Maio é o último día para solicitar a devolución. by @facelafest
52
5 months ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up