Instagram story viewer> @selicfestival> Posts
3.8K
followers
461
following
📚 SEMANA DO LIBRO DE COMPOSTELA ✨
📅 Do 2 ao 11 de outubro de 2026, na Quintana
L-V: 16.30h-21h
S-D: 11.30h-14.30h / 16.30h-21h
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
🎶 E se as editoras e librarías da SELIC tivesen banda sonora propia? 👀📚✨

Pois aquí vai a nosa versión, con algunhas das protagonistas desta edición e esas cancións que, por algún motivo, pensamos que funcionan demasiado ben 😋💃🏽🎸

Os libros tamén teñen ritmo e a SELIC, como non, ten a súa propia melodía 💛 taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
14
4 days ago
Download
E así chegamos ao final da SELIC 🥹📚💓 O último día comezou con máis maxia do habitual, con libros e historias, con paseos, debuxos, fotos, conversas e novas presentacións. E ao final, todo acabou converténdose nunha festa!

Unha última xornada ben completa. 

Queredes máis? Vémonos no 2027 🩵

📸 @ladiapo taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
0
4 days ago
Download
🛍️📚 Unha das cousas máis chulas da SELIC é descubrir que libros acaban viaxando para casa con cada persoa 👀

Falei con algunhas lectoras para saber que compras fixeron nesta edición e con que títulos marchan baixo o brazo 💛

E ti, que mercaches? Queremos sabelo! 📖✨ by @selicfestival
18
4 days ago
Download
E para pechar a SELIC como se merece, hai que botar uns bailes! 🎶🔥📖

@davidcortizoconde e @djmisagz puxeron o broche final a estes dez días cunha mestura de literatura e música para celebrar todas esas cancións feitas en galego que tamén forman parte das nosas historias 🕺🏼🎶 taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
0
4 days ago
Download
María Lado recitando ‘Agra de Raíces’, un poema adicado ao que foi seu instituto no seu Cee natal 💚 taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
4
5 days ago
Download
Que pasaría se un día descubrimos que as herbas que medran ao noso redor poden agochar un montón de historias e segredos? 👀🌱

Sara Laya levounos de paseo polo mundo de Maxina e a maxia das herbas, para descubrir contos, herbas e todos eses pequenos misterios que podemos atopar na natureza 📖🌿🧚🏼‍♀️✨

Aprender é divertido! 🥰 taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
0
5 days ago
Download
Estamos chegando á fin 😭 Pero uf, este último sábado da SELIC foi deses de non parar! 🥹✨

Comezamos a mañá poñéndonos mans á obra cun fanzine familiar, seguimos percorrendo Compostela a través de diferentes paseos e historias e tivemos tempo para falar de turismo, memoria e libros 😋 Pola tarde, performance, encontros, presentacións, sinaturas e propostas ben bonitas, rematando incluso debuxando Compostela cando caeu a noite.

Hoxe será o último día. Aproveitade para facer as vosas compras 🛍️📚

📸 @ladiapo taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
5
5 days ago
Download
🪡 Hai un fío que nos conecta con todo aquilo que nos importa. Din que é invisible, pero esta vez quixemos facelo visible.

Da man de Brigitte Vasallo, puxemos en marcha unha acción performativa colectiva coa que unimos cunha corda labrega a Praza da Quintana e a Praza do Obradoiro. Onde nacen os libros e onde a acampada pola vivenda mantén viva a súa reivindicación.

A cultura non está illada do que pasa nas rúas, e hai problemas que atravesan os libros, as prazas e as nosas vidas. Ás veces abonda con tirar dun fío para decatarnos de todo o que nos une ⛺️📖❤️ taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
10
5 days ago
Download
Hai músicas que seguen connosco moito despois de escoitalas por última vez 💛🎶

Dez anos despois da morte de Narf, a SELIC reúne algunhas das persoas fundamentais na súa vida e na súa traxectoria musical para lembrar o seu legado a través de ‘Fran Pérez, Narf. Canto sentido’, un libro-CD que recupera a memoria deste músico imprescindible da cultura galega. taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
2
5 days ago
Download
Colóquio a partir do livro Tourists, go home? con Anxo Rabuñal Rey, Javier H. Rodríguez, Santiago Rodríguez Caramés e José João R. Rodrigues —as pessoas
co-autoras da obra— 📖

🗣️🧳 Uma reflexão plural e interdisciplinar sobre um dos fenómenos sociais mais relevantes da atualidade galega: os impactos da turistificação na Galiza, as transformações urbanas e territoriais associadas ao turismo de massas, os conflitos em torno da habitação e do espaço público e as formas de resistência e organização social que têm surgido perante estes processos. taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
1
6 days ago
Download
Que pasa cando xuntamos debuxos, fotografías, recortes e unha familia? ✂️📸 @mellamangrieta e @josetoro.0 propuxeron un obradoiro para crear un Fanzine familiar fatal a partir da memoria, dos obxectos e das historias propias.

Divertidísimo! taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
4
6 days ago
Download
O venres na SELIC foi así 🌈📚

Unha xornada chea de encontros arredor da memoria, da literatura e das historias que forman parte da nosa cidade. Falamos das vidas e historias LGBT da Compostela medieval e moderna e achegámonos tamén á literatura para xente moza, compartindo voces, libros e novas perspectivas.

Algúns momentos do que vivimos onte, nestas fotografías 👇🏼

📸 @ladiapo taken in Santiago de Compostela, Spain by @selicfestival
1
6 days ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up