Instagram story viewer> @andresoleil> Posts
1.5K
followers
1667
following
Baixista en @somosportosanto ,@ataqueescampe ,@demorumudo ,@tona.banda , @daydreamsessions e onde me deixen. ☀️💐🧡
Ourense - Santiago de Compostela
POSTS STORIES REELS TAGGED
Solo de baixo sobre Nostalgia de Fats Navarro 🎧🎵

Este verán tiven a boa fortuna de pasar unha semana en Asturias na Semana de jazz de Candás vendo concertos xeniais e coñecendo músicos chulos. Tocando moitas horas ao día e aprendendo moitas cousas que me abriron un pouco máis a cabeza como músico para mellorar (que aínda queda moitísimo).

Aproveitando precisamente un pouco esa nostalxia que se nota que teño nesta publicación, decidín regrabar co acompañamento máis cutre posible este solo de baixo que "escribín" para un dos temas que tocamos no combo o último día do curso. Non podía ser mais indicado.

Unhas cantas ideas que uso aquí saen precisamente das cousas que aprendín esa semana (ademais de roubarlle cousas ao propio Fats Navarro), así que de aquí en adiante, a ser un pouco mellor músico. 🧡✨😊

Así remata o verán, cun pouco de Nostalxia. by @andresoleil
14
4 years ago
Download
Downtime - Robert Glasper Trio 🎧🪄 (vense chapa)

Fai meses que non me paso por aqui, e é que quería publicar algo tocando pero...
Non creades que non toquei, pero non atopei o tempo para facer unha grabación que puidera quedar decente dalgún tema, e as que fixen non me remataron de convencer.

Fai uns meses @sergioabuinmusic convidoume (debido a miña gran virtude de ser pesado) a participar nas futuras @daydreamsessions que houbera. Nos últimos 30 días foron dúas noites espectaculares no @pubmodusvivendi , que terá a dubidosa honra de dicir dentro duns anos que eran os únicos con paciencia para aturarme tocar todas as semanas entre uns proxectos e outros. 

Hai varios motivos para subir este post. Quizás o máis grande e que quería falar do marabilloso que é o proxecto das Daydream Sessions. A de músicxs incríbles (moitos, mais pequenos que eu...) que están conectando en toda Galicia e con tanto futuro por diante. Sinto que é o caldo de cultivo idóneo para que dentro duns anos, moitos de nós que sigamos involucrados coa música, teñamos esta gran rede de contactos con persoas marabillosas coas que contar para facer un bolo ou grabar un discazo. O jazz e a #BAM teñen futuro en Galicia grazas a cousas como esta. E esta sensación pegoume moi forte a min e a varios colegas cos que o teño comentado.

Ironicamente, un dos últimos intentos que fixen por grabar algo e subilo a redes foi precisamente deste tema, que tiven o privilexio de tocar con estes cracks os dous mércores (Downtime de #RobertGlasper). Nunca a grabara tan chula na soledade da miña casa (malia todos os seus erros que podamos ter aquí). Así que síntome totalmente agradecido e sinto que é unha maneira bonita de publicar un vídeo tocando: rodeado de músicos excelentes, tanto tocando conmigo coma no público, e compartindo sen trampa nin cartón o que modestamente vou conseguindo co instrumento. 

Grazas a todos os músicos que tocachedes conmigo este último mes e en concreto a: @sergioabuinmusic 🎸 , a @decsus 🥁 e a @maaaaaartiin 🎹 (aqui presentes) por toda esa música tan bonita. 🧡✨ by @andresoleil
28
3 years ago
Download
Boas. Para escoitalo ben recomendo que usedes cascos. 🎧

Hoxe traio unha transcripción de "Monasterio de Sal", unha peza dúo de guitarra e baixo feita por Paco de Lucía e Carles Benavent. Aprendela e grabala foi unha Odisea e tedes que desculparen a calidade mediocre do son (pero grabar baixo cun móbil é unha aposta moi arriscada).

Levo tres meses con ela, pero o último foi o máis duro. Con un montón de ensaio e erro para conseguir unha toma na que a pesar dos nervios non cometera ningún erro moi grande.

En momentos complicados, a música axuda moito se sabes empregala ben.
Grazas 🌺🧡

#bass #pacodelucia #carlesbenavent #bajo #bajoflamenco #bassist #bassplayer @carles_benavent #fretless by @andresoleil
26
4 years ago
Download
Contra todo pronóstico e contra todas e cada unha das forzas da natureza e a probabilidade, hoxe acaba de saír "Ten que haber un sitio para nós", o noso primeiro disco.

- Producido por Jacobo Naya (@jaconayaestabien)

- Gravado en Casa Talisio (@casatalisio) no verán do 2025 xunto a Jose M. Rosillo (@jmrosillo)

- Mesturado por Lucas Piedra (@lucaspiedracueva)

- Masterizado por Fred Kevorkian (@kevorkianmastering)

- Deseño de Simón Cuba (@simon.cuba)

- O vídeo de "20 de agosto" fíxoo Xaime Miranda (@xaime.miranda)

- As fotos son de Marta Alborés (@martaenmarte)

- Editado por Ernie Records (@ernierecords)

Grazas a todo o mundo por facelo posible. Sobre todo, ao Dr. Xeada. by @andresoleil
31
6 months ago
Download
☀️ PORTOSANTO @somosportosanto son Anaís, Andrés, Nuno, Simón e Xoel:

"Nunha madrugada primaveral de finais do s. XVIII, unha goleta de tres mastros (a Santa Carballido) zarpa do Porto de Vigo cara as Américas. Os seus tripulantes parten cara o Novo Mundo na busca dunha vida mellor, ou, ao menos, dunha segunda oportunidade. 

O que atoparon, pola contra, foi unha galerna que enviou a súa embarcación ás profundidades do Océano Atlántico. Segundo recolle o capitán André de Andrade no seu diario, ó mencer do día seguinte, cando apenas quedaba esperanza para os superviventes á deriva, o Sol mostroulles o camiño a terra firme: a illa de Portosanto.

Máis dun século despois, cando da comunidade que alí se creou pouco máis quedaba que os escritos de Andrade aquí recollidos, aínda ondeaba no cumio de Pena Xeada unha bandeira, cingida ó que un día fora o pao maior da embarcación. Nela, cosida con fío azul e dourado, unha frase: ten que haber un sitio para nós." 

Hai un sitio para vós nesta casa. Portosanto, benvidos a Ernie 🧡

Atent@s! 💥 Próximamente, o primeiro adianto do primeiro disco 👀

📸 @martaenmarte

#ernierecords #portosanto by @andresoleil
99
8 months ago
Download
✨ DÍA DE PRESENTACIONES ✨

Desde Daydream Sessions queremos dar un espacio para que nuestros colaboradores se presenten y nos hablen un poco de su experiencia dentro del proyecto. Empezamos con @andresoleil 👇
_____________________________
Soy Andrés Real y llevo siendo músico desde pequeño,  bajista en concreto, por influencia de mi padre; que era también bajista. Actualmente estoy en muchos proyectos como son Demo Rumudo (@demorumudo), Mii Square (@mii.square), varias filiales de las Daydream Sessions y toco con diferentes músicos locales de la zona de Santiago de Compostela. 

Yo descubrí las Daydreams bastante al inicio del proyecto de la mano del baterista Sergio Blanco y desde que supe de ellas quise ayudar a su crecimiento buscando la manera de que se expandiera a otras ciudades (y concretamente a Santiago). 

El proyecto me ha dado una base de datos de músicos de Galicia increíble para mis otros proyectos y me ha permitido tocar temas espectaculares al lado de gente que llevo mucho tiempo admirando en la distancia.
______________________________

Andrés ha sido de nuestros primeros colaboradores y uno de los más recurrentes en nuestras sesiones. Además, actualmente forma parte de la directiva de Daydream Sessions. Ahora que lo conocéis un poquito mejor, ¡podéis dedicar un ratillo de vuestro tiempo a seguir su trabajo y escuchar sus otros proyectos! 👀

📷 @lauraleiras

#daydreamsessions #music #musicaenvivo #jamsession by @andresoleil
35
2 years ago
Download
¡Ferrol, se viene un evento de proporciones titánicas! 🪐💥
Este sábado 30, estaremos de nuevo en la Sala Ruído a las 22:00, pero esta vez acompañados de otra banda de ensueño: Mii Square 🛸💫
Estos 4 archiconocidos músicos asiduos a las Daydream Sessions nos traen un show de música de videojuegos de absoluta locura 🚀🌠
¡Mii Square, Daydream Sessions y Jam! Pasa esta noche única con nosotros 🌙

Cartel : @glopavia @globelivet

#miisquare #daydreamsessions #soul #funk #music #hiphop #livemusic #musicaenvivo #ferrol #jamsession #gamemusic taken in Sala Ruido by @andresoleil
9
3 years ago
Download
Quimera - Uxía & Narf (uns casquiños 🎵🎧🎶 para escoitalo ben sería o seu)

Hoxe remato despois de moitos meses todo este material que tiña grabado do álbum de @uxiamusica e Narf de "Baladas da Galicia Imaxinaria" (agora xa hai un tema con cada baixo que teño en casa, por agora) tocando "Quimera". Grabeino cun baixo moi especial que lle compramos fai moitos anos a meu irmán (zurdo) para que empezará a tocar. A día de hoxe aínda o collo bastante e tocoo como diestro (así que teño as cordas intercambiadas de sitio). Da unhas ideas e debuxos moi chulos e peculiares e obligame a pensar doutra maneira como tocalo, aínda que as veces tamén meto moito a pata.

Rematar esta serie de videos implica que terei que volver a devanarme os sesos para grabar novas músicas chulis (últimamente estou descobrindo moitas!). Agardo que con maior calidade xa que pillei unha tarxecta de son, aínda que para iso primeiro terei que aprender a utilízala 😶‍🌫

Os últimos meses viñeron moi cargados de cousas. No musical, vin proxectos fermosos de xente de Galicia increíble como o de @raposabanda , @glopavia e Rafa Morales, @lontraslontras , @xancampos con @faiadiaz , @facemosmel con @antia.musan (incontables máis, ben sabedes que será por concertos aos que vou), e de xente de fóra, como o meu soño de ver a @alejandroymarialaura , @aznar_pedro ou @juditneddermann 

En concreto, o pouco que levamos de 2024 podería resumirse para min cunha letra de Charly Gacia que di: "Están pasando demasiadas cosas raras para que todo pueda seguir tan normal". No que vai de ano toquei un bolo a contrabaixo, sen ser eu contrabaixista (cortesia das @daydreamsessions ), anunciouse o meu primeiro bolo como líder dun proxecto grazas ao @faino_ti (e empecei a organizar máis cousas ao meu nome), subinme a tocar duas veces de invitado cunha das bandas que máis escoitei na miña vida (@ataqueescampe )... isto son so algunhas cousas que se poden contar no mes e medio e so no ámbito musical (se entro no académico e persoal non acabo...). Levo semanas dicindo a amigues que síntome o meme de "What a week" de Tintín pero co que vai de ano. 

Moitas grazas por leer ata aquí ou se escoitachedes todo o tema enteiro 🧡✨🔋🪄 by @andresoleil
24
3 years ago
Download
Nana de Zemambiquo - Uxía & Narf 🎶🪄🎻🎛️🎧

Hoxe traio outra edición, para despedir o ano, de: eu tocando baixas frecuencias no fermoso disco de Uxía e Narf "Baladas da Galiza Imaxinaria" Feito a duo polo inesquecible Fran Pérez Narf e Uxía Senlle @uxiamusica .

Desta collín unha das primeiras cancións que descobrin do disco, froito do gran cariño e publicidade que lle fixo no seu momento Juan Perro (Santiago Auserón @santiagoauseron.lhs ), autor do "El Viaje", álbum de similar sonoridade (guitarra e voz) ao que tamén intentei fai anos poñerlle frecuencias graves na miña casa (con maior ou menos éxito dependendo da canción). 

Esta mesma semana, o disco Baladas da Galiza Imaxinaria ao que estou dando tributo nestes vídeos, desapareceu dalgunhas plataformas de distribución de música dixitais (Spotify), o cal espero que sexa só temporal e que volva a estar accesible pronto para que todes escoitedes esta obra de arte.

Desta vez, e nun gran ataque de osadía, grabeina co contrabaixo (como todas as demais grabacións durante este pasado verán), instrumento que levo anos tendo, e que aínda a día de hoxe ponme contra as cordas (nunca mellor dito) cando o intento tocar. Xuraria que con el naceu toda esta tolemia de poñer a reproducir o disco de principio a fin intentado sacar as armonías e acordes imposibles (ou canto menos peculiares, en palabras do propio Marcos Teira @marcosteira_music ) que Narf acostumaba a poñerlle aos seus temas. 

Non son contrabaixista. Non teño técnica, nin boa postura, nin a metade de axilidade ou imaxinación a hora de tocar que teño co baixo eléctrico. Para máis problema, o meu contrabaixo é do máis barateiro que hai e nunca me molestei en axustarlle a ponte ou tan sequera cambiarlle as cordas. E ademais está en Ourense, co que iso implica (que podo pasarme, as veces, cerca dun mes sen tocalo...).
Así é obvio que é difícil mellorar... Pero non falta a vez cada pouco tempo que escoitando unha línea de walking de Paul Chambers ou lick imposible de Scott LaFaro lembro o moito que me gustaría ser un pouco máis contrabaixista e ter máis linguaxe desa sonoridade tan fermosa.

Un biquiño para os que chegáchedes ata aquí e feliz ano novo! ✨☺️🧡 by @andresoleil
44
3 years ago
Download
Onda Soante - Uxía e Narf (recomendo escoitar con cascos 🎵🎚️🎧). Se tedes 3 minutiños máis, tamén podedes leer este texto

Onte, 15 de novembro, cumplíronse 7 anos dende o pasamento de Fran Pérez "Narf", e de maneira, polo que me consta moi improvisada, armouse un concerto tributo no @pubmodusvivendi cun montón de invitades especiais da man da propia @uxiamusica coa que Narf gravou o que creo que foi o seu derradeiro disco en vida. Ocasión de escoitar temas seus ou na súa memoria de mans de grandes músicos como @clara.cantore ou @susoalonsovillalon e incluso a sorte de tocar un pouco unha das cancións dese disco tan relevante para a música galega con xente tan admirada como son @marcosteira_music e @pilosierrarodriguez 

Pareceme polo tanto pertinente subir hoxe outro vídeo dos moitos que gardo tocando por enriba de cancións do disco que Uxía e Narf fixeron xuntos. Hoxe en concreto un vídeo moi especial. Eu, igual que @mauricio._.caruso nunca coincidín con Narf e cando cheguei a Santiago xa só quedaban a sua lenda e as súas cancións... Pero xa sabía del, e ao igual que @santiaraujo eu tamén lamentei cheo de frustración, non ter ocasión de compartir con el todo o que gostaria tendo a alguen tan marabilloso tan perto...

Este tema, Onda Soante, e o que pon final a este disco, e polo tanto o último tema da súa discografía en vida (se non me equivoco). Onte comenteille a Uxía o que me gusta tocalo e mencionoume o moito que ela tamén gostaba de cantar esta canción. Foi a primeira peza do disco que escoitei compulsivamente e que me chegou ao corazón, xusto na época na que faleceu. Súmase a outras como Sarxento Krikalev ou a canción inédita que se fixo nos premios Mestre Mateo 2017 (ambas en parte culpa de @mistercoolofficial ) como o primeiro legado de Narf que me fixo dar conta do talento que eu perdera sen ver a pesar de ter diante dos meus fociños.

Decidín gravar este tema con "Lalo", o meu baixo sen traste, herdanza directa do meu pai, que vai facer 10 anos que nos deixóu, igual que Narf, moito antes do que debería ter sido. Onte o concerto tocoume moito o corazón e sinto que subir isto é un pouco de estar en paz coa vida polas cousas boas que me dá. by @andresoleil
21
3 years ago
Download
Encontrarte - Fran Pérez "Narf" e Uxía 🎧🎚️(con auriculares mellor ☺️)

Traigo hoxe outra edición de: eu tocando con diferentes baixos, varias cancións do fermoso disco que e "Baladas da Galiza Imaxinaria" de @uxiamusica e Narf (aproveitando tamén que xusto acaban de celebrarse os premios Narf da música en honra a este gran artista que nos deixóu fai xa uns cantos anos). 

Aínda que gravei todo en verán vouno espallando con tempo cando atopo un ratiño para escribir isto e lémbrome de amosar un pouco o que toco na miña casa. Con todos os seus erros, que os ten, como grabación perralleira que é feita unha tarde de verán na miña casa. 
Escoitando esta gravación onte a noite (cando me lembrei dela) quedei algo descontento de como quedará o arranxo que fixen... Pero considero que tamén paga a pena subilo como o resto de cancións tal e como foi gravado no seu día. 

 Xa explicará na anterior publicación, que toquei diferentes cancións do disco con todos os baixos que teño por casa, e decidinlle dar este tema ao meu querido baixo de cinco cordas, herdado do meu pai, e intentalo levar por un arranxo con moitos acordes, o cal complícase con todos os calderóns que ten o tema... Aínda así espero que vos guste e moitas grazas por escoitar 🪄🧡🌻🪻🪷💫 by @andresoleil
31
3 years ago
Download
Pois aproveitando que estou "un pouco confinado" vou subir unhas cantas lembranzas deste verán tan chulo a verdade...

 Procedo a comentar as fotos por que non aguanto calado nin debaixo da auga. A última ten sorpresa que é vídeo tocando jeje

1: Teño que facer unha publicación so para as fotos tan chulas das vacacións este ano na Costa da Morte coa familia (@artupop 🧡)

2: Tocando nun día frenético con @luislag0 e o meu admirado e benefactor @sergioabuinmusic 

3: Eu lendo PunPun recén chegado ao mar tras moitas demoras

4: Eu manifestando que quero ser feliz (clara contradicción con leer PunPun, supoño)

5: Cos lindos de @demorumudo preparando a de cousas chulas que van pasar con todos eles no futuro (nesta foto omito a Hugo e Ángel porque xa moi ben tocan, non precisan saír na foto)

6: Fotos de grupo de 2 @daydreamsessions , probablemente o mellor que lle pode pasar a calquiera músico coma eu, é entrar nun proxecto así de marabilloso

7: Unha panda de jazzeritos soltos nun colexio. Supoño que na súa maioría terán que traducir este post para entendelo. Aínda así, hai que querelos moito

8: Depresión post-candas ainda estando alí... 

9: Mentras xestaba o covid ordenei por completo a miña habitación e atopei este flanger analóxico dos anos 80/90 que tiña meu pai e aínda funciona!

10: Eu hoxe con mascarilla e nun estado de hixiene discutible grabando un iconic song deste verán co flanger da anterior foto, pensando en todas as cousas chulas deste verán

Tamén queda polo camiño desta publicación moita xente chula coa que non me saco fotos e que me acolleron e estiveron conmigo este verán jejeje. Estar guai non cabe en dez imaxes 🧡✨ by @andresoleil
32
3 years ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up