Instagram story viewer> @vacaburra_> Posts
1.9K
followers
1164
following
colectivo artistico de policreación resistente na periferia galaica
POSTS STORIES REELS TAGGED
👁👁👁
www.vacaburra.com 

Deseño de @visual.paulina.funes + @lavariopinta by @vacaburra_
3
5 years ago
Download
👁👁👁
www.vacaburra.com 

Deseño de @visual.paulina.funes + @lavariopinta by @vacaburra_
1
5 years ago
Download
👁👁👁
www.vacaburra.com 

Deseño de @visual.paulina.funes + @lavariopinta by @vacaburra_
1
5 years ago
Download
SÁBADO 28 | Vacaburra (@vacaburra_)

Complácenos contarvos que as vacaburras veñen por primeira vez ʀᴜᴀʀ en Vigo ao Teatro Gorrilla!

Ruar como divertimento e como xogo. Unha peza para dous corpos con música en directo
sobre a imaxinación do movemento no espazo público. Un paseo escénico en forma de viaxe
sonora danzada. Unha excursión de corpos libres, ouvidos abertos e sorriso gozoso.

Andar polas rúas paseando, enredando, deixando que o corpo sexa o que propón o
percorrido, sen obxectivo final na ruta, unha deriva, un pasear, un deixarse sorprender
polo que acontece no espazo público. Un paseo escénico en forma de viaxe sonora danzada,
un itinerario extraviado polo corpo e pola música, un encontro entre dous intérpretes, unha bailarina que canta e un músico que baila,corpos que atopan un terreo de xogo común: o espazo público como marco e escenario.

Creación: VACAburra 
Interpretación: Andrea Quintana (@lavariopinta) + Davide González 
Coreografía: Andrea Quintana 
Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde + Andrea Quintana 
Espazo Sonoro: Davide Gonzalez 
Vestiario: Gena Baamonde + Chimpos
Unha coprodución coa Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas (@mitcfcangas)
Axudas á creación de AGADIC, Xunta de Galicia. Residencia de creación no Festival Escora (@escora_danza) da Deputación da Coruña

A Praza do Pobo Galego convertirase este sábado ás 20:30 no escenario desta peza, agardamos que veñades disfrutar connosco deste Ruar!

🧢🧢🧢🧢🦋✨️✨️✨️🦋🦋👂🏻👂🏻👂🏿👂🏽🦻🏼🦻🏼🦻🏾 by @vacaburra_
5
a month ago
Download
Sábado de artes vivas con @lara.brown_ @isabeldodiego e @vacaburra_ 

#BienalPontevedra #artesvivas taken in Convento de Santa Clara by @vacaburra_
15
3 months ago
Download
🔴 𝐆𝐎𝐃𝐎𝐓 𝐃𝐀𝐍𝐙𝐀- 𝐕𝐀𝐂𝐀𝐛𝐮𝐫𝐫𝐚

Del 2 al 12 de julio, Pontevedra se convierte en el epicentro de la vanguardia escénica con su primera @bienalpontevedra.

Dentro de esta programación, el colectivo @vacaburra_ presenta ‘O raro é que bailar sexa raro’ (4 de julio), una pieza mutante que desafía las lógicas del mercado y las hegemonías patriarcales del escenario.

Andrea Quintana y Gena Baamonde charlan con la Revista Godot sobre sus 'metodologías carroñeras', el humor como herramienta política para dar la vuelta al insulto y la urgencia de rescatar una genealogía de mujeres artistas olvidadas por la historia. 

🔗 La entrevista completa en el link de la bio. 
.
.
.
.
#RevistaGodot #VACAburra #BienalArtesVivasPontevedra#GodotDanza #ArtesEscénicas by @vacaburra_
10
4 months ago
Download
📷GALERÍA
🎭O Adro foi onte escenario da representación da obra 'Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos', da compañía VACAburra.
 
➡A peza mestura teoría e corpo para cuestionar a heteronorma e explorar a diversidade sexual, empregando o humor e a "bastardía disciplinar" fóra dos formatos académicos tradicionais.

📷 @diegoseixo 

 #mostrateatro #vacaburra #teatro taken in Cangas, Galicia, Spain by @vacaburra_
5
4 months ago
Download
VACABURRA NO ADRO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DA MITCFC 

Podedes facervos coas vosas entradas online accedendo á taquilla dende a web mostrateatrocangas.gal ou o propio día no Adro.

Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos é unha produción do colectivo VACAburra. onde colisionan dous corpos invertidos cunha longa traxectoria atravesada polo movemento, as artes escénicas e a investigación teórica. Un proxecto de Gena Baamonde ·mullerona· acompañada por Andrea Quintana ·la variopinta·.

Conferencia freak en formato desbordado arredor da lectura escénica dos corpos sexuados. Bastardía disciplinar, investigación desleal ubicada na mestura, na busca de carroña metodolóxica e incoherencia corporal que xorde da necesidade de expandir e traducir a linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese doutoral: Sexualidades Des-Xeneradas na Práctica Escénica Contemporánea.

Esta peza investiga arredor do funcionamento dos mecanismos escénicos de construción das identidades sexuais diverxentes. Tenta achegar as ferramentas estéticas e ideolóxicas nas que se desenvolve a diversidade sexual nas novas linguaxes escénicas e analiza o cuestionamento da heteronorma e os xéneros binarios a través da súa representación escénica.

Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos explora un formato bastardo de relación teórico-práctica que busca non só a transmisión de coñecementos xerados no campo teórico senón a creación de novos coñecementos xerados dende a escena, dende os corpos, reivindicando o humor como posibilidade dentro da academia. Validando tamén a linguaxe propia das artes escénicas que se presenta como unha ferramenta eficaz de diálogo entre a cidadanía e o ámbito universitario. #conferencia #diversidade #identidade #xenealoxías #lgtbiq + #sexualidade #prácticaescénica #disidencia taken in O Adro Cangas by @vacaburra_
7
4 months ago
Download
💥 As VACAburra, Andrea Quintana e Gena Baamonde, veñen á 43 Mostra con espírito 'des-xenerado'.

🎭 No Adro Taberna Cultural,  novo espazo de lerias na MITCFC, van conferenciar/remexer na busca de carroña metodolóxica e incoherencias corporais cuestionando a heterocentrada historia escénica.

➡️ METODOLOXÍAS CARROÑERAS PARA CORPOS INVERTIDOS
📍O Adro Taberna Cultural
🗓 Domingo, 28 de xuño
🕖 20:00h
🎟 MERCAR ENTRADAS NO ENLACE DA BIO
⬆️⬆️

#teatroCangas #teatrogalego #43Mostra #mitcfc43 taken in Cangas, Galicia, Spain by @vacaburra_
0
4 months ago
Download
👉VACAburra: “O raro é que bailar sexa raro”

▶️”Nas marxes”, Bienal de Artes Vivas de Pontevedra @bienalpontevedra 

📅 4/7/26, 21:00 h 

📍Convento de Santa Clara, Pontevedra

Unha gabanza da danza, unha reivindicación da figura da bailarina como corpo pensante e tamén político. Esta peza abre un espazo de reflexión sobre a necesidade dunha escena na que a diversidade corporal e as disidencias estean representadas e ocupen os lugares centrais dos discursos escénicos. Con Olga Cameselle, Ailén Kendelmán @ailenkendelman, Gael Martins e Andrea Quintana. 

Danza. Estrea absoluta.

ESP
Un elogio de la danza, una reivindicación de la figura de la bailarina como cuerpo pensante y también político. Esta pieza abre un espacio de reflexión sobre la necesidad de una escena en la que la diversidad corporal y las disidencias estén representadas y ocupen los lugares centrales de los discursos escénicos. Con Olga Cameselle, Ailén Kendelmán, Gael Martins y Andrea Quintana.

Danza. Estreno absoluto. 

ENG
A celebration of dance, a vindication of the figure of the dancer as a thinking and political body. This piece opens a space for reflection on the need for a stage where bodily diversity and dissidences are represented and occupy the central places of scenic discourse. With Olga Cameselle, Ailén Kendelmán, Gael Martins and Andrea Quintana.

Dance. World premiere.

@vacaburra_ by @vacaburra_
39
5 months ago
Download
🎭 A compañía VACAburra presenta Familia Nijinska no Teatro Principal de Santiago de Compostela coincidindo co Día Internacional da Danza.

Unha conferencia escénica que recupera a figura de Bronislava Nijinska para cuestionar os relatos oficiais da arte, abrindo novas xenealoxías desde o corpo, a memoria e o pensamento crítico.

🖥️ Le o artigo completo en taboas.gal

📸 Rosiña Rojo by @vacaburra_
3
6 months ago
Download
🎭 Este 29 de abril, conmemoramos o Día Internacional da Danza co espectáculo 'Familia Nijinska', unha conferencia escénica para público adulto do colectivo @vacaburra_ que mestura palabra, corpo e trazo nun espectáculo poético e rebelde

A proposta ofrece unha ollada crítica sobre os relatos hexemónicos da historia da arte, o estigma da saúde mental e o esquecemento das mulleres creadoras

📆 Mércores, 29 de abril
🕛 20.30 h
📍 Teatro Principal
🎟️ Entradas (10 €, con descontos dispoñibles) en compostelacultura.gal
🗣️ Posfunción tras o pase

#CompostelaCultura #ArtesEscénicas by @vacaburra_
2
6 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up