Instagram story viewer> @praza.gal> Posts
16.7K
followers
1290
following
O xornal da Galicia que vén
Faite socia, faite socio
POSTS STORIES REELS TAGGED
‼️✊🏼 DATOS | A conflitividade laboral dispárase en Galicia ás portas do 11N: a maior cifra de folgas dende o 2009

📊 Só entre xaneiro e agosto participaron en folgas laborais en Galicia máis traballadores e traballadoras que nos 12 meses de todos os anos dende o 2009

➡️ Os case 50 mil participantes en folgas no que levamos de ano multiplican por oito as cifras de 2025. Galicia é o segundo territorio con maior incidencia dos paros laborais, só por detrás de Euskadi

↪️ Consulta todos os datos en 🔗Praza.gal [ligazón na bio e stories] 

#folgaxeral #11N #folga #paros #sindicalismo by @praza.gal
12
a day ago
Download
🗳️ DATOS | A caída de electorado mozo frea en Galicia cara ás xerais do 29N

📊 O grupo de votantes menores de 35 anos medra un chisco tras dúas décadas de caída continua e sitúase na contorna das 370.000 persoas nun censo no que o grupo con máis peso segue a ser o de maiores de 65

👉🏻 Case 78.000 mozas e mozos poden votar por primeira vez nunhas xerais en Galicia por faceren 18 anos dende as anteriores, as de xullo de 2023

↪️Máis info e gráficos interactivos en Praza.gal [🔗ligazón na bio e nas stories]

#mocidade #Galicia #eleccións #29N #datos #censo by @praza.gal
3
3 days ago
Download
🏢🔍 DATOS | A vivenda, cada vez en menos mans tamén en Galicia: o país de pequenos propietarios concéntrase aos poucos 

📊Por primeira vez hai menos persoas cun só ben inmobiliario -vivendas, locais comerciais, garaxes...- que persoas multipropietarias

🏘 As persoas con máis dunha vivenda suman case o 45% do total aínda que os titulares de máis de 5 inmobles seguen a ser unha minoría

 ↪️+info, datos e gráficos, en Praza.gal [🔗ligazón na bio e nas stories]

#vivenda #Galicia #propietarios #alugueiro #alquiler #datos by @praza.gal
1
4 days ago
Download
🙋‍♀️Seguimos! 

No reel de hoxe, 🤳 @larias_wrk e eu achegámomos á Silva e ao Ventorrillo para descubrir unha nova historia da cidade da Coruña.

Na nova entrega do podcast documental da @praza.gal , percorremos as rúas da Silva (o antigo Couto de San Cristovo das Viñas) para rescatar a historia do ateneo El Resplandor en el Abismo e a represión que sufriu este barrio libertario tralo golpe de 1936. Neste reel fálovos un pouquiño disto a modo introdutorio 👀

Pero… que máis imos descubrir neste novo capítulo do podcast? Unha viaxe sonora polas voces anónimas e a dignidade veciñal: a saga do cantante Pucho Boedo e o seu pai asasinado, a resistencia das Seiriñas con Maruxa Seijas e as potas de dobre fondo, a historia de Arturo Meirás, fontaneiro, boxeador e redactor de Brazo y Cerebro e o violín enmudecido do xove Manuel Seoane, fusilado no Campo da Rata.

Coas voces da historiadora Beatriz Gómez, o divulgador Xurxo Souto, o escritor Manuel Rivas e o historiador Dionisio Pereira.

Agradecemos á CRMH da Coruña e ao IES Agra do Orzán que nos permitisen usar gravacións da entrevista que fixeron en 2025 con Maruxa Seijas para este episodio.

🤝🏻 Falamos de memoria é unha produción da Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos Cincuenta Anos de España en Liberdade.

En canto ao Podcast: Introdución: Prado Rúa | Entrevistas e guión: Pablo Vázquez e Paula Cermeño | Montaxe: Xarda Cooperativa Audiovisual | Narradora: Llerena Perozo

#falamosdememoria #historia #galega #publicidade by @praza.gal
94
5 days ago
Download
📊DATOS | A Galicia que madruga vive peor: os barrios que dependen máis do seu traballo teñen menos renda

👀 Fronte aos barrios urbanos máis pobres, con renda medias por fogar entre os 25.000 e os 30.000 euros anuais e nos que as rendas do traballo achegan case o 85% dos ingresos, nos barrios con máis renda gañan importancia outras fontes de riqueza xeradas polo seu capital (accións bursátiles, fondos de investimento...) ou polo seu patrimonio inmobiliario (por exemplo, as rendas de alugueiro)

💶A Axencia Tributaria vén de publicar a información estatística das declaracións de IRPF en 2024 en cada código postal das cidades de máis de 100.000 habitantes. En Galicia son Vigo,A Coruña, Ourense e, por primeira vez, tamén Santiago e Lugo

↪️Tes todos os datos, gráficos interactivos e máis contexto en Praza.gal [🔗ligazón na bio e nas stories]

#economía #datos #Galicia #renda #riqueza #rendismo #traballo by @praza.gal
19
5 days ago
Download
🖋️📖🏆 REPORTAXE | O Nobel para Anne Carson, a poeta que gabou as estrelas de Compostela sempre cun pé na Grecia clásica

😍 Cando a chamaron para anunciarlle que gañara o Premio Nobel de Literatura 2026, Anne Carson atopábase en Islandia “escoitando o vento”

👀📚 A súa obra pódese ler en galego grazas ás traducións de Jesús Castro Yáñez: ‘A antropoloxía da auga’, unha sorte de diario do seu percorrido do Camiño de Santiago, e ‘Autobiografía do vermello’, unha novela en verso que recupera un poema da mitoloxía grega, ambas editadas por Chan da Pólvora

🗣️Falamos co seu tradutor @exantheo e mais coa poeta @chus_pato_ e o escritor @braislamela sobre este galardón a unha autora que se afasta dos canons

↪️ Le a reportaxe de @belamistura en 🔗Praza.gal [ligazón na bio e stories]

#AnneCarson #NobelLiteratura #galego #literaturaengalego #Letras by @praza.gal
1
6 days ago
Download
🏛️ Unha ducia de exemplos galegos de brutalismo, de celebración na Coruña

🏢 A Coruña está a celebrar a sétima edición da Semana da Arquitectura, que este ano está dedicada ao brutalismo e ao legado que esta corrente deixou especialmente na paisaxe urbana da cidade, pero tamén noutros lugares de Galicia

👀 Repasamos algúns dos edificios creados -especialmente nos anos 60 e 70 do pasado século- seguindo as características dun estilo valente e orixinal, marcado polo protagonismo do formigón visto e pola expresividade das estruturas e materiais

↪️ A ducia completa en 🔗Praza.gal/ducias [ligazón na bio e stories]

#arquitectura #brutalismo #ACoruña #edificio #Galicia by @praza.gal
16
7 days ago
Download
🎶 ENTREVISTA | Tanxugueiras: "Nada hai máis poderoso que sentirse parte dun lugar e máis cando todo se globaliza"

Tres anos despois de converterse no primeiro grupo que enchía o Coliseum da Coruña (con capacidade para 9.000 persoas) cantando en galego, as @tanxugueiras redobran a aposta. O vindeiro sábado 17 de outubro volven ao recinto para presentar O Cuarto, o seu novo álbum, nunha noite repleta de sorpresas. Falamos con @aidatarrio 

↪️ A entrevista completa, en 🔗Praza.gal [ligazón na bio e stories]

#tanxugueiras #música #galicia by @praza.gal
3
8 days ago
Download
🖤 Tras o desfile de centos de persoas durante catro horas polo auditorio do @museodopobo, a carón do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, ás catro da tarde deste venres deu comezo un acto de despedida no que interviron brevemente diversas amizades e acompañantes de Beiras ao longo dos seus 90 anos: Ánxel Huete, Encarna Otero, Luís Soto, Gerardo Pisarello, Martiño Noriega, ou Goretti Sanmartín foron deixando diversas lembranzas sobre o falecido

👏🏻 O cadaleito de Xosé Manuel Beiras saíu do museo entre aplausos e berros como ‘Galiza ceibe, poder popular’ ou ‘Viva Beiras’. 18 minutos de aplausos antes de que o coche fúnebre partise cara ao cemiterio de Boisaca

#Beiras #XoséManuelBeiras #Galicia taken in Museo do Pobo Galego by @praza.gal
5
9 days ago
Download
📸 CRÓNICA | Beiras, como Castelao, xa é patrimonio do pobo 

Beiras loitou "sempre ollando aos lados para alentar a quen nos acompaña" e este venres foi el o acompañado por unha multitude

↪️ A crónica e a galería de imaxes completa, en 🔗Praza.gal [ligazón na bio e stories]

#beiras #galicia #xosemanuelbeiras by @praza.gal
15
9 days ago
Download
⭐️ Xosé Manuel Beiras, na fronte unha estrela

✊🏻 Beiras sentiuse interpelado pola morte de Castelao con apenas 13 anos. No seu pasamento exerceron as comparanzas entre ambas figuras, as máis delas con xustiza e precisión

🖤 A cidadanía galega despide este venres a Beiras no @museodopobo 

↪️ Le o artigo de @davidlombao en 🔗Praza.gal [ligazón na bio e stories]

#Beiras #XoséManuelBeiras #Galicia by @praza.gal
9
10 days ago
Download
⚫️ OBITUARIO | Xosé Manuel Beiras, 90 anos de loita contra a ruda adversidade urxente 

⚫️ Economista, escritor, pai, parella e polemista, por riba de todo foi un animal político atacado e admirado máis alá dos seus pronunciamentos

⚫️Atravesa e é atravesado pola historia política de Galicia, da que en moitas ocasións foi protagonista e motor principal, e que sen o seu concurso tería sería moi diferente en varios momentos e encrucilladas

⚫️Tivo varias vidas (políticas), todas coherentes entre si e que probablemente non se entenden na súa totalidade sen poñelas en relación coas anteriores. Dende a fundación do PSG ao camiño de volta cara ao apoio ao BNG que contribuíu a fundar e que liderou nos 90, a esquerda política e o nacionalismo, pero tamén o país no seu conxunto despiden unha figura excepcional

↪️Máis información e contexto en Praza.gal [🔗ligazón na bio e nas stories]

#Beiras #XoséManuelBeiras #DEP #Galicia by @praza.gal
36
11 days ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up