Instagram story viewer> @sofiperies> Tagged
50
posts
3.6K
followers
2682
following
Comunicación consciente en A Coruña:
Marketing digital, creatividad y conexión.
.
Artista multidisciplinar y DJ creando como forma de encontrarnos.
POSTS STORIES REELS TAGGED
Cumprimos 5 anos en Acéfala, e por iso queremos celebralo coa xente que compartiu este tempo connosco.

O vindeiro 4 de xullo abrimos a nosa casa para pasar o día xuntas. Música e ganas de desfrutar dentro e fóra do espazo. Comezaremos arredor das 12 e seguiremos todo o día. Van acompañarnos Espello Sonoro, Mani Maniquí, Sofi Peries, Planete Sauvage e Jean Fixx. Entre bolos, poñeremos música para a ocasión e, como xa é tradición, remataremos cun karaoke para quen queira alongar a festa.

Ademais, teremos novas camisetas serigrafiadas para recordar este aniversario.

Nos vindeiros días iremos desvelando toda a programación e os horarios. De momento, gardade a data e reservade entrada!

Fainos moita ilusión celebrar este aniversario coas amigas de Acéfala, con toda a xente que leva anos pasando por esta casa, e tamén coa que está por chegar,  facendo dela un lugar vivo e lembrándonos que paga a pena seguir abrindo espazos como este.

Vémonos o 4 de xullo❤️

12-00h | Doazón: 15€
Aforo limitado
Reservas: reservas@acefala.org
15
back to up