Instagram story viewer> @orquestravigo430> Posts
6K
followers
4502
following
🏆Premio da Crítica de Galicia 2024
💌 [email protected]
❗️Máis información ⬇️
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
✨ Xa está aquí a II edición do Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo Sinerxias 430.

Hai mapas que non aparecen en ningún atlas. Son os que debuxa a música cando conecta séculos, culturas, artistas e emocións. Eses son os Mapas invisibles que queremos descubrir convosco.

Do 24 de setembro ao 28 de novembro, Vigo acollerá un programa con artistas internacionais e músicos da nosa contorna, clases maxistrais, unha mesa redonda e concertos que nos levarán do Barroco ao século XX, buscando sempre novas conexións e novas maneiras de escoitar.

Este festival é posible grazas ao apoio do Concello de Vigo, que continúa apostando por proxectos culturais de calidade e proxección internacional.

🎟️ Moi pronto anunciaremos a venda de entradas e todos os detalles na nosa web www.vigo430.com

Agardámosvos!

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #OrquestraVigo430 #Vigo #MúsicaDeCámara #Festival #Cultura #ConcelloDeVigo

⸻

✨ The 2nd Sinerxias 430 International Chamber Music Festival is here!

Some maps cannot be found in any atlas. They are drawn by music itself, connecting centuries, cultures, artists and emotions. These are the Invisible Maps we invite you to discover with us.

From 24 September to 28 November, Vigo will host internationally acclaimed artists, outstanding local musicians, masterclasses, a round-table discussion and concerts spanning from the Baroque to the twentieth century, always seeking new connections and new ways of listening.

This festival is made possible thanks to the support of the Vigo City Council, whose commitment continues to bring high-quality cultural projects with an international outlook to our city.

🎟️ Ticket sales and full programme details will be announced very soon in our web www.vigo430.com

We look forward to welcoming you!

#Sinerxias430 #InvisibleMaps #OrquestraVigo430 #Vigo #ChamberMusic #MusicFestival #Culture by @orquestravigo430
0
2 months ago
Download
🎻 Únete a Orquestra Vigo 430 🎻

A túa colaboración fai posible un proxecto musical de calidade, innovador e con futuro en Vigo. 

Sé parte da música e desfruta de vantaxes exclusivas como socio.

Co teu apoio seguimos dignificando a cultura, apostando polo traballo ben feito e pola paixón pola música clásica ❤️

📩 Queres facerte socio?
Escríbenos a orquestra@vigo430.com
 e contarémosche como facelo.

Agora é a ocasión de compartir, máis que nunca, a paixón pola música 🎶 taken in Vigo, Galicia, España by @orquestravigo430
0
9 months ago
Download
🎼 O pasado domingo vivimos un deses concertos que dan sentido a Sinerxias 430: un espazo para compartir, descubrir e crear novas conexións a través da música.

A gran protagonista foi a pianista chinesa Siqian Li, cuxa extraordinaria sensibilidade e personalidade artística puidemos desfrutar tanto nas masterclasses celebradas no CMUS Profesional de Vigo como sobre o escenario. Foron días intensos de traballo e aprendizaxe, que culminaron nun concerto cheo de momentos especiais.

Xunto a ela, Catherina Lee, coa que compartimos unha vez máis a paixón por explorar novos repertorios e diferentes sensibilidades musicais.

E, como parte esencial deste encontro, o Ensemble Vigo 430, formado por Julia Blachuta, Mario Péris, Javier Escobar e Ariadna Chmelik, achegando talento, complicidade e ese espírito de colaboración que define o noso proxecto.

🎶 Seguimos trazando mapas invisibles a través da música. 📸 Fotos de @gloriamontenegro8 

🇬🇧 Last Sunday we experienced one of those concerts that give meaning to Sinerxias 430: a space to share, discover and create new connections through music.

The undisputed protagonist was pianist Siqian Li, whose extraordinary sensitivity and artistic personality we enjoyed both during the masterclasses at the CMUS Profesional de Vigo and on stage. Intense days of work and learning culminated in a concert filled with special moments.

Alongside her, Catherina Lee, with whom we once again shared our passion for exploring new repertoire and bringing different musical sensibilities together.

And, as an essential part of this encounter, the Ensemble Vigo 430, formed by Julia Blachuta, Mario Péris, Javier Escobar and Ariadna Chmelik, bringing talent, musical complicity and the collaborative spirit that lies at the heart of our project.

🎶 We continue to trace invisible maps through music.

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #Vigo430 #EnsembleVigo430 #SiqianLi CatherinaLee MusicaDeCamara MusicaClasica Vigo Galicia taken in Vigo, Galicia, Spain by @orquestravigo430
1
7 days ago
Download
Domingo 27 de setembro ás 12:00. Auditorio Afundacion Vigo. Entradas dispoñibles en Ataquilla.com by @orquestravigo430
2
16 days ago
Download
✨ SINERXIAS 430 · II FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE CÁMARA DE VIGO

Hai mapas que non aparecen en ningún atlas. Son os que debuxa a música cando conecta persoas, culturas, épocas e maneiras diferentes de entender a creación artística.

Do 24 de setembro ao 28 de novembro, Vigo acolle a segunda edición de Sinerxias 430, un festival internacional de música de cámara organizado pola Orquestra Vigo 430.

🎶 Concertos, encontros, clases maxistrais e actividades formativas conforman unha programación pensada para achegar grandes intérpretes e novos talentos, descubrir repertorios menos coñecidos e crear espazos de encontro arredor da música.

Baixo o título «Mapas invisibles», esta edición propón viaxes musicais que atravesan fronteiras: entre épocas e estilos, entre países e culturas, entre o repertorio máis coñecido e novas voces da creación musical.

📍 Vigo · setembro — novembro 2026

🎻 6 concertos
🎓 Clases maxistrais
🏆 Concurso para estudantes de conservatorio
💬 Encontros e actividades arredor da música e da creación
🌍 Artistas de diferentes países e procedencias

Un festival para escoitar, descubrir, aprender e compartir.

Porque ás veces as conexións máis importantes son precisamente as que non aparecen nos mapas.

Sinerxias 430 · Mapas invisibles

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #MúsicaDeCámara #Vigo #OrquestraVigo430 MúsicaClásica Galicia FestivalDeMúsica taken in Vigo, Galicia, Spain by @orquestravigo430
0
a month ago
Download
🌍 SINERXIAS 430 · DE AMOR E FRONTEIRA

Hai fronteiras que a música nunca recoñeceu.

Viaxa coas persoas, cruza océanos, mestúrase con novas tradicións e crea lugares onde culturas diferentes poden dialogar sen renunciar á súa identidade.

O 28 de novembro, España e América Latina atópanse en De amor e fronteira, unha viaxe musical marcada polo amor, a memoria e a pertenza.

Desde a elegancia de Turina e Falla ata a fonda raíz popular de Guastavino, Violeta Parra, Numhauser, Ariel Ramírez e Piazzolla, o programa debuxa un patrimonio compartido que medrou a ambas as beiras do Atlántico.

A voz, a viola e o piano serán os fíos condutores desta viaxe, acompañados polo Ensemble Vigo 430, nun mosaico de melodías, palabras, danzas e emocións.

🎻 Anuschka Pedano · viola
🎤 María Pedano · voz
🎹 Illia Fialko · piano
✨ Ensemble Vigo 430

📍 28 de novembro · 20:00 h
📍 Auditorio Martín Códax · Vigo

Un concerto para cruzar fronteiras e descubrir que as emocións máis profundas non pertencen a ningún territorio.

Sinerxias 430 · Mapas invisibles

⸻

🌍 SINERXIAS 430 · OF LOVE AND BORDERS

There are borders that music has never recognised.

Music travels with people, crosses oceans, blends with new traditions and creates spaces where different cultures can meet without losing their identity.

On 28 November, Spain and Latin America come together in Of Love and Borders, a musical journey shaped by love, memory and belonging.

From the elegance of Turina and Falla to the deeply rooted popular voices of Guastavino, Violeta Parra, Numhauser, Ariel Ramírez and Piazzolla, the programme reveals a shared heritage that has grown on both sides of the Atlantic.

Voice, viola and piano guide this journey, joined by the Ensemble Vigo 430, in a mosaic of melodies, words, dances and emotions.

🎻 Anuschka Pedano · viola
🎤 María Pedano · voice
🎹 Illia Fialko · piano

📍 28 November · 8:00 pm
📍 Auditorio Martín Códax · Vigo

A concert about crossing borders — and discovering that our deepest emotions belong to no single territory.

Sinerxias 430 · Invisible Maps

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #DeAmorEFronteira #MúsicaDeCámara #Vigo OrquestraVigo430 MusicWithoutBorders taken in Vigo, Galicia, Spain by @orquestravigo430
2
a month ago
Download
⚔️ SINERXIAS 430 · BATALLAS, FOLÍAS E PAIXÓNS

No Barroco, a música tamén sabía contar historias.

Batallas, danzas, paixóns, dramatismo e fantasía convivían nunha música que non necesitaba palabras para evocar escenas e emocións. Este programa proponnos unha viaxe pola exuberancia do primeiro Barroco italiano e centroeuropeo.

As sonatas de Castello, Bertali, Pandolfi Mealli e Caldara revelan a liberdade e o virtuosismo dunha época en plena transformación. As folías e ciaconas de Falconieri, Schmelzer e Vivaldi mostran como unha mesma fórmula podía converterse nun universo infinito de variacións

🎻 Manuela Mitterer + Ensemble Barroco Vigo 430
Pavel Amilcar · violín
Isabel Figueroa · violonchelo
Marta López · clave
Uxía Delgado · tiorba

🎼 Bertali · Castello · Falconieri · Pandolfi Mealli · Schmelzer · Caldara · Vivaldi

📍 14 de novembro · 20:00 h
📍 Basílica de Santa María · Vigo

Unha viaxe polo Barroco máis exuberante. Un novo territorio dentro dos Mapas invisibles de Sinerxias 430.

⸻

⚔️ SINERXIAS 430 · BATTLES, FOLIAS & PASSIONS

In the Baroque, music also knew how to tell stories.

Battles, dances, passions, drama and fantasy came together in music that needed no words to evoke scenes and emotions. This programme takes us on a journey through the exuberance of the early Italian and Central European Baroque.

The sonatas of Castello, Bertali, Pandolfi Mealli and Caldara reveal the freedom and virtuosity of an era in transformation, while the folias and ciaconas of Falconieri, Schmelzer and Vivaldi show how a single harmonic formula could become an infinite universe of variations.

🎻 Manuela Mitterer + Ensemble Barroco Vigo 430

📍 14 November · 8:00 pm
📍 Basílica de Santa María · Vigo

A journey into the most exuberant Baroque. Another territory within Sinerxias 430’s Invisible Maps.

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #BatallasFolíasEPaixóns #Barroco #MúsicaDeCámara #Vigo #EnsembleBarrocoVigo430 by @orquestravigo430
3
a month ago
Download
🗺️ SINERXIAS 430 · PROXECTO MAGNARD

Hai mapas que tamén se debuxan sobre o esquecemento.

Entre finais do século XVIII e o XIX, Francia converteuse nun territorio fundamental para o desenvolvemento dos instrumentos de vento madeira. O Conservatorio de París impulsou unha escola que abriu novas posibilidades de cor, timbre e expresión para a frauta, o clarinete, o óboe e o fagot.

Proxecto Magnard percorre ese territorio a través de máis de medio século de música francesa para ventos e piano.

No centro, Albéric Magnard (1865–1914), un compositor de personalidade singular cuxa música quedou afastada dos grandes escenarios. O seu Quinteto para ventos e piano, op. 8 será o eixo dun programa que viaxa desde o estilo vibrante de Françaix, pasando pola brillantez de Saint-Saëns, ata a lixeireza neoclásica de Poulenc.

🎼 Françaix · Quatuor
🎼 Saint-Saëns · Tarantelle, op. 6
🎼 Poulenc · Trio para óboe, fagot e piano
🎼 Magnard · Quinteto para ventos e piano, op. 8

✨ Ensemble Vigo 430
Laura Lorenzo · frauta
Virginia Lis · clarinete
Celia Olivares · óboe
María García · fagot
Brais González · piano

📍 31 de outubro · 20:00 h
📍 Auditorio Afundación · Vigo

⸻

🗺️ SINERXIAS 430 · MAGNARD PROJECT

Some maps are also drawn across the territories of oblivion.

Between the late 18th and 19th centuries, France became a crucial centre for the development of woodwind instruments, opening new possibilities of colour, timbre and expression.

Magnard Project explores this territory through more than half a century of French music for woodwinds and piano.

At its centre is Albéric Magnard (1865–1914), a distinctive composer whose music was largely absent from the major stages. His Quintet for Winds and Piano, Op. 8 leads a programme travelling from Françaix and Saint-Saëns to the neoclassical lightness of Poulenc.

✨ Ensemble Vigo 430

📍 31 October · 8:00 pm
📍 Auditorio Afundación · Vigo

Sinerxias 430 · Mapas invisibles

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #ProxectoMagnard #Magnard #MúsicaDeCámara Vigo EnsembleVigo430 taken in Vigo, Galicia, España by @orquestravigo430
1
2 months ago
Download
🗺️ SINERXIAS 430 · CANON E ESQUECEMENTO

Por que escoitamos sempre os mesmos nomes?

Quen decidiu que Brahms si e Magnard non? Que obras, voces e mundos enteiros quedaron fóra dos conservatorios e das salas de concerto?

O 29 de outubro, Sinerxias 430 · Mapas invisibles abre un debate arredor dun dos mecanismos máis poderosos —e menos cuestionados— da vida musical: o canon.

A historia da música que coñecemos non é necesariamente toda a historia da música. Hai compositores que se converteron en imprescindibles e outros que desapareceron da memoria colectiva.

Albéric Magnard é un caso revelador. Morreu en 1914 defendendo a súa casa. A súa música ardeu con el. Pero o esquecemento comezara moito antes do lume.

💬 Esta mesa redonda non pretende ofrecer respostas definitivas. Pretende algo máis interesante: abrir o mapa.

📍 29 de outubro · 20:00 h
☕ Café Vitruvia · Vigo

“Canon e esquecemento: quen decide o que escoitamos?”

Unha conversa para escoitar tamén aquilo que, durante demasiado tempo, quedou en silencio.

⸻

🗺️ SINERXIAS 430 · CANON AND OBLIVION

Why do we always hear the same names?

Who decided that Brahms belongs in the canon, while Magnard does not? What works, voices and entire worlds have been left out of conservatories and concert halls?

On October 29, Sinerxias 430 · Invisible Maps opens a debate around one of the most powerful —and least questioned— forces in musical life: the canon.

The history of music we know is not necessarily the whole history of music. Some composers became indispensable, while others disappeared from our collective memory.

Albéric Magnard is a revealing case. He died in 1914 defending his home. His music burned with it. But the process of forgetting had begun long before the fire.

💬 This round table does not seek definitive answers. It proposes something more interesting: opening the map.

📍 October 29 · 8:00 pm
☕ Café Vitruvia · Vigo

“Canon and Oblivion: Who Decides What We Hear?”

A conversation to listen also to what, for far too long, has remained unheard.

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #CanonEEsquecemento #AlbéricMagnard #Vigo by @orquestravigo430
0
2 months ago
Download
🌌 SINERXIAS 430 · O VALS DAS ALMAS SECRETAS

O 27 de setembro, Sinerxias 430 · Mapas invisibles ofrecerá o seu primeiro concerto

Hai emocións que non sabemos nomear. Sentimentos que permanecen ocultos, que cambian de forma e que só a música consegue revelar.

🎻🎹 Desde o melancólico Valse triste de Franz von Vecsey ata a fascinante espiral de La valse de Ravel, o programa percorre diferentes rostros da emoción: a intimidade crepuscular da Sonata para violín de Debussy, a delicada sensibilidade das Three Pieces de Clara Schumann e, como culminación, o extraordinario Quinteto para piano de Brahms, unha obra de intensidade e paixón desbordantes.

Cinco obras, cinco paisaxes emocionais e un mesmo fío invisible: aquilo que sucede dentro de nós e que a música é capaz de facer audible.

✨ Siqian Li, Catherina Lee e o Ensemble Vigo 430 —formado nesta ocasión por  Julia Blachuta (violín I), Mario Péris (violín II), Javier Escobar (viola) e Ariadna Chmelik (violonchelo)— serán os encargados de debuxar este mapa de emocións.

📍 27 de setembro · 12:00 h
📍 Auditorio Afundación · Vigo

🎼 Franz von Vecsey · Valse triste
🎼 Maurice Ravel · La valse
🎼 Claude Debussy · Sonata para violín
🎼 Clara Schumann · Three Pieces for Violin and Piano
🎼 Johannes Brahms · Quinteto para piano

O vals das almas secretas
Un baile de sentimentos ocultos. Un deses mapas que non se poden debuxar, pero que a música nos permite percorrer.

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #SiqianLi #Vigocultura #OrquestraVigo430 taken in Vigo, Galicia, Spain by @orquestravigo430
0
2 months ago
Download
✨ Con esta publicación damos comezo a unha serie delas para presentar todos os eventos que conformarán a segunda edición do Festival Internacional de Música de Cámara «Sinerxias 430»

Dentro do II Festival Internacional de Música de Cámara de Vigo Sinerxias 430, a pianista chinesa Siqian Li chega ao CMUS Profesional de Vigo para impartir dúas xornadas de clases maxistrais dirixidas ao alumnado de piano do centro.

🎹 24 e 25 de setembro · Auditorio David Russell

Recoñecida pola BBC Music Magazine como unha das estrelas emerxentes da súa xeración, Siqian Li formouse en Pekín, Boston e Londres con mestres como Alexander Korsantia e Norma Fisher. A súa carreira levouna a prestixiosos escenarios de Europa, Asia e Estados Unidos, e os seus primeiros premios en competicións internacionais sitúana entre as pianistas máis destacadas da súa xeración.

Pero a súa actividade non se limita aos escenarios: a docencia ocupa un lugar central na súa traxectoria, especialmente no acompañamento de estudantes avanzados que aspiran a desenvolver unha carreira profesional.

Durante estas dúas tardes, ata 10 alumnos e alumnas activos poderán traballar directamente con ela en clases individuais de aproximadamente 30–50 minutos, mentres que o resto do alumnado e profesorado poderá asistir como oínte.

🌍 Unha oportunidade para aprender doutras escolas, outras tradicións e outras maneiras de entender a interpretación.

E, como parte do compromiso de Sinerxias 430 coa formación musical, a actividade será completamente gratuíta para o alumnado do centro, grazas á subvención íntegra do festival.

Sinerxias 430 · Mapas invisibles
Porque tamén existen mapas que se debuxan entre mestre e alumno, entre culturas e entre diferentes maneiras de vivir a música.

#Sinerxias430 #MapasInvisibles #SiqianLi #ClasesMaxistrais #CMUSVigo Piano MúsicaDeCámara Vigo orquestravigo430 taken in Vigo, Galicia, Spain by @orquestravigo430
1
2 months ago
Download
Presentación do II Festival de Música de Cámara Sinerxias 430 que ofecerá catro concertos de artistas internacionais. 
Programa:
24 e 25 de setembro: clases maxistrais dirixidas pola pianista Siquian Li no Conservatorio Profesional de Vigo. Iniciativa gratuíta para o alumnado.
Domingo 27 de setembro, 12.00 horas. Concerto da violinista Catherina Le, a pianista Siqian Li e Ensemble Vigo 430, no Teatro García Barbón.
Xoves 29 de outubro, 20.00 horas. Mesa redonda no Café Vitruvia cunha reflexión sobre a construción do canon musical e a recuperación de compositores esquecidos con Albéric Magnard como punto de partida.
Sábado 31 de outubro, 20.00 horas. Concerto “Proxecto Magnard”, en homenaxe ao compositor francés, no Teatro García Barbón.
Sábado 14 de novembro, Basílica de Santa María ás 20.00 horas. Concerto “batallas, folías e paixóns” coa flautista Manuela Mitterer e Ensemble Barroco Vigo 430.
Sábado 28 de novembro, Teatro García Barbón, 20.00 horas. Concerto “De amor e fronteira”, con Anuschka Pedano, viola; Illia Fialko, piano, a intérprete de María Pedano e a Ensemble Vigo 430 by @orquestravigo430
1
2 months ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up