Posted On: February 26th 2026, 11:36 am
@molochhhh non entende o rock como fórmula, senón como exploración. Un dos proxectos máis magnéticos que seguimos dende hai tempo e, contando con músicos de Lugo, case era cuestión de tempo que os nosos camiños se atoparan. Felices de contarvos que se unen á familia de A Seara 🤩
Moloch é unha banda de rock progresivo e experimental que pon banda sonora á obra de Jorge Cuña Casasbellas, o poeta maldito pontevedrés, rebelde e anárquico.
Os versos de Cuña fanse carne de rock, liberdade e frescura grazas ao traballo de Moloch, que nos mergulla nun universo no que é fácil entrar… e difícil querer saír. Unha mestura de progresivo, jazz, ambient, rock melódico e máis intenso en perfecta harmonía ⚡️🎶
Moloch está formado por:
🎸 Laura García – guitarra, baixo e voz
🥁 Violeta Mosquera (@somos.bala) – batería
🎹 Andrés Martínez – teclados e voz
En 2026 prepáranse para o seu terceiro álbum, co que continuarán a explorar a obra de Cuña logo do seu último traballo, ‘Hipofanías’, que durante esta tempada seguirán presentando da man desta casa. Emoción plena e máxima.
Benvidas, Laura, Violeta e Andrés! 💫
📸
@aeiooiaia📹 ‘Bosque’ e ‘Judas’ (Hipofanías, 2023) 💿