Instagram story viewer> @dnilo_0> Tagged
4K
followers
5952
following
Fotos raras y algunas más normales
(Para sesiones no teman escribir al DM)
(Galicia pero a veces me muevo)
Yo hago las fotos pero no salgo en ellas
POSTS STORIES REELS TAGGED
A outra noite, en Churruca, conteille a Antón que só lle dera unha calada a un cigarro unha vez na miña vida. “Sabes que me faría ilusión?”, dixo. “Que me dedicases a segunda”. E así foi. E así titulamos esta SEGUNDA CALADA que xa podedes escoitar en todas as plataformas de streaming 🚬🦊

Esa mesma noite @rizos_gz queixábase de que tiña que deixar o seu traballo no estaleiro porque polas malas condicións e a falta de ventilación tiña infeccións pulmonares unha semana si e a outra tamén. Flipei coa súa idade e eles coa miña. “Eu aos 29 xa estarei cun pulmón de aceiro!”

Pensei en como desfrutar as primeiras veces é un privilexio. Pensei nun fragmento da Apocalipse que me gusta especialmente e no poema de ‘Mundo Carne’ no que parafraseo a Apocalipse. No número dous (o meu díxito favorito) e no poema de Lorca que di que o dous non é un número (o meu poema favorito de Lorca). Na tatu que me fixo @futuro.final inspirándose nese poema. Pensei en ‘especies invasoras’, articulado en binomios (eu ti, eu nós, sangue carne). Pensei unha pequena referencia a Radiohead (“our twentieth century bitch”).

Ao presentar o meu poemario hoxe, Luís Valle comparouno cun poema de Yeats (“that twenty centuries [...] were vexed”). E o poema chámase SEGUNDA VENIDA.

Non adoito explicar os poemas porque me parece un coñazo, pero im a bitch for pattern recognition e ao final a poesía é un pouco iso: codificar na coincidencia esta miseria á que sobrevivimos con cousas que nos matan (o tabaco, o traballo asalariado) e da que nos salvamos interpretando os golpes (a música, unha resurrección sen finais).

Todo se desmorona.
19
SEGUNDA CALADA - Antón Tavaco (xunto a Branca Trigo) 🚬🦊

Comeza a conta atrás para o lanzamento deste tema sementado no Marisquiño, pactado na Kominsky e gravado na Carnicería. Este sábado 26 poderedes escoitalo, así que ficade atentes!!!

Son moi afortunada de poder colaborar con xente tan talentosa e comprometida coma Antón (que toca, produce, canta e organiza eventos wapísimos que deberiades seguir sempre) e Dani (que nos fixo esta sesión incrible para promocionar as nosas raiadas en tempo récord) 🫀

Shoutout a @brunobawdj polo ecosistema de tecnowapes, a @ramontrigo.art polo espazo de gravación, a @silvia_penas_estevez polos vestidos de noiva e ás persoas lindas ás que lles pasamos a maqueta polo bo feedback 💌

Poñede as alarmas!!!
33
back to up