Instagram story viewer> @ubuntuconu> Posts
1.2K
followers
784
following
Tenda de cousas bonitas Chantada
Horario
Luns-Venres
10:30 -14:00 / 16:30 - 20:00
Sábados
11:00 - 14:00
Antes tiñamos esta conta @ubunturefugallos
POSTS STORIES REELS TAGGED
Chega outubro con varios día que imos estar pechadas.
Do 15 ao 18 marchamos a Bilbao, para o 2º encontro de Encuentra (@encuentra.evento) , o pasado ano celebrouse en Barcelona, fixemos moita rede tanto de tendas amigas como de artesáns e que logo trouxemos cousiñas para a tenda, así que este ano repetimos a ver que novidades podemos traer.

E por outra banda aproveitando que veño de volta con ideas fresquísimas, vounas deixar repousar durante unha semaniña e coller folgos para preparar de seguido a campaña de nadal que xa logo chega e hai que estar preparada!✨.

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #vacacions by @ubuntuconu
0
19 days ago
Download
Cómo pasa o tempo mi madriña, e que despiste 🙈 
Hai 10 días que estivemos de 2° aniversario 🥳✨🪩 e decateime hoxe 😅, está claro que o tempo pasa para todas 🧚🏽‍♀️

A tenda é un espazo vivo, con cambios e evolución Grazas a Vós, por seguir celebrando moitos máis anos e que non se nos pase!!! 🤭🎂

🎛️ A música é do meu ben querido @angelnovcad xunto con @martadarcos , o tema chámase Shine 💜✨

Soa non podes....con amigas Siiii 👯‍♀️👯‍♀️

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #2aniversario by @ubuntuconu
11
4 months ago
Download
A nova incorporación de hai uns días xa que está aquí, @manitasdeplata , unha marca valenciana que traballa en cerámica, ilustrando dende películas, personaxes emblemáticos da historia, animaliños....
Nós trouxemos pendentes pequerrechiños, de lentella lle chaman elas, e broches que son riquiñiisimos🥰 pero teñen un montón de cousiñas chulis, todo ao seu tempo....

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #manitasdeplata by @ubuntuconu
0
6 days ago
Download
🏵️🌸🪷As Catrinas listas para a chegada do Samaín, para o día de mortos.
 Fixemoslles uns traxes a medida, unhas "jollitas" e todas as flores que lles entraban na cabeza, quedaron ben riquiñas para protagonizar o novo escaparate.

Luns festivo, e despois estou martes e mércores, que o xoves 15 marcho para Bilbao a Encuentra!! E a volta continúo un pouquiño de descanso e ata o 26 non volvo a abrir! 
Así que se tendes algunhas encargas, aniversarios, caprichitos....vinde antes do xoves!! 

#ubunturefugallos
#novoubuntu
#tendabonita
#samain #vacacions by @ubuntuconu
3
9 days ago
Download
Precisamos un descanso de tanto odio, polo menos eu.
Un pararse e reconectar co amor propio, o amor aos demáis e aos lugares nos que habitamos.
@minailustraciones debuxou ao principiño en Galiza, esa forte conexión que temos coa nosa terra, o lugar no que nos gusta estar, no que habitamos e nos fai sentir ben.
As que teñades o mar cerquiña desfrutade duns intres mirando e deixadevos levar e refrescar pola brisa mareira, nós aquí no interior aínda nos quedan carballeiras e algo de bosque autóctono para reconectar e apañar unhas castañas 🌰🌰.

Todo pasa e nós tamén pasaremos....

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #amoramor #principiño by @ubuntuconu
6
11 days ago
Download
De 7 pares para as máis cativas
De 9 para as maiores, en natural que son as clásicas pero despois temos algunha con ferreñas especiais...

Comeza o novo curso e aínda non tes a túa pandeireta??

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #pandeiretas by @ubuntuconu
1
13 days ago
Download
Hoxe veño a fachendear de algo que sudeceu o venres pasado e é este modelazo que luce a grandérrima @maria.vazquezzzz  na 31 edición do Festival de Cine de Ourense , a nosa querida Matria galega .

 Como amigas que somos un día pediume se lle facía un apaño con este mandilón que tanto está de moda nas pasarelas,e eu, tendo o tempo que tiña por diante aceptei de boa gana porque as veces gústame meterme en certos xardíns e a saber que pasa....e pasou esto ✨

Primeiro cortámoslle un pouco o longo xa que era demasiado e queríamos que fose máis corte de chaqueta/camisa, despois a parte do colo da camisa está cosida á parte superior do mandil facendo unha peza conxunta, e finalmente as mangas son dunha chaqueta sastre (da cal fixemos outro look, que xa amosaremos) corteinas para facelas de manga curta e montalas como se fosen propias do mandil e así convertilo nunha peza tradicional/elegante. Como broche final (nunca mellor dito) e que non se aprecia na foto, leva un broche 🧷 dun pequeno sacho que tiña eu gardadiño, as reivindicacións que non falten!

Realmente estou orgullosa xa non só do traballo de transformación, sobre todo das mangas, que pra min foi todo un reto xa que non son nin modista nin patronista e quedaron realmente ben, senón de que amigas tan prestixosas me confíen unha prenda e me poñan un reto sen medo a que saia mal.
Grazas Amiga de 💜 Ías guapiiisima 🥰😍

P.D: quédome coa frase que dixo unha das irmás da artista "Esto é levar a inspiración do atado chourizeiro ao nivel Galiano" jajajaja amámoste Chus ✨

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #orgullosenprexuizo #amigasdecine by @ubuntuconu
37
17 days ago
Download
A nova marquiña que nos chegou a semana pasada dende Redondela da man de Raquel, @fiadeira_atelier , necesres, fundas para o portátil, coleteros, bolsos feitos co pano tradicional portugués que tanto nos gusta e que luce fantástico en todos os seus formatos 
E  xa se montamos un bodegón coas pandeiretas de @saninpercusiontradicional , as láminas de @minailustraciones e a camisola de @acontravento ....temos un recuncho tradi do máis riquiño. 
Vinde a botar un ollo que igual levades algo!.

#ubunturefugallos
#novoubuntu #tendabonita #tradicional by @ubuntuconu
7
21 days ago
Download
@tikismikisartesania é Marieta

Esta ceramista alicantina aficanda en Vigo cambiou os coitelos 🔪 e a cociña, por un torno e moito barro. Traballa respectando os procesos e o ritmo propio da cerámica elaborando pezas cotiás tanto funcionais como decorativas. Tamén sacou últimamente, unha liña máis persoal de pendentes e coleteros. 

Todas as pezas son únicas e traballadas a man, por eso non hai ningunha igual.

Aquí vos deixo unha pequena mostra do que temos na tenda.

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #cerámica by @ubuntuconu
1
23 days ago
Download
Vou facer unha aclaración para todas as que pasastes diante do escaparate e non percibistes o matiz.

🖼️📖 Quixen facer unha relación persoal entre un libro e unha lámina das que teño na tenda, evidentemente teño máis libros e máis láminas, pero non máis sitio no escaparate.

Xa me diredes que vos parece, se son axeitadas e acertadas as relacións que fixen, ou se tedes algunha proposta que facer. 
Sempre aberta a suxerencias✨📫

Parécevos que están ben relacionadas as temáticas dos libros coas das láminas? by @ubuntuconu
3
25 days ago
Download
Últimamente o entorno social estase volvendo  mais odioso e violento cada día, querendo levar a razón pola forza, e exercendo todo tipo de violencias sen razón.

Por eso precisamos a media semana un respiro, unha alegría, un soplo de amor que nos faga seguir tendo esperanzas e confianza na humanidade.

Graza @anamendez.ceramica por esta reposición de corazóns, de bonitura e de cor, é o noso xeito de contraatacar as forzas do mal.

(De Ana viñeiron máis cousiñas pero hoxe precisaba unha dose de amor ❤️🧡💛💚💙💜🤎🖤🤍🩷🩵🩶)

#ubunturefugallos #novoubuntu #tendabonita #cerámica #pazeamor by @ubuntuconu
1
a month ago
Download
Xa podedes pasar por Ubuntu! Tedes os primeiros productos xa dispoñibles taken in Ubuntu Refugallos by @ubuntuconu
2
a month ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up