Instagram story viewer> @festigual> Posts
3K
followers
1365
following
O festival de todas
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
🎬 Así presentamos FESTIGUAL 2026!

💚 Onte demos o pistoletazo de saída a unha edición moi especial. Cumprimos 10 anos, e facémolo mirando cara a todo o vivido, pero tamén cara a todo o que aínda queda por facer.

🎭 Do 4 ao 19 de novembro, A Coruña volverá encherse de teatro, música, danza, artes visuais e propostas para todos os públicos coa inclusión como punto de encontro.

Grazas de novo ás participantes:

🔹 Nereida Canosa, vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade - @coruna_gal @corunasocial @fundemalcsa -

🔹 M.ª Arantzazu Escalada Sarabia, directora de Sostenibilidad, Relaciones Institucionales y Reale Foundation España - @realefoundation_es -

🔹 Belén Rey, directora de Relacións Institucionais da Fundación María José Jove e responsable do programa Cultura Accesible e Inclusiva e FESTIGUAL na FMJJ - @fundacionmariajosejove -

🔹 Ricardo Castro Santa Cruz, director de RSE e Calidade de Vegalsa-Eroski - @vegalsa_eroski -

🔹 Sol Agra Tuñas, deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña - @depucoruna -

Agora si: comeza a conta atrás para #FESTIGUAL2026. 👀

Moi pronto iremos descubrindo por aquí todo o que preparamos para celebrar estes dez anos.

📅 4—19 NOV
📍 A Coruña
📲 Programación completa en festigual.gal

FESTIGUAL, o festival de todas.

@coruna_gal @corunasocial @fundemalcsa @realefoundation_es @fundacionmariajosejove @vegalsa_eroski @depucoruna taken in A Coruña by @festigual
0
5 days ago
Download
📣 FESTIGUAL cumpre 10 anos!

💚 FESTIGUAL chega á súa décima edición celebrando unha historia colectiva construída arredor da cultura, a diversidade e a inclusión. Hoxe presentamos no Concello da Coruña a programación deste aniversario tan especial. 

🔟 Unha década que deixa máis de 160 actividades e espectáculos, arredor de 1.000 artistas, 126 entidades e profesionais implicados e máis de 14.000 participantes.

Na presentación participaron:

🔹 Nereida Canosa, vicepresidenta da Fundación Emalcsa e concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade - @coruna_gal @corunasocial @fundemalcsa -

🔹 M.ª Arantzazu Escalada Sarabia, directora de Sostenibilidad, Relaciones Institucionales y Reale Foundation España - @realefoundation_es -

🔹 Belén Rey, directora de Relacións Institucionais da Fundación María José Jove e responsable do programa Cultura Accesible e Inclusiva e FESTIGUAL na FMJJ - @fundacionmariajosejove -

🔹 Ricardo Castro Santa Cruz, director de RSE e Calidade de Vegalsa-Eroski - @vegalsa_eroski -

🔹 Sol Agra Tuñas, deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña - @depucoruna -

🎭 Do 4 ao 19 de novembro, FESTIGUAL volverá encher A Coruña de teatro, música, danza, artes visuais e propostas para todos os públicos, reunindo artistas, compañías e entidades sociais e culturais.

Celebramos dez anos facendo da cultura un lugar para todas. Xa podedes comezar a descubrir a programación desta edición en festigual.gal, a nosa web renovada 😉

🗓️ Do 4 ao 19 de novembro
📍 A Coruña
📱 Todas as novidades a través do hastag #Festigual2026

FESTIGUAL, o festival de todas.

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, a Vegalsa-Eroski, a Fundación María José Jove, Reale Foundation e a Deputación da Coruña. Xestiona Culturactiva S. Coop. taken in A Coruña by @festigual
3
7 days ago
Download
Nunha eclipse total de Sol experimentamos con todos os sentidos os cambios na luz, na temperatura ou nos sons da natureza.

As persoas con discapacidade visual poden seguir a ocultación do Sol coa axuda de dispositivos que converten os cambios de luz en sinais acústicas. Pero nada supera á emoción de compartir con outras persoas unha experiencia excepcional.

Material realizado coa colaboración de @festigual e @fundemalcsa by @festigual
0
2 months ago
Download
🟩🔷🟣 Comezamos cos preparativos do décimo aniversario do Festigual!

Esta mañá presentouse no Concello da Coruña o ciclo TRC Danza 2026, que levará ao Teatro Rosalía de Castro catorce espectáculos de danza contemporánea entre abril e decembro, con compañías galegas, nacionais e internacionais.

Na súa programación de outono, o ciclo volverá contar coa participación do Festigual. Será o 8 de novembro, coa peza Ngoma, de La Guajira. 

O ciclo foi presentado polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, xunto ao director do teatro, Paulo Rodríguez, Laura Seoane do IMCE e a directora e  xerente da Fundación Emalcsa, Bettina Kohlhaas.

Ngoma, de La Guajira no Festigual 2026! Vai reservando a data!

📍 Teatro Rosalía de Castro
🗓️ 8 de novembro
🕰️ 20:30 h
🎟️ Entradas á venda no despacho de billetes da Praza de Ourense, Ataquilla e no teatro o día da función
Festigual, o festival de todas.

👉 Segue as últimas novidades a través do hashtag #Festigual2026

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración do Concello da Coruña, Vegalsa-Eroski, Fundación María José Jove e Deputación da Coruña. taken in A Coruña by @festigual
0
6 months ago
Download
🟩🔷🟣 #AsíFoi a Gala Música Baixo as Estrelas 2025. 

Como imaxinades o décimo aniversario do #Festigual?
Nós xa estamos traballando para facelo realidade💜

Temos moitas sorpresas preparadas!

⏳⌛

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración do Concello da Coruña, Fundación Vegalsa, Fundación María José Jove e Deputación da Coruña. taken in A Coruña by @festigual
6
7 months ago
Download
📸 #AsíFoi o #Festigual2025 🎭🎶🎬

E con esta, foron nove edicións.

Unha traxectoria que nos deixa unha certeza: a sostibilidade cultural non ten atallos. Só pode construírse desde o apoio público e privado, desde a corresponsabilidade e desde a inclusión como base irrenunciable.

Non é casual que este proxecto nacese e se consolidase na A Coruña: unha cidade vangardista, aberta e comprometida que fixo do Festigual parte da súa identidade cultural 🏙️✨

Só nos queda darvos as grazas 🤍

E anunciar que en 2026 volverá o Festigual para celebrar o seu décimo aniversario 🎉

Temos moitas ganas de contarvos as novidades nas que estamos traballando.

Axiña… 👀✨

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración do Concello da Coruña, Fundación Vegalsa, Fundación María José Jove e Deputación da Coruña. taken in A Coruña by @festigual
2
8 months ago
Download
🟩🔷🟣 Grazas, A Coruña. Grazas, público. Grazas a todos os espazos que nos abrístes as portas.

O Festigual 2025 chega ao final despois dun mes no que a cidade enteira se converteu nun mapa de cultura accesible: máis de trinta actividades, unha decena de espazos, case dúas mil persoas participando e un tecido inmenso de entidades, artistas e colectivos que fixeron posible unha edición chea de vida.

Este ano chegamos a teatros, salas, hospitais, centros penitenciarios, colexios… porque a cultura tamén é isto: estar onde non sempre chega. Apostamos máis ca nunca pola educación, pola arteterapia, polo cinema como ferramenta de sensibilidade e por espectáculos que integran a accesibilidade desde a propia creación. E isto só funciona porque vós —o público— respondedes, apoiades e facédesno sentir que este camiño ten sentido.
Tamén queremos agradecer ás compañías e artistas que empuxaron connosco: demostrades que a accesibilidade non é un “extra”, é unha maneira contemporánea e poderosa de facer arte.

E aos espazos culturais da cidade: grazas por permitirnos transformar rutinas, abrir itinerarios inclusivos e facer que as medidas de accesibilidade sexan unha práctica natural.
Este ano tamén levamos a inclusión á comunicación, superando o medio centenar de impactos en prensa e cunha campaña dixital que xa achega a comunidade do Festigual a milleiros de persoas. Cada unha desas miradas suma.

En 2026 cumpriremos 10 anos. Unha década aprendendo, escoitando e construíndo xuntos unha idea sinxela pero radical: todas as persoas teñen dereito á cultura, sen excepcións.

Seguimos. Grazas por acompañarnos e por facer do Festigual, o festival de todas.

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración do Concello da Coruña, Fundación Vegalsa, Fundación María José Jove e Deputación da Coruña. taken in A Coruña by @festigual
0
10 months ago
Download
🟩🔷🟣 Así foi o concerto da Banda da Loba no #Festigual2025

Lovismo, un espectáculo que pasou pola bachata, polo pop e pola súa identidade máis literaria e combativa. Un concerto vibrante —tamén literalmente— no que o público puido desfrutar das mochilas vibratorias e da interpretación en LSE.

Un peche musical para o #Festigual2025 que nos deixa con ganas do seguinte!

Festigual, o Festival de todas!

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, a Fundación Vegalsa, a Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña. taken in A Coruña by @festigual
4
10 months ago
Download
Ayer una tarde noche increíble en @festigual 
Disfrutamos mucho, agradecera toa la organización por todo el trabajo que hacen cada año por una cultura accesible. 
@abandadaloba gracias por facilitarnuestro trabajo, por hacernos que seamos una más en la banda🐺

#accesibilidad #cultura #lenguadesignos #mochilasvibratorias by @festigual
4
10 months ago
Download
🟩 V Xornada de Arte e Saúde | Festigual 2025

Así foron as V Xornadas de Arte e Saúde: unha mañá chea de ideas que abren camiño. Escoitamos potencias que presentan proxectos reais, que traballan coa arte para mellorar vidas, e que nos lembran que hai moitas formas de acompañar, coidar e transformar.

Tivemos tamén talleres para mirar cara dentro, para entendernos un pouco máis e comprobar en primeira persoa a forza que ten a creación artística cando se utiliza como ferramenta de benestar.

E, por riba de todo, puxemos en valor disciplinas que cada día axudan a centos de persoas —tamén en espazos sanitarios como hospitais e centros de atención— demostrando que a arte non é só cultura: é saúde, é apoio e é futuro.

🟦 Grazas a todas as persoas profesionais, creadoras e participantes por facer destas xornadas un espazo necesario. E en especial a Rebeca Ponte e á Asociación Vita Caeli, que tanto empeño poñen cada ano nestas xornadas 🖤

Festigual, o festival de todas.

🔹 Do 5 ao 28 de novembro #ACoruña
👉 Segue as últimas novidades a través do hashtag #Festigual2025
📱 Programación completa en festigual.gal

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, a Fundación Vegalsa, a Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña.

#VXornadaArteESaude #ArteYSalud #Chuac #HospitalChuac #HospitalMaritimoDeOza @vita_caeli by @festigual
1
10 months ago
Download
🚂 150 anos da liña férrea A Coruña – Lugo

A Sociedade Filatélica da Coruña inaugura hoxe ás 18:30h unha exposición dedicada ao 150 aniversario da posta en marcha da liña férrea entre A Coruña e Lugo, aberta en 1875 e convertida no primeiro treito do futuro camiño cara Madrid. Un percorrido pola memoria ferroviaria a través da filatelia.

📅 Do 27 de novembro ao 15 de decembro
📍 Sala de Exposicións Municipal Salvador de Madariaga
🎫 Entrada de balde

Festigual, o festival de todas.

🔹 Do 5 ao 28 de novembro · #ACoruña
👉 Segue as últimas novidades co hashtag #Festigual2025
📱 Programación completa en festigual.gal

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración do Concello da Coruña, Fundación Vegalsa, Fundación María José Jove e Deputación da Coruña. by @festigual
0
10 months ago
Download
🟩🔷🟣 A Banda da Loba no #Festigual2025

A Banda da Loba chega ao Festigual coa xira Lovismo, un espectáculo que percorre distintas formas de amor a través da bachata, o pop e a música disco, mantendo o seu pulso literario e combativo. Un concerto que pon o amor no centro: como emoción, como canción e como forza que transforma. Ademais, o escenario encherase de convidadas especiais.

📍 Centro Ágora
🗓️ Venres, 28 de novembro | 20:30 h
🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade
♿ Interpretación en LSE | Mochilas vibratorias

Festigual, o festival de todas.

🔹 Do 5 ao 28 de novembro #ACoruña
👉 Segue as últimas novidades a través do hashtag #Festigual2025
📱 Programación completa en festigual.gal

🟩 O Festigual – Festival das Artes Inclusivas da Fundación Emalcsa é posible grazas á colaboración entre o Concello da Coruña, a Fundación Vegalsa, a Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña. taken in Centro Ágora by @festigual
2
10 months ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up