Instagram story viewer> @alb.casas> Tagged
3.4K
followers
1614
following
ᴬʳᵗᵉ | ᴵⁿᵛᵉˢᵗⁱᵍᵃᶜⁱóⁿ | ᵍᵉˢᵗⁱᵒⁿ ᶜᵘˡᵗᵘʳᵃˡ
POSTS STORIES REELS TAGGED
O noso proxecto saíu na @tvgalicia 

Muimenta Viva lévao adiante un equipo formado pola Xunta de Galicia —en concreto @empregogalicia —, o Concello de Carballeda de Avia, a @fundacionria , @sende @anceu.coliving e @luciaabuchdid 

Nesta primeira etapa teremos 6 residencias. Son profesionais seleccionados nunha convocatoria pública que viven en Muimenta unha experiencia cun dobre fluxo de aprendizaxe:

por un lado, comparten o seu proxecto coa comunidade local;
por outro, aprenden da man da anfitrioa, unha figura que naceu dos encontros destes 3 meses de Muimenta Viva.

Por iso, esta semana @situatedcinema andou na vendima e na colleita de patacas da man de Teresa.
E Ana Solla @devellabella debullou millo e cociñou bica da man de Anita.

Xa estiveron Ana Solla e Situated Cinema.
A semana que vén chega @mmmojar 
En outubro: @alb.casas e @martinezcristinagomez .

O próximo encontro é o venres 18: unha xornada para emprendedores que precisan apoios.
As inscricións están abertas en @ajeourense 

Grazas Manuela pola entrevista.
Seguimos.

#MuimentaViva #ColivingPúblico #Muimenta
25
«Fai 10 edicións que atopei a miña casa no @s8cinema a casa dos cineastas periféricos. Empecei a traballar neste festival polo meu amor ao cinema; quedei, por amor ao que nel sucede a nivel humano: A Mostra é un evento que reúne seres moi especiais, de todas partes do mundo, tanto artistas como público. Persoas que son como eternos nenos curiosos, doces alieníxenas que pasan a maior parte da súa vida sentíndose fóra de lugar, e chegan á Coruña con sede de conexión humana para compartir o que as súas sensibilidades necesitan intercambiar e, no acto, sanarse.»

Escribín este texto que está na nosa web acompañando ao video que fixen de Amy Halpern e estes días puiden experimentar de novo cada palabra. Grazas a todes as que formastes parte do XVII (S8) por atravesarnos como o raio! Agárdavos sempre aquí a vosa toma de terra con abracitos. ❤️‍🔥🫂

📸 Grazas @andrea.rodriguez.es e @amoraafoto por capturar todos estes momentos de pararraio 🤗⚡️

Como reza a miña gorra a xogo coa de Karola: Everything will kill you so choose something fun!
17
Grazas a @sararocab e @pilarrego20 por valorar a nosa proposta e por ser brazo de mar da cultura galega neste videoclip de @alb.casas directora de @arraianestudio, coa poeta viguesa @brancatrigo que se atopa co demo @moitobarullo o artista Isamel Ereixas.
12
e algúns planos máis do videoclip dirixido por Alba Casas con asistencia de Nerea Rogido para 'O San Xoán de Lois Pereiro', de Furada 🔥
👁️ https://youtu.be/i4dlXjIyNRM?is=CQRR_BEkJmM_Yxh6
11
🔥 Xa está aquí!

O videoclip de “O San Xoán de Lois Pereiro” de @furada__ xa está dispoñible en YouTube.

Un videoclip de Alba Casas @alb.casas 
Protagonizado por Branca Trigo Cabaleiro @brancatrigo Isamel Eirexas @moitobarullo 
Asistencia de dirección de Nerea Rogido López @seikacela 
Xestión/Producción por Arraiane(s) @arraianestudio 

Déixate devorar por quen te escolla 
agora que es unha luz evadida 
da escuridade que te tiña capturado. 
Déixate devorar 
e impide feramente 
que te volva habitar e te contaxie 
a túa latente sombra irrevocable

Lois Pereiro
35
back to up