Instagram story viewer> @manuelcortes> Posts
82
posts
1.2K
followers
760
following
Actor, escritor, guionista. E viceversa.
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
A actriz e presentadora @beatriz_seren e o actor e guionista @manuelcortes, unha das parellas de entregadores de galardóns na noite dos XXIV #PremiosMestreMateo.

📸 @bego_perez_fotografa

#AudiovisualGalego #TalentoGalego by @manuelcortes
9
4 months ago
Download
@irisdarriba, @santi_romay e @manuelcortes  son a mestra, Lelo e o xudeu en ‘Memoriaes dun neno labrego’.

🐦 Nesta montaxe coral, levamos ás táboas xunto a @contraproducions o clásico de Neira Vilas, unha historia emotiva que fala do rural, das clases sociais e da migración… E tamén nos deixa oco para a esperanza. 

📍 Podes ver o espectáculo o 30 de xaneiro en Vimianzo (@concellovimianzo) e o 1 de febreiro en Nigrán (@concello_nigran). 👉🏻 Deixámosche a xira inicial nas historias destacadas. 

@culturaxunta @industriasculturais by @manuelcortes
8
6 months ago
Download
Rematamos a terceira semana de estancia das "Memorias dun neno labrego" no Salón Teatro. Éxito de público, con entradas esgotadas; non se sabe se éxito de crítica, máis ca nada porque non sabe se hai crítica; pero sobre todo éxito de equipo, de xente implicada en conmover e compartir unha fermosa viaxe.
Grazas. Isto non fixo máis ca empezar.

@cdg_salonteatro @contraproducions @belenpichel #candidopazó @monica_garcia_cadahia @irisdarriba #anasantos @abonjo__ @fedeperez76 @santi_romay @marinhaleston 

📷 1, 2, 3, 4 e 5 @nacho_castano_ 
📷 6 @miramemira_ 
📹 @marinhaleston by @manuelcortes
41
6 months ago
Download
Das moitas cousas boas que ten dedicarse a isto está o cariño que recibes polo que fas. Grazas @isobrado pola mirada e pola delicadeza. E grazas tamén polas risas. No curto camiño que leva andado "O último home" todo está pagando a pena. ❤️ by @manuelcortes
8
9 months ago
Download
Nas afóras dos @premiosmartincodaxdamusica con ilusión e nervios como lten que ser. A música de  @russinha__ que completa  O último home está de finalista. O primeiro de moitos premios que lle esperan. taken in Pazo da Cultura de Pontevedra by @manuelcortes
17
a year ago
Download
Onte fun ida por volta a Madrid. Un frenesí moderno de trens e transbordos. Se cadra foi por esa velocidade pola que, sen decatarme, viaxei atrás no tempo.
📷 1 e 2: Un bar en Moncloa
📷 3: Un señor de Chamberí. Ano 76.

#anatomiadeuninstante by @manuelcortes
9
a year ago
Download
Por moito que un se empeñe en desfrutar do carpe diem, non hai dios que poida co tempus fugit.
Como di @borja_salcedo hoxe estreamos ♥️

#REPOST @borja_salcedo with @download_repost_pro - Hoxe estreamos #O_último_Home de @manuelcortes na @artikaculturaearte e tiven a sorte de participar na dirección escénica cun equipo de colegas marabillosas. @russinha__ no espazo sonoro  en directo, @laura_r_iturralde no deseńo de iluminaciòn, #CarlosAlonso no espazo escénico @elenapuntocortes no vestiario e @samuelcortessz no video. Unha producion de @aine_gal con @miguelvazqzprod e lauracantov e soundpress na técnica en xira. Agradecer a @nononon.lab e gustavo Freire polos espazos de residencia escénica asi como ao equipo da @artikaculturaearte por ofrecernos o acompańamento na última semana de residencia técnica na sala. Penso que fixemos algo ben bonito que merece a pena vir a vela!❤️❤️ 📸 @laura_r_iturralde by @manuelcortes
9
2 years ago
Download
Empeza a conta atrás 😬
Aí vamos!!! 
Todo o meu amor e agradecemento👇🏼
♥️

#REPOST @aine_gal with @download_repost_pro - 🥳 Co ano novo chega un novo espectáculo!

📣 Estreamos 'O último home', de @manuelcortes os días 11 e 12 de xaneiro na @artikaculturaearte de Vigo.

Dirixido por @borja_salcedo e coa música de @russinha__, quen tamén acompaña en escena a Cortés, esta comedia poética sitúanos nun escenario tráxico no que a humanidade está ao bordo da extinción. Este espectáculo conta tamén coa iluminación de @laura_r_iturralde, espazo escénico de Carlos Alonso, vestiario de @elenapuntocortes e audiovisuais de @samuelcortessz.

🤝 'O último home' conta co apoio da Xunta de Galicia a través da @industriasculturais para a súa produción.

🗞 Contámolo en aine.gal
📷 @aigiboga by @manuelcortes
54
2 years ago
Download
O último home é un servizo público de advertencia ante o inevitable by @manuelcortes
9
2 years ago
Download
A semana pasada rematou a primeira fase de ensaios de O último home, un espectáculo cómico poético producido por @aine_gal dirixido por @borja_salcedo iluminado por @laura_r_iturralde construído por #carlosalonso compartido en escena con @russinha__ con audiovisuais de @samuelcortessz e vestiario de @elenapuntocortes
Estrearase o día 11 de Xaneiro na @artikaculturaearte e eu non podo estar máis "sin vivir en mi" que diría a tristemente falecida Santa Teresa. Para quen queira pasarse, vémonos en Vigo o ano que vén. taken in Santiago de Compostela, Spain by @manuelcortes
37
2 years ago
Download
Grazas a todas as que tivestes algo que ver con que reciba eu este premio. Non puiden estar para recollelo pero @saulrivasg tivo a ben suplir a miña ausencia e ler o texto que reproduzo a continuación.

"Se Saúl está lendo está nota agora mesmo, iso significará que o Códice K levou o premio a mellor texto orixinal e todos os que votastes por el non lle fixestes caso ningún a Vargas Llosa naquilo de que hai que votar ben. Así que grazas por ignorar tan sabio consello.

O primeiro que quero é compartir o premio cos outros dous finalistas Laura e Gustavo: isto non é unha competición así que non me sinto gañador de nada. O que pasa é que o premio déronmo a min e teño que aceptalo. Supoño que o entenderedes.

E agora as grazas: grazas a Ainé, a Lucía, Marita, Graciela, Patricia, Marta, Noemí e Tito. Sen vós, o apuro que está pasando agora Saúl non sería posible.

E por último, non quero deixar pasar a oportunidade de alzar a voz para dicir dúas cousas: fóra as suxas mans de ALTRI da comarca da Ulloa e República xa! 

Ah! E que siga vivindo o teatro galego"

#REPOST @aine_gal with @get__repost__app 🏆 @manuelcortes obtén o Premio de Teatro María Casares polo texto de 'Códice K'.
Os premios da @aaagalicia entregáronse este xoves 21 no @teatrorosaliacastro da Coruña.

🥳 Moitos parabéns!

🗞 Contámolo en aine.gal
📷 @aigiboga #repostandroid #repostw10 by @manuelcortes
55
2 years ago
Download
O que escoitei onte en @garaxeland
non se pode traducir en palabras. Escribir letras para que @davide_salvado as cante e @cibranseixo e @antonio.casado_ as arrolen non é algo que me pase moi a miúdo. Emocióname o simple feito de recordalo. Súmome ao que se di no principio do texto de abaixo. E para explicacións máis técnicas, pódese ler ata o final. Pronto se verá que marabilla!
#permitadeus
#melifluo ❤️

#REPOST @garaxeland with @get__repost__app 
 Fin de semana especial  lleno de amigos y una música increíble. Quizá la definición sería bonito o muy bonito. Escoitar cantar a Davide debería ser unha asignatura obrigatoria. Igual que el violin y bajos de Cibran o la guitarra de Antonio.

Hemos grabado todo en directo, sacrificamos la edición pero tenemos un montón de “vibra”.

En la técnica. Antonio usó dos amplis en estereo: un Fender Deluxe Reverb al que pusimos un Sm57 y un 47Fet y un Twin Reverb con un M160 y un 421.
Para el violín de Cibrán usamos un Coles 4038 y un Beyer M160.
Para la voz escogimos un Sm7 a través del Avalon ligeramente ecualizado. También hubo percus de Ton Risco con el Coles.

La primera foto es obra de Antonio Casado! 

@davide_salvado @cibranseixo @antonio.casado_ @manuelcortes @tonrisco @sandracamalea 

Gracias por compartir esta maravilla con Garaxeland!! #repostandroid #repostw10 by @manuelcortes
10
3 years ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up