Instagram story viewer> @asistaboada> Tagged
708
followers
996
following
🏡 costamortina migrante
💻 documentalista, escribidora de newsletters et al.
❗ cada 1 de janeiro reinicia-se a vida.
POSTS STORIES REELS TAGGED
eu hoxe quería escribir sobre outra cousa, sobre libros e colchóns. pode que aínda o escriba, aínda que seguramente non, porque desde os 29 anos carezo de constancia.
hoxe rematou o obradoiro de escrita poética que comezamos en novembro. fixen unha captura de pantalla que non puido ser unha foto, porque nunca estivemos xuntas nun lugar, pero en catro meses fixemos unha casa quente nun segundo andar e se cadra si era un lugar e eu sorrín e emocioneime. cando rematei, a miña amiga Irene, que raramente escribe por whatsapp e nunca nunca colle o teléfono, enviou unha foto, unha foto de fotos das dúas. a última vez que vin a Irene ela dicía que vivía noutro mundo e eu choraba porque perdera o meu mundo. fotos, fotos. o móbil cheo de fotos moi mal feitas, porque eu non sei facer fotos, pero quero saber que pasou, quero que estean aí, xustamente aí, imperfectas.
gústame C. Tangana porque fala de vivir por completo, e dentro do mainstream moitas veces só se fala de vivir a cachos. eu tamén me cago en las personas que se rajan, Antón. gústame a xente que garda moitas fotos moi mal feitas, e tickets e postais, que baila como tola soa pola casa, que se namora e non ten medo a dicir que se namora e despois chora e despois volve namorarse, que come, que bebe, que quere arriscarse a recordar. esa xente que nunca insultaría chamando "intensa". a xente que me gusta.
a miña amiga Arantxa díxome o outro día que non entendía por que o adxectivo intenso era empregado como algo malo. gustoume que mo dixera. ela é unha desas persoas que me gustan.
quero saír á rúa e non ter que agochar que choro cando alguén lle dedica un poema a outro, que canto moito e moi alto, que adoro namorarme (de persoas, de momentos, de cancións que escoito unha e outra vez), que non quero finxir que non quero volver namorarme, que me gustan o café para dous, as amigas que se abrazan, as persoas que mercan flores e as que miran moito as fachadas dos edificios.
non ter que agochar que querería que todos os días me tirarades fotos movidas e mal feitas para que as gardase. fotos de min vivindo. que oxalá un mundo cheo de vós e de fotos de vós prendendo luces.
e que o móbil non ficase nunca sen memoria.
12
back to up