Instagram story viewer> @albacambeiro> Tagged
2.8K
followers
956
following
📸Fotoxornalista / Videoxornalista
POSTS STORIES REELS TAGGED
🔍Quen entra hoxe na lista cirúrxica do Servizo Galego de Saúde (Sergas) agarda de media 91,1 días para operarse, segundo os datos de xuño do propio Sergas. Son 55.348 as persoas que agardan, case 8.500 máis ca hai un ano.

Para a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (Agdsp), a orixe está nunha política de recortes que arrincou en 2009, co Goberno de Alberto Núñez Feijóo, hoxe presidente do PP, e que continúa co de Alfonso Rueda.

Esperas que medran
O Ministerio de Sanidade rexistraba 55 días de tempo medio de espera para unha cirurxía en Galiza en 2012. En decembro de 2025, a espera ascendía a 73 días. Tamén hai menos camas: 10.581 en 2009 e 9.452 en 2023, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

O deterioro tampouco é igual en todas partes. A área de Santiago-Barbanza ten a espera máis longa para unha cirurxía, 116,1 días, e concentra 339 dos 504 pacientes que levan máis dun ano agardando.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recoñeceu que os datos son malos, pero atribúeos ás folgas médicas contra o Estatuto Marco do Goberno central. O Sergas, consultado por este medio, sostén que a tendencia era positiva antes dos paros. A 30 de novembro de 2025 facíanse 4.263 operacións máis ca un ano antes. No primeiro semestre de 2026 fixéronse un 14,2 % menos, e os paros suspenderon uns 215.000 actos asistenciais, 5.000 deles cirurxías, segundo o relato do órgano dependente da Consellería de Sanidade.

Sanidade engade que as operacións urxentes subiron un 10,8 % e que os casos de prioridade 1 esperan 22,2 días, por baixo do límite de 30. Defende tamén que, antes das folgas, Galiza estaba moi por baixo da media estatal e que os concertos non chegan ao 6 % do orzamento.

Por @albacambeiro
178
🔻Galiza despídese de Beiras.

Por @albacambeiro
641
back to up