Posted On: February 19th 2026, 11:25 am
☀️ PORTOSANTO
@somosportosanto son Anaís, Andrés, Nuno, Simón e Xoel:
"Nunha madrugada primaveral de finais do s. XVIII, unha goleta de tres mastros (a Santa Carballido) zarpa do Porto de Vigo cara as Américas. Os seus tripulantes parten cara o Novo Mundo na busca dunha vida mellor, ou, ao menos, dunha segunda oportunidade.
O que atoparon, pola contra, foi unha galerna que enviou a súa embarcación ás profundidades do Océano Atlántico. Segundo recolle o capitán André de Andrade no seu diario, ó mencer do día seguinte, cando apenas quedaba esperanza para os superviventes á deriva, o Sol mostroulles o camiño a terra firme: a illa de Portosanto.
Máis dun século despois, cando da comunidade que alí se creou pouco máis quedaba que os escritos de Andrade aquí recollidos, aínda ondeaba no cumio de Pena Xeada unha bandeira, cingida ó que un día fora o pao maior da embarcación. Nela, cosida con fío azul e dourado, unha frase: ten que haber un sitio para nós."
Hai un sitio para vós nesta casa. Portosanto, benvidos a Ernie 🧡
Atent@s! 💥 Próximamente, o primeiro adianto do primeiro disco 👀
📸
@martaenmarte#ernierecords #portosanto Load More