Instagram story viewer> @concellodefoz> Post
15 days ago
📍𝗟𝗮 𝗔𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗮𝗽𝗮𝗰𝗲𝘀 𝗟𝘂𝗴𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗮́ 𝘀𝗲𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝗙𝗼𝘇 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗿 𝗼 𝗹𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗮𝗱𝗮𝗽𝘁𝗮𝗱𝗼 𝗮́𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗶𝗻̃𝗮

O Concello de Foz mantivo un encontro coa Asociación Capaces Lugo e con Eva Fernández e Eva Rubiños, dúas nais da comarca que impulsaron a iniciativa ante a necesidade de contar na Mariña con alternativas de lecer adaptado para nenos e nenas.

Durante a reunión presentouse “Sábados para crecer”, un proxecto que Capaces xa desenvolve en Lugo e que busca ofrecer aos rapaces e rapazas un espazo de lecer adaptado ás súas necesidades e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación das súas familias.

🤝 O alcalde, Fran Cajoto, trasladou o compromiso do Concello de colaborar coa asociación para que este recurso poida desenvolverse en Foz, teña continuidade e dea servizo ás familias de toda A Mariña.

A nova delegación de Capaces na Mariña terá a súa sede en Foz e estará coordinada por Eva Fernández e Eva Rubiños.

Desde o Concello queremos agradecer a Capaces Lugo e ás familias impulsoras o seu traballo para facer realidade un novo recurso que contribúa a avanzar en inclusión, igualdade de oportunidades e conciliación na nosa comarca.

📩 As familias interesadas en recibir máis información poden contactar coa asociación en capaceslugo@gmail.com.

📷 @asociacioncapaceslugo 

#ConcellodeFoz #Foz #CapacesLugo #LecerAdaptado
1
Posted On: October 2nd 2026, 09:22 am
📍𝗟𝗮 𝗔𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗮𝗽𝗮𝗰𝗲𝘀 𝗟𝘂𝗴𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗮́ 𝘀𝗲𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝗙𝗼𝘇 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗿 𝗼 𝗹𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗮𝗱𝗮𝗽𝘁𝗮𝗱𝗼 𝗮́𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗶𝗻̃𝗮

O Concello de Foz mantivo un encontro coa Asociación Capaces Lugo e con Eva Fernández e Eva Rubiños, dúas nais da comarca que impulsaron a iniciativa ante a necesidade de contar na Mariña con alternativas de lecer adaptado para nenos e nenas.

Durante a reunión presentouse “Sábados para crecer”, un proxecto que Capaces xa desenvolve en Lugo e que busca ofrecer aos rapaces e rapazas un espazo de lecer adaptado ás súas necesidades e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación das súas familias.

🤝 O alcalde, Fran Cajoto, trasladou o compromiso do Concello de colaborar coa asociación para que este recurso poida desenvolverse en Foz, teña continuidade e dea servizo ás familias de toda A Mariña.

A nova delegación de Capaces na Mariña terá a súa sede en Foz e estará coordinada por Eva Fernández e Eva Rubiños.

Desde o Concello queremos agradecer a Capaces Lugo e ás familias impulsoras o seu traballo para facer realidade un novo recurso que contribúa a avanzar en inclusión, igualdade de oportunidades e conciliación na nosa comarca.

📩 As familias interesadas en recibir máis información poden contactar coa asociación en [email protected].

📷 @asociacioncapaceslugo

#ConcellodeFoz #Foz #CapacesLugo #LecerAdaptado
Comments (1)
bea_lage_viveiro 15 days ago

bea_lage_viveiro

Non poderían ter escollido unha equipa mellor ❤️

More posts

back to up