Instagram story viewer> @parking.dust> Tagged
POSTS STORIES REELS TAGGED
🌟🐗 V FESTIVAL DA CHOUSA 🐗🌟

Xa está aquí o cartaz do #VFestivalDaChousa! 🎉 Unha edición moi especial para nós, xa que cumprimos 5 anos desta aventura, e estamos desexando celebralo da man de todas vós 💚

E que mellor maneira de facelo que rodeados de grupazos! 🎶🔥

Nesta quinta edición acompañarannos @zenzar_rock_en_galego, que o ano pasado non puideron estar con nós e que estamos desexando ver por fin enriba do noso escenario 🤘

Tamén estarán @eskravos, un grupazo ao que quixemos traer de volta despois de que o ano pasado fixesen tremer o noso recinto 💥

Repetirán tamén as nosas @nuada.gz, banda da contorna xa ben coñecida por todas as persoas que nos acompañades ano tras ano 🖤

E, por suposto, non podía faltar @parking.dust, que leva apoiando este festival desde o minuto 1 💚

Sen máis, vémonos no noso quinto aniversario! 🐗💨

📅 24 de outubro
📍 Boimorto

Preparádevos, porque esta Chousa promete ser moi especial 🔥🐗
22
back to up