Instagram story viewer> @_alxmaa> Tagged
POSTS STORIES REELS TAGGED
ANTI 12- O
LUNS 12 DE OUTUBRO
Doazón: 3-5 €

O 12 de outubro marca un fito histórico coa chegada dos europeos colonizadores aos pobos de  Abya Yala, a actual mal nomeada América, o que desencadeou o exterminio masivo de poboacións nativas como consecuencia da violencia imperialista, co espolio territorial e cultural, e coa imposición de sistemas de traballo forzado (escravitude), perda epistemolóxica, da lingua e da relixión.

Na actualidade, en varios dos territorios espoliados, esta data conmemórase como o Día da Resistencia Indíxena ou o Día do Respecto á Diversidade Cultural, para lembrar a loita dos pobos nativos.
Por iso, desde un grupo de migrantas autoconvocadas, propoñemos un encontro arredor de diferentes formas de resistencia e revalorización de memorias, xunto a:

•	ALXMA @_alxmaa muller gorda, afro e nai rapeando de realidades.

•	Dhalí Illingworth @dhali.illingworth deseñadora e produtora gráfica mexicana afincada en Galiza. A través da creatividade, crea espazos nos que construír en comunidade.

•	Encontros do Cinema Pernambucano (BRA) @encontrosdocinema proxecto independente e itinerante centrado no cinema de autor de Pernambuco, no nordeste do Brasil, concibido para descentralizar a circulación audiovisual e romper coa hexemonía do eixo Río–São Paulo. A través de narrativas poéticas e urxentes, as obras entrelazan as raíces indíxenas e africanas para abordar as contradicións do noso tempo.

•	Solangeles Ortiz Bedregal @lols_yo muller boliviana, andina de raíz, feminista e politóloga, que actualmente se vai fiando desde as reflexións e accións decoloniais, como unha aposta política pola revalorización e o replantexamento das formas de xerar comunidade.
12
AKIRA TATTOO TEAM🖤 @chxs_tattoo @torrubia_tattoo @_maltensolotintattoo @_alxmaa @xosisaurio
18
back to up