Instagram story viewer> @sertrillo> Posts
20.6K
followers
366
following
🍳 Cociñeiro galego
📧 [email protected]
👇Aquí ando👇
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
AS 10 EMPANADAS MÁIS ICÓNICAS DE GALICIA 🍽️
CAP 4: EMPANADA DE MILLO DE ZAMBURIÑAS (VOLANDEIRAS)

Esta empanada é unha oda a gastronomía galega, pola masa crocante e humedecida polo sabor da zaragallada. Unha empanada que non poderás comer so un cacho, estou seguro.
A receta da masa e do libro “Pan galego” de @opelouro , unha auténtica biblia das masas galegas e que recomendo encarecidamente.

INGREDIENTES
Para a masa
550 g fariña de millo galego
550 g auga fervendo para escaldar
175g fariña de trigo do país
250 g auga para a masa fina
30 g líquido das zamburiñas
15 g levadura fresca
12g sal

Recheo
5-6 cebolas medianas 
1 pemento vermello
1 vaso de viño para desglasar 
Aceite de oliva

Aceite do sofrito para pintar

#empanada #galicia #tradicion #cocina by @sertrillo
274
7 months ago
Download
ORELLA BRAVA 🐷🥖

Unha auténtica locura de sabores que mestura a tradición galega co toque picante e cítrico que o cambia todo.

📝 INGREDIENTES
Para a Salsa Brava Especial:
 Cebola, allo e xengibre ben picados
 Pimentón doce
 1 cullerada ben chea de fariña
 Pasta Gochujang (o toque picante 🔥)
 Caldo de polo
 Un chorro de vinagre
 Salsa de soia e salsa Perrins
 Ralladura de laranxa
Para o Bocata:
 Orella de porco (previamente cocida)
 Mayonesa de allo asado 🧄
 Queixo de Tetilla 🧀
 O teu pan favorito 🥖
👨‍🍳 PASO A PASO
1. A Salsa Brava: Pocha a cebola, o allo e o xengibre. Engade o pimentón, a fariña e a pasta Gochujang. Molla co caldo de polo, vinagre, soia e Perrins. Deixa reducir, engade a ralladura de laranxa e tritura ben.
2. Mayonesa: Prepara unha mayonesa batida con allo asado.
3. A Orella: Tosta a orella cocida no forno ou airfryer a 190°C durante 20 minutos ata que quede ben crocante.
4. O Queixo: Funde o queixo de Tetilla noutra tixola antiadherente.
5. Montaxe: Cobre a base do pan coa mayonesa de allo asado, engade a orella crocante, o queixo de Tetilla ben fundido por riba e remata coa salsa brava. ¡Tapa e a desfrutar!

#bocadillo #pornfood #recetascaseras by @sertrillo
130
2 months ago
Download
Bocadillos que me gustaría ter no meu bar, no caso de que o tivese: O TORTIZORZA ,bocadillo que fan no @raices_galegas , en Santiago.

INGREDIENTES
6 ovos e unha xema
600 g pataca agria
Sal
Aceite de oliva
1 cebola caramelizada
250 g zorza
Pan

#bocadillos #recetascaseras #recetastradicionales #tortilladepatata by @sertrillo
437
6 months ago
Download
TRUCO PARA PELAR CASTAÑAS #castañas #outono by @sertrillo
61
2 days ago
Download
TACOS DE BACALLAU Á ROMANA 🌮

Crocantes por fóra, cremosos por dentro e cun toque ácido dos encurtidos que fai que che apeteza outro antes de rematar o primeiro.

Ingredientes

Para a crema

* 1 aguacate
* 5 pementos do piquillo
* Zume de lima
* Sal

Para o bacallau

* Migas de bacallau
* Fariña
* Ovo

Para rematar

* Cebola vermella
* Pepinillos encurtidos
* Millo frito
* Tortillas de millo

Preparación

1. Comezamos preparando a crema. Poñemos nun vaso o aguacate, os pementos do piquillo, un pouco de zume de lima e sal. Trituramos todo ata conseguir unha crema fina e cremosa.
2. Pasamos as migas de bacallau por fariña e despois por ovo batido. Fritímolas en aceite quente ata que queden ben douradas e crocantes. Cando estean listas, deixámolas sobre papel absorbente.
3. Picamos moi fina a cebola vermella e os pepinillos. Esta mestura vai achegarlles un punto fresco e ácido aos tacos.
4. Quentamos as tortillas de millo nunha tixola ou directamente ao lume, con coidado de que non se queimen.
5. Montamos os tacos poñendo primeiro a crema de aguacate e piquillos, despois o millo frito por enriba da crema, o bacallau e, finalmente, a cebola cos pepinillos.
6. Servimos ao momento e gozamos. Iso si, non prometemos que sexa posible comer só un. 🌮🤝

#tacos #bacallau #recetas #streetfood by @sertrillo
27
5 days ago
Download
🍅🍑 ENSALADA DE TOMATE, PEXEGO E QUEIXO FRESCO DE CABRA

Poucos ingredientes, produto de tempada e unha ensalada que ten de todo: doce, ácido, cremoso e crocante.

Ingredientes:
🍅 Tomates maduros
🍑 Pexego
🧀 Queixo fresco de cabra
🧅 Cebola encurtida
🥖 Pan
🫒 AOVE
🍇 Vinagre de Módena
🧂 Sal
🧈 Manteiga
🤏 Azucre

Paso a paso:

1️⃣ Corta os tomates, alíñaos con AOVE, vinagre de Módena e sal e deixa que repousen mentres preparas o resto.

2️⃣ Corta o pexego en cuñas e pásao pola tixola cun pouco de manteiga e azucre ata que quede ben dourado e caramelizado.

3️⃣ Corta o pan en dados e tórrao ata conseguir uns croûtons ben crocantes.

4️⃣ Monta a ensalada co tomate aliñado, o pexego caramelizado e o queixo fresco de cabra.

5️⃣ Engade a cebola encurtida e os croûtons.

6️⃣ Remata cos zumes e o aliño que quedaron no fondo do tomate. E a comer.

Unha ensalada, si. Pero das que non deixan nada no prato. 🤝🍅
#ensalada #tomate #recetas by @sertrillo
21
9 days ago
Download
ARROZ DE MARISCO 🦐🦀🦞

Hoxe tocou prender o lume e facer un arroz con marisco ou un marisco con arroz…

🦪 Longueirón de Fisterra
🐙 Calamar
🦐 Gambóns
🐚 Volandeiras
🧅 Cebola
🫑 Pemento
🍅 Tomate
🌶️ Polpa de pemento chouriceiro
🍚 Arroz bomba 400 g
🥣 Fumet de peixe 2,5l
🌼 Ifusión de azafrán

Preparación:

1. Comezamos limpando ben as navallas, o calamar, os gambóns e as volandeiras. Cortamos o calamar en anacos e picamos a cebola, o pemento e o tomate.
2. Poñemos a paella ao lume cun chorro de aceite e marcamos primeiro as navallas, os gambóns e as volandeiras. Facémolo durante pouco tempo, só ata que collan cor. Retirámolos e reservámolos.
3. Na mesma paella, engadimos o calamar e salteámolo ata que estea ben dourado. Así aproveitamos todo o sabor que quedou no fondo.
4. Incorporamos a cebola e o pemento. Deixamos que se vaian facendo a lume medio, removendo de cando en vez, ata que estean brandos.
5. Engadimos o tomate relado e a polpa de pemento chouriceiro. Cociñamos o sofrito con calma, ata que reduza e quede ben concentrado.
6. Botamos o arroz e nacaramos durante un par de minutos para que se impregne ben de todos os sabores.
7. Engadimos o caldo de peixe quente e incorporamos o azafrán. Repartimos o arroz por toda a paella e, a partir deste momento, podemos remexelo ata o minuto 9.
8. Deixamos cocer a lume medio-alto durante uns minutos. Cando o arroz estea case feito, colocamos por riba as navallas, os gambóns e as volandeiras que tiñamos reservados.
9. Continuamos a cocción ata que o arroz estea no seu punto e o caldo se consumise (dependendo a textura que busquemos). Se queremos formar socarrat, subimos o lume durante os últimos instantes, vixiando para que non se queime.
10. Retiramos a paella do lume e deixámola repousar durante uns minutos antes de servila.

E ao final pasa o de sempre: dis que vas facer arroz para uns poucos e case tes que cortar o rueiro. 😂

A cami e do meu amigo @biggangashop !

#arroz #cocinacasera #recetas by @sertrillo
103
12 days ago
Download
SOLOMBO EN SALSA CON PURÉ DE BONIATO

Comer ben tamén é gozar. 

Un solombo tenro, unha salsa cremosa e un puré de boniato suave e saboroso. Deses pratos que reconfortan, que apetecen e que fan que comer ben non pareza ningún sacrificio.

🥩 INGREDIENTES · 2 persoas

• 1 solombo de porco
• 1 boniato
• 2 cebolas
• 2 dentes de allo
• 200 ml de nata para cociñar 15%
• 1 vaso de Albariño
• 150 g de iogur grego
• Parmesano ao gusto
• Sal e pementa
• Aceite de oliva

#FitGourmet #recetassaludables #recetas by @sertrillo
16
16 days ago
Download
FARMEANDO TACOS GALAICOS 🌮 TACO DE RINCHÓNS
A fusión definitiva entre o bar de aldea e a street food máis cañera. 🌮✨
🥓 Rinchóns (chicharróns) ben salteados na tixola ata caramelizar e quedar ben crocantes.
🧀 Manto de queixo fundido por riba creando esa costra cremosa e irresistible.
🥑 Base de aguacate fresco con lima e sal para equilibrar a potencia.
🧅 O toque final: chimichurri cheo de sabor e cebolla roxa encurtida para darlle ese punto de acidez perfecto.
Crunch, melosidade e un contraste que te vai facer salivar instantaneamente. Garda este vídeo antes de que che entre o desexo! 📌
#recetas #tacos #Galicia #chicharrones #streetfoodgalaico by @sertrillo
37
20 days ago
Download
ENSALADA DE TOMATES ASADOS,FRESAS E CREMA DE QUEIXO FETA 🍅🍓✨
Se queres aprobeitar ao máximo a tempada de tomate, tes que probar esta combinación. Unha ensalada fresca, ácida, doce e cunha textura untuosa incrible.
Ingredientes:
 Fresas: Maceradas uns 20 minutos con chisco de azucre e vinagre de Módena.
 Tomates de horta: Cortados, salgados e asados (despois de escorrer) a 180°C durante 10 minutos.
 Base de crema de Iogur: Iogur grego light batido con queixo feta.
 Toppings e aliño: O zume do macerado das fresas, pistachos picados e follas de albahaca fresca.

Valoración Nutricional (Perfil Fit / Gourmet)
 Alta densidade de micronutrientes e antioxidantes co tomate e as fresas

 Probióticos e proteína de calidade: A base de iogur achega proteínas de alto valor biolóxico, calcio e probióticos para a microbiota intestinal.
 
Graxas saudables e saciedade: Os pistachos proporcionan ácidos graxos monoinsaturados, fibra e un toque crocante que axuda a mellorar o perfil de saciedade do prato.
 
Equilibrio calórico: É unha opción moi lixeira, ideal para acompañar calquera proteína principal ou desfrutar como un entrante fresco de tempada.

#fitgourmet #tomates #recetasfáciles by @sertrillo
12
23 days ago
Download
O ESCÉPTICO 🍖🧀🥒
E quen dixo que a costela ao forno non serve para un bocata de nivel? Esta combinación é pura maxia: a carne desfeita e melosa, unida ao carácter afumado e cremoso do queixo San Simón,que
contrasta á perfección co golpe de acidez dos pepinillos e o crocante das patacas frixidas. Un contraste de texturas e sabores tan ben medido que fará dubidar ata ao máis escéptico.

📝 INGREDIENTES
Para a Costela :
 1 tira de costela de porco
 2 culleradas de pimentón doce
 1 cullerada de cebola en po
 1 cullerada de allo en po
 1/2 cullerada de romeu
 1/2 cullerada de xenxibre en po
 1/2 cullerada de pementa negra
 Sal e aceite de oliva virxe extra
 Salsa barbacoa 🍯
Para o Bocata:
 Queixo San Simón da Costa 🧀
 Pepiños en vinagre 🥒
 Patacas frixidas de calidade (para o toque crocante 💥)
 Pan tipo focaccia 🥖
👨‍🍳 PASO A PASO
1. A Carne: Retira a membrana da costela. Mestura o pimentón, a cebola, o allo, o romeu, o xenxibre, a pementa negra, o sal e o aceite ata obter unha pasta homoxénea e embadurna ben toda a carne.
2. O Forno: Empapela a costela con papel de forno e despois con papel de aluminio. Enforna durante 2 horas a 150°C e déixaa 1 hora máis co forno xa apagado.
3. O Desfiado: Retira os ósos (saen sós!), desfía a carne e mestúraa cun bo fío de salsa barbacoa.
4. O Derretido: Coloca a carne sobre a base do pan, engade as fatias de queixo San Simón e gratina no forno ata que derreta.
5. A Montaxe: Engade os pepiños laminados, un bo puñado de patacas frixidas por riba para darlle ese punto estaladizo, tapa... ¡e a gozar!
Aceptas a costela ao forno en bocata ou segues sendo un escéptico?

#streetfoodgalaico #bocadillo #gourmet #sandwich by @sertrillo
49
a month ago
Download
🍗🌶️POLO ESTILO CHILI CON CARNE: a fórmula perfecta de macronutrientes

Se che din que podes comer un prato cheo de sabor, saciante e que ademais impulsará os teus obxectivos físicos, crelo?
Este prato é unha autentica bomba nutricional deseñada para rendir e recuperar:
 Proteína de alto valor biolóxico: A pechuga de polo picada achega unha base magra, ideal para a construción e mantemento muscular sen engadir graxas innecesarias.
 Carbohidratos de asimilación e fibra: A combinación de xudías vermellas e arroz basmati garante enerxía sustentada e un tránsito intestinal óptimo grazas á fibra.
 Micronutrientes e antioxidantes: O refogado base (cebola, pemento, allo e tomate) xunto co pico de gallo fresco achegan vitaminas, minerais e compostos antioxidantes vitais para o organismo.
 Graxas saudables e aderezo lixeiro: o AOVE e a salsa de iogur substitúe os aderezos ultraprocesados, sumando un extra de proteína e probióticos sen disparar as calorías.

INGREDIENTES 
Pechuga de polo picada
 Xudías vermellas 
 Arroz basmati
 Cebola
 Allo
 Pemento 
 Tomate
 Viño branco
 Salsa Tabasco
 Limón
 Aceite de oliva virxe extra
 Sal
 Folla de loureiro
 Especias (comiño, pemento doce/picante, canela)
Pico de galo
Salsa de iogurt grego light

Disfrutar da comida e coidar a túa nutrición ao máximo nivel é 100% compatible.

Comerías así o resto da tua vida?

#recetassaludables #recetasfáciles #fitgourmet by @sertrillo
34
a month ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up