Instagram story viewer> @concellodefoz> Posts
8.9K
followers
864
following
Perfil oficial do Concello de Foz 📍
POSTS STORIES REELS TAGGED
🎭👑 𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝘀 𝘀𝗲𝗿 𝗮 𝗿𝗮𝗶́𝗻̃𝗮 𝗼𝘂 𝗼 𝗿𝗲𝗶 𝗱𝗼 𝗘𝗻𝘁𝗿𝗼𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗙𝗼𝘇 𝟮𝟬𝟮𝟳?
Xa están dispoñibles as bases para participar na elección da raíña e do rei do Entroido de Foz.

📅 Prazo de inscrición: ata o 21 de outubro.
👑 Acto de elección: sábado 24 de outubro.
📲 As persoas interesadas poden consultar as bases e os requisitos de participación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Foz:
🔗 https://concellodefoz.sedelectronica.es/

🎉 Anímate a participar nunha das citas do Entroido focense!

#Foz #ConcelloDeFoz #EntroidoDeFoz #Entroido2027 #RaíñaEReiDoEntroido by @concellodefoz
0
a day ago
Download
♻️ 𝗖𝗼𝗻𝘀𝘂𝗹𝘁𝗮 𝗼 𝗰𝗮𝗹𝗲𝗻𝗱𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗼 𝗣𝘂𝗻𝘁𝗼 𝗟𝗶𝗺𝗽𝗼 𝗱𝗲 𝗙𝗼𝘇!

Compartimos o calendario do Punto Limpo Móbil, un servizo de recollida que facilita á veciñanza a correcta separación e entrega de residuos que non deben depositarse nos contedores habituais.

🌍 Lembra que depositar cada residuo no lugar axeitado é fundamental para favorecer a reciclaxe e coidar o noso contorno.

#Foz #ConcellodeFoz #Reciclaxe by @concellodefoz
0
2 days ago
Download
📅 𝗔𝘅𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗱𝗲 𝗙𝗼𝘇 | 𝟭𝟱, 𝟭𝟳 𝟭𝟴 𝗲 𝟭𝟵 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼

O humor, o teatro, o cinema galego e unha cita solidaria protagonizan a programación dos próximos días en Foz. Toma nota! 👇

🎭 Xoves 15 | "Bibidibabidibú"
Comeza o ciclo de humor "A Vespa Vespertina" co espectáculo de improvisación das Teimas, formado por Marta Doviro, Sheyla Fariña e Susana Sampedro. Será ás 20:30 h na Sala Bahía.

🎭 Sábado 17 | "Á herdanza de Xoana"
O Grupo Teatral Caxiga presenta esta obra dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado e Profesional 2026, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva O Castro de Vilaronte. A representación será ás 19:00 h. Entrada gratuíta para socios e 3 € para non socios. Máis información no 656 79 60 12.

🎬 Domingo 18 | Sesión de curtametraxes do Ciclo Mestre Mateo
Os Domingos de Cine en Foz continúan cunha selección de catro curtametraxes finalistas dos Premios Mestre Mateo: "Abellón", "Adeus Berta", "Algo novo que contar" e "Curmán". A proxección será ás 18:30 h na Casa da Cultura, con entrada gratuíta.

🎭 Domingo 18 | "Historia de Lavadero"
O ciclo Fazouro – Teatro en Outono presenta esta obra do grupo +Teatro-Móvil. A representación terá lugar ás 19:30 h nas antigas escolas de Fazouro, con entrada gratuíta. Organiza o Grupo de Teatro Adala.

🎀 Luns 19 | Lazo humano solidario contra o cancro de mama
Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, celebrarase un encontro solidario para formar un lazo humano e visibilizar a importancia da sensibilización fronte a esta enfermidade. Será ás 18:30 h no parque da Praza de Galicia, coa participación da Asociación Española Contra o Cancro.

#Foz #ConcellodeFoz #AxendaFoz by @concellodefoz
0
3 days ago
Download
❤️ 𝗔𝗽𝗿𝗲𝗻𝗱𝗲𝗿 𝗮 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗿 𝗮𝗻𝘁𝗲 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗲𝗺𝗲𝗿𝘅𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗽𝗼𝗱𝗲 𝘀𝗮𝗹𝘃𝗮𝗿 𝘃𝗶𝗱𝗮𝘀!

O vindeiro martes 27 de outubro celebrarase no CENIMA de Foz unha formación en reanimación cardiopulmonar básica (RCP), organizada por ACIA Foz-CCA e aberta a toda a poboación.

Durante a sesión, as persoas participantes aprenderán a recoñecer unha parada cardiorrespiratoria e a realizar as manobras básicas de reanimación, fundamentais para saber como actuar nos primeiros momentos dunha emerxencia.

📅 Martes 27 de outubro
🕢 19:30 horas
📍 CENIMA – Foz

📝 Inscricións:
📞 982 132 751
📧 aciafoz@gmail.com

#ConcellodeFoz #Foz #ACIAFoz #RCP by @concellodefoz
0
3 days ago
Download
DESDE AQUÍ | 🎥📍 Nesta ocasión estivemos en Foz para falar co seu alcalde, Fran Cajoto, sobre a situación do municipio tras as intensas choivas destes últimos días e as revisións e actuacións que se están levando a cabo. Tamén falamos do estado das obras da rotonda de Cangas e da programación do Outono Cultural de Foz.

#publi #desdeaquí #aquidiario #foz by @concellodefoz
0
9 days ago
Download
📅 𝗔𝘅𝗲𝗻𝗱𝗮 𝗰𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗙𝗼𝘇 | 𝟵, 𝟭𝟬, 𝟭𝟭  𝗲 𝟭𝟮 𝗱𝗲 𝗼𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼

Unha nova fin de semana con teatro, cinema e festas en Foz. Estas son as citas:

🎭 Venres 9 | "As gardiás ou o nó do tecelán"
Teatro de Ningures presenta na Sala Bahía esta obra de Nasser Djemaï, dirixida por Cristina Domínguez. A representación comezará ás 20:30 h.

🎭 Domingo 11 | "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
Teatro para público familiar da man de A Xanela do Maxín, ás 12:00 h na Sala Bahía.

🎬 Domingo 11 | "As liñas descontinuas"
Continúan os Domingos de Cine en Foz e o Ciclo Mestre Mateo 2026 coa proxección de "As liñas descontinuas", ás 18:30 h na Casa da Cultura.

🎭 Domingo 11 | "Da Taberna ó Consultorio e da Cociña ó Purgatorio"
Nova cita con Fazouro – Teatro en Outono. O grupo Os Pícaros de Lagoa actuará ás 19:30 h nas antigas escolas de Fazouro.

🎉 Do sábado 10 ao luns 12 | Festas do Pilar na Espiñeira
A Espiñeira celebra as súas festas cunha completa programación. O sábado 10, ás 21:00 h, haberá cea prefesta, sorteos e música con DJ HD Brothers. O domingo 11, misa solemne ás 13:00 h e sesión vermú coa orquestra Pontevedra, que pola noite compartirá verbena con Charleston Big Band. O luns 12, ás 13:00 h, misa solemne e procesión acompañada de gaitas, seguida dunha gran sesión vermú co Grupo da Silva.

📸 Ata o 12 de outubro | Exposición "Misión: Afganistán"
O CENIMA acolle esta mostra organizada polo Ministerio de Defensa, a través da Subdelegación de Defensa en Lugo. Pode visitarse de 9:30 a 14:00 horas ata o luns.

#Foz #ConcellodeFoz #AxendaFoz by @concellodefoz
1
9 days ago
Download
🎬 𝗗𝗼𝗺𝗶𝗻𝗴𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗖𝗶𝗻𝗲 𝗲𝗻 𝗙𝗼𝘇 | 𝗖𝗶𝗰𝗹𝗼 𝗠𝗲𝘀𝘁𝗿𝗲 𝗠𝗮𝘁𝗲𝗼 𝟮𝟬𝟮𝟲

O cinema galego continúa este outono na Casa da Cultura de Foz coa programación do Ciclo Mestre Mateo 2026. Todas as proxeccións son ás 18:30 horas e con entrada gratuíta.

As próximas citas son:

🎞️ 11 de outubro | "As liñas descontinuas"
🎞️ 18 de outubro | Sesión de curtametraxes finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo: "Abellón", "Adeus, Berta", "Algo novo que contar" e "Curmán"
🎞️ 25 de outubro | "O silencio herdado"
🎞️ 8 de novembro | "Deuses de pedra"
🎞️ 15 de novembro | "360 Curvas"

📍 Casa da Cultura 
🕡 18:30 h
🎟️ Entrada gratuíta

Unha programación promovida no marco do Ciclo Mestre Mateo, coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Foz.

#ConcellodeFoz #Foz #DomingosDeCine #CicloMestreMateo by @concellodefoz
0
10 days ago
Download
🚧 𝐋𝐢𝐜𝐢𝐭𝐚𝐝𝐚 𝐚 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐚 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐬𝐞𝐜𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐚 𝐍-𝟔𝟒𝟐 𝐜𝐨𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐚 𝐅𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐧𝐚 𝐂𝐨𝐫𝐫𝐞𝐝𝐨𝐢𝐫𝐚

A Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia anunciou a licitación das obras de mellora da intersección da N-642 coa LU-152, estrada a Ferreira do Valadouro, na Corredoira, por un importe de 511.617,26 euros.

A actuación afecta a un punto de conexión utilizado, entre outras, pola veciñanza das parroquias de Vilaronte, San Martiño, Santa Cilla e Santo Acisclo, especialmente nos desprazamentos cara a Foz.

🛣️ O proxecto de trazado foi sometido a información pública en 2023 e a súa aprobación definitiva publicouse en 2024. Co anuncio da licitación iníciase agora o procedemento para a contratación das obras.

A actuación ten como obxecto a mellora da intersección entre ambas as estradas e das condicións de incorporación á N-642.

#Foz #ConcellodeFoz #ACorredoira by @concellodefoz
2
11 days ago
Download
🎭🎬 𝗣𝗥𝗢𝗚𝗥𝗔𝗠𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗖𝗨𝗟𝗧𝗨𝗥𝗔𝗟 𝗗𝗘 𝗢𝗨𝗧𝗢𝗡𝗢 𝗘𝗡 𝗙𝗢𝗭

O teatro, o cine e a danza protagonizan a programación cultural prevista para os meses de outubro e novembro, con actividades durante as fins de semana.

📌 Esta semana:
🎭 Venres 9 | 20:30 h
As Gardiás, de Teatro de Ningures
📍 Sala Bahía
🐭 Domingo 11 | 12:00 h
A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
📍 Sala Bahía
🎬 Domingo 11 | 18:30 h
As liñas discontinuas – Domingos de Cine en Foz
📍 Casa da Cultura

Durante outubro e novembro haberá novas citas, entre elas Memorias dun neno labrego, unha proposta de danza de Colectivo Glovo e A velada de Londres, en recordo de Manuel Lourenzo.

📲 Consulta a programación completa, datas e horarios na web e nas redes sociais do Concello.

#Foz #ConcellodeFoz #CulturaFoz #Programación by @concellodefoz
0
11 days ago
Download
🚜 𝗜𝗧𝗩 𝗺𝗼́𝗯𝗶𝗹 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘃𝗲𝗵𝗶́𝗰𝘂𝗹𝗼𝘀 𝗮𝗴𝗿𝗶́𝗰𝗼𝗹𝗮𝘀, 𝗱𝗲 𝗼𝗯𝗿𝗮𝘀 𝗲 𝘀𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗙𝗼𝘇

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos estará o vindeiro venres 9 de outubro na Área Recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, para realizar inspeccións a vehículos agrícolas, de obras e servizos.

📅 Venres 9 de outubro
📍 Área Recreativa de Ferreiravella – San Martiño
🕘 De 9:00 a 13:30 horas
📞 Cita previa: 981 928 080 ou a través de www.sycitv.com.

#Foz #ConcellodeFoz #ITV by @concellodefoz
0
12 days ago
Download
🚧 𝗡𝗼𝘃𝗮𝘀 𝗮𝗰𝘁𝘂𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗿 𝗼𝘀 𝗰𝗮𝗺𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗩𝗶𝗹𝗮𝗿𝗼𝗻𝘁𝗲

👉 O Concello de Foz continúa coa mellora das infraestruturas nas parroquias. Estes días os traballos céntranse no barrio da Rúa, en Vilaronte, coa colaboración do Parque de Maquinaria e do equipo de rega asfáltica da Deputación de Lugo.

Ademais, están previstas outras melloras de vías da parroquia con cargo ao Plan Deputación 2026.

Seguimos avanzando na renovación dos camiños e infraestruturas que a veciñanza utiliza cada día. 🛣️

#Foz #ConcellodeFoz #Vilaronte by @concellodefoz
4
14 days ago
Download
📍𝗟𝗮 𝗔𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗖𝗮𝗽𝗮𝗰𝗲𝘀 𝗟𝘂𝗴𝗼 𝘁𝗲𝗿𝗮́ 𝘀𝗲𝗱𝗲 𝗲𝗻 𝗙𝗼𝘇 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮𝗿 𝗼 𝗹𝗲𝗰𝗲𝗿 𝗮𝗱𝗮𝗽𝘁𝗮𝗱𝗼 𝗮́𝘀 𝗳𝗮𝗺𝗶𝗹𝗶𝗮𝘀 𝗱𝗮 𝗠𝗮𝗿𝗶𝗻̃𝗮

O Concello de Foz mantivo un encontro coa Asociación Capaces Lugo e con Eva Fernández e Eva Rubiños, dúas nais da comarca que impulsaron a iniciativa ante a necesidade de contar na Mariña con alternativas de lecer adaptado para nenos e nenas.

Durante a reunión presentouse “Sábados para crecer”, un proxecto que Capaces xa desenvolve en Lugo e que busca ofrecer aos rapaces e rapazas un espazo de lecer adaptado ás súas necesidades e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación das súas familias.

🤝 O alcalde, Fran Cajoto, trasladou o compromiso do Concello de colaborar coa asociación para que este recurso poida desenvolverse en Foz, teña continuidade e dea servizo ás familias de toda A Mariña.

A nova delegación de Capaces na Mariña terá a súa sede en Foz e estará coordinada por Eva Fernández e Eva Rubiños.

Desde o Concello queremos agradecer a Capaces Lugo e ás familias impulsoras o seu traballo para facer realidade un novo recurso que contribúa a avanzar en inclusión, igualdade de oportunidades e conciliación na nosa comarca.

📩 As familias interesadas en recibir máis información poden contactar coa asociación en capaceslugo@gmail.com.

📷 @asociacioncapaceslugo 

#ConcellodeFoz #Foz #CapacesLugo #LecerAdaptado by @concellodefoz
1
15 days ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up