Instagram story viewer> @miranda_vigo> Posts
1.9K
followers
933
following
🎥 O chico que fai vídeos.
Intentando poñerlle palabras (e imaxes) a todo isto que nos pasa.
📍Vigo · Muros · Compostela
#Galiza
POSTS STORIES REELS TAGGED
✨ Outono 2025, canle de Youtube de Orgullo Galego

⏳ Quedan 2 meses e medio para a grande estrea!

📺 Como sabedes, grazas á @culturadadeputaciondacoruna estamos a levar adiante un proxecto titulado:
👉 Martiño de Dumio: A espiritualidade popular no Reino da Galiza

Un proxecto que impulsamos desde Orgullo Galego e que é algo distinto á temática asociada habitualmente ao Reino Galego✊

Desta volta falaremos sobre como pensaban e como crían os habitantes do Reino da Galiza, analizaremos o Correctione Rusticorum, a figura do Martiño de Dumio e como toda esta espiritualidade chegou aos nosos días.

🎥 Equipo do proxecto
 • Borxa González de Orgullo Galego → produción, guión, coordinación
 • Lidia Mariño → antropóloga e condutora do audiovisual. A mellor comunicadora posíbel para este proxecto!
 • David Miranda → gravación, montaxe... sen el non hai programa!
 Un orgullo traballar co mellor dos equipos posibles♥️

📍 Hai 15 días estivemos gravando por Porto do Son, Portosín e Noia,
onte estivemos en Santo André de Teixido e Betanzos,
e aínda quedan máis sorpresas 🌟

📢 Haberá vídeos, entrevistas, infografías, artigos, charlas, convidad@s de luxo
...
Estade atent@s ás nosas redes porque o que vén por diante é moi grande 💥

🔔 Seguide xa a nosa canle de Youtube!

 #ReinodaGaliza taken in Reino da Galiza by @miranda_vigo
50
a year ago
Download
🎥✨Comezamos a gravar un proxecto moi ilusionante que nos terá traballando duramente os vindeiros 5-6 meses.

O título deste proxecto é:
👉 "Martiño de Dumio: Unha ollada á espiritualidade popular no Reino da Galiza"

Non digo nada e dígoo todo! 😏Quen goste do Reino de Galiza, a mitoloxía e as crenzas populares vai alucinar, e as cousas como son, isto é grazas a @culturadadeputaciondacoruna ♥️✊

Para este traballo audiovisual e escrito temos o mellor equipo posíbel:

🗣️ O que vos fala, @borxagc de Orgullo Galego
🔍@lidia_marino_ventoso , antropóloga
🎬 @miranda_vigo , especialista en comunicación audiovisual, marketing dixital e estratexia de marca.
Case nada!

Onte comezamos a gravar a primeira xornada no Porto do Son e Noia e si… estivemos traballando muito e non de festa como semella na foto! 😂
Pero é que o equipo é o mellor dos posibles, así da gusto traballar!

🗺️ Ao longo das vindeiras semanas percorreremos lugares míticos deste país como Santo André de Teixido, Betanzos, Porto do Son, Portosín, as Fragas do Eume, etc

Estade atent@s ás nosas redes porque iremos avisando da publicación deste proxecto, que será no outono e terá como epicentro principal:
📌 A nosa canle de Youtube
📌 A nosa páxina web
📌 E o conxunto das redes sociais

Seguimos! 💪🌿 taken in Reino da Galiza by @miranda_vigo
60
a year ago
Download
Quixen facer desta data unha data ritual. 
.
Na que cada ano me levanto e penso nese agasallo que, tarde mal e arrastro che faría. Visito o cemiterio para contarche como me vai a vida. Como nos vai a vida máis ben. E penso de que cor debería ser a rosa que che leve nunha data tan especial coma esta. 
.
Tentando sintetizar nunha nota todo o feliz que me fas.
.
“Grazas pola vida” creo que está ben. 
.
Na que actualizo as redes pensando se esto ten máis de acto de exhibicionismo que de amor. 
.
E o final do dia sempre me sonrío pensando que non, que ogallá moitas outras persoas tiveran compartido o seu duelo comigo. Para poder deixar de sentirme tantas veces un completo estrano dentro deste corpo.
.
“Grazas por tanta vida” quizáis mellor.
.
Xa hai anos que este dia para min non é un dia triste. Como vai provocar tristura que che amaran sen condicións? Poño a camisa, ato os cordóns e saio a ver o que me depara o mundo. Pensando que esto non é máis que outra etapa da vida. E que ti xa me prepararas para que a pasáramos separados. Coa promesa de que algún dia nos volveriamos a ver.
.
Sexa certo ou non. Haxa tan só esta vida ou cento delas. Existan ou non existan este e outros milleiros de mundos paralelos. A min recordarche nunca máis me fará sentirme triste. 
.
Debería de entristecernos que non haxa quen nos sacuda o peito nunca. A cabeza. Os miolos. A ialma. E que pasáramos pola vida sen inmutarnos. Vivindo peor ca unha pedra. Sendo a mesma persoa que éramos o nacer.
.
“Grazas por tantas vidas”. 
.
Si, penso que iso é o que te quería dicir.
.
Parabéns no teu 81 aniversario, Chon, grazas por tantas vidas by @miranda_vigo
25
3 years ago
Download
No último pleno, o PP de Muros quixo dar leccións sobre dereitos laborais e acabou recoñecendo que, durante os seus catro anos de goberno, non foron quen de conseguir unha mellora das condicións laborais do persoal municipal.

Hoxe esa realidade é ben distinta: conseguimos mellorar as condicións laborais dos postos peor retribuídos e está xa avanzada a RPT (Relación de Postos de Traballo), a ferramenta que permite ordenar os postos do Concello, definir funcións e responsabilidades e establecer unhas condicións e retribucións acordes co traballo que realiza cada persoa.

Unha RPT que o anterior goberno non foi quen de sacar adiante por falta de interese político.

Así que, PP de Muros, menos dar leccións desde a oposición e máis mellorar a vida das persoas cando se goberna.

#BNGMuros #concellosbng taken in Muros, Galicia, Spain by @miranda_vigo
7
2 months ago
Download
“Se as persoas soubesen o que é a morte, non lle terían medo. E, se non lle tivesen medo, non habería quen lles arrebatase o seu tempo.”

Un ano máis tocoume festexar e reivindicar o Orgullo subido a un escenario.

Grazas a todas e a todos os que vos achegastes a coñecer o mundo de Momo. Ese mundo no que a xente aforra moito tempo, pero nunca ten nin un segundo en efectivo no seu peto.

Construímos esta obra nun momento da miña vida no que, ás veces, me sentín máis preto de ser un novo cliente da Caixa de Aforros do Tempo ca da propia Momo ou do Mestre Hora, o personaxe ao que tiven a inmensa sorte de dar vida.

A maxia do teatro é que, ás veces, acaba por coñecernos mellor ca nós mesmos. E, sen decatarnos, axúdanos a entender un pouco mellor o papel que tamén interpretamos fóra do escenario.

Desfrutemos, ata o último día, dese tempo que o Mestre Hora nos entrega. Desfrutemos de todas esas “cousas inútiles” que nos dá a vida.

Pois, ao final, vai ser iso o que levemos dela.

A vida non se mide en euros. Mídese en segundos. E por iso “todas as persoas temos un corazón que latexa para sentir, con el, o paso do tempo.”

Haberá que facerlle máis caso.

Grazas ás compañeiras polas horas de escoita e acompañamento, pola terapia dentro e fóra da escena; a @artikaculturaearte , por facer do teatro un piar da nosa cultura popular; e a @irelr , por animarnos a desfrutar, a pasalo ben enriba do escenario e por ensinarnos a escoitar e a non renunciar nunca ao noso maior tesouro: a imaxinación.

Es a auténtica Momo. ❤️ taken in Vigo, Spain by @miranda_vigo
2
4 months ago
Download
✨ Capítulo 3: Santo André de Teixido: A porta ao máis alá 📜

Neste capítulo visitamos Santo André de Teixido para conversar co seu párroco Don Antón Rúa. Da man da nosa antropóloga Lidia Mariño coñeceremos o significado de ritos coma o da herba de namorar, botar pan nas fontes, os amilladoiros e como estes chegaron aos nosos días.

 O sermón elaborado polo bispo San Martiño de Dumio no s. VI, coñecido como De Correctione Rusticorum (Da corrección dos rústicos), supón unha fascinante aproximación á mentalidade relixiosa dos habitantes do Reino de Galiza na época.

👉Este proxecto foi seleccionado polos Fondos Reino de Galicia da @culturadadeputaciondacoruna taken in Santo André de Teixido by @miranda_vigo
4
10 months ago
Download
Capítulo 2:  Martiño de Dumio: A espiritualidade popular no Reino de Galiza

📜Presentamos o segundo de 8 vídeos que nos levarán a estudar e analizar as crenzas e ritos documentadas por Martiño de Dumio no Correctione Rusticorum. 8 vídeos complementados por unha conversa de 40 minutos na nosa canle de YouTube.

📜 O sermón elaborado polo bispo San Martiño de Dumio no s. VI, coñecido como De Correctione Rusticorum (Da corrección dos rústicos), supón unha fascinante aproximación á mentalidade relixiosa dos habitantes do Reino de Galiza na época.

🎬 Produción: Orgullo Galego 
👩‍🏫 Condución audiovisual: Lidia Mariño 
🎥 Gravación e montaxe: David Miranda 
✍️ Subtitulado: Jose Rodríguez 

.

.

👉Este proxecto foi seleccionado polos Fondos Reino de Galicia da @culturadadeputaciondacoruna taken in Galicia by @miranda_vigo
8
10 months ago
Download
✨Capítulo 1: Unha ollada antropoloxica ao Reino de Galiza

📜Presentamos o primeiro de 8 vídeos que nos levarán a estudar e analizar as crenzas e ritos documentadas por Martiño de Dumio no Correctione Rusticorum. 8 vídeos complementados por unha conversa de 40 minutos na nosa canle de YouTube.

📜 O sermón elaborado polo bispo San Martiño de Dumio no s. VI, coñecido como De Correctione Rusticorum (Da corrección dos rústicos), supón unha fascinante aproximación á mentalidade relixiosa dos habitantes do Reino de Galiza na época.

🎬 Produción: Orgullo Galego 
👩‍🏫 Condución audiovisual: Lidia Mariño 
🎥 Gravación e montaxe: David Miranda 
✍️ Subtitulado: Jose Rodríguez 

.

.

👉Este proxecto foi seleccionado polos Fondos Reino de Galicia da @culturadadeputaciondacoruna taken in Galicia by @miranda_vigo
7
10 months ago
Download
✨ Ritos e crenzas no Reino de Galiza📜

🎙️Conversa completa nas nosas historias, muro é tamén directamente no noso Youtube, Ivoox é Spotify. Desfrutádea!

A de hoxe é unha conversa especial, e é especial tanto polo lugar no que gravamos, o Mosteiro de Caaveiro (Fragas do Eume), como pola temática, a espiritualidade popular no Reino de Galiza🌲🍂

🏰Nesta conversa coa antropóloga Lidia Mariño , debullamos o De Correctione Rusticorum de Martiño de Dumio, un sermón no que condeaba os ritos e crenzas que tiñan os habitantes do Reino de Galiza

📖 Este é un proxecto impulsado ao abeiro dos Fondos Reino de Galicia da @culturadadeputaciondacoruna taken in Mosteiro De Caaveiro by @miranda_vigo
21
a year ago
Download
✨ Capítulo extra: Martiño de Dumio e Santo André de Teixido, ritos e crenzas📜

👉Tedes o capítulo completo na nosa canle de YouTube! Deixamos tamén a ligazón no muro e historias!

Presentamos un capítulo extra no que falamos con Don Antón Rúa, párroco de Santo André de Teixido, quen nos mostra a súa perspectiva. Neste noveno vídeo explícanos a relación do De Correctione Rusticorum, Martiño de Dumio e o santuario de Santo André, como este foi un lugar de culto precristián, cristianizado posteriormente 

📅 Este xoves 20 de novembro publicaremos unha conversa (desde o Mosteiro de Caaveiro) cunha análise profunda sobre Martiño de Dumio e as crenzas recollidas no De Correctione Rusticorum!

.

📖 Este é un proxecto impulsado ao abeiro dos Fondos Reino de Galicia da @culturadadeputaciondacoruna taken in Santo André de Teixido by @miranda_vigo
14
a year ago
Download
✨ Capítulo 8: Os agoiros no Reino de Galiza: O culto ás avelaíñas e aos corvos 📜

🤔Escoitaches algunha vez as crenzas asociadas ao avelaíñas ou corvos?

👉Tedes o capítulo completo na nosa canle de YouTube!✊

🌑🐁Neste vídeo visitamos a aldea da Silva📍en Portosín para falar sobre o culto ás avelaíñas e aos corvos. Alí, aínda na actualidade observan de onde voan e como grallan os corvos e tamén segue presente a crenza das avelaíñas coma os representantes dos finados.

👉Este rito xa era condeado por Martiño de Dumio no século VI, indicando:
"aquel estúpido erro de gardar os días das avelaíñas e dos ratos, e se é lícito falar de que un home cristián venere en lugar de Deus a ratos e avelaíñas 🔥

.

📖 Este é un proxecto impulsado ao abeiro dos Fondos Reino de Galicia da @culturadadeputaciondacoruna taken in Galicia by @miranda_vigo
20
a year ago
Download
✨ Capítulo 7: Os días da semana e o comezo de ano no Reino de Galiza📜

👉Capítulo completo na nosa canle de YouTube. Deixamos tamén a ligazón nas historias!🔥

📍Neste capítulo visitamos a Igrexa de Santa María do Azougue (Betanzos) xa que nun dos seus capiteis hai gravado un calendario agrícola. 
Como lle chamaban os habitantes do Reino Galego aos días da semana? Tamén, Martiño de Dumio define coma un erro o pensar que o comezo de ano son as calendas de xaneiro 🤔

.

📖 Este é un proxecto impulsado ao abeiro dos Fondos Reino de Galicia da @culturadadeputaciondacoruna taken in Betanzos by @miranda_vigo
7
a year ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up