Instagram story viewer> @verbenaacademia> Posts
132
followers
369
following
Onde o saber florece 🪻
🧑🏽‍🔬@uxvilux
✨ Primaria e ESO
✨ Grupos reducidos
✨ Acompañamento próximo
📍Pazos e Vigo
POSTS STORIES REELS TAGGED
✨ Detrás de Verbena estou eu, Uxi.

Son profe e bióloga, pero tamén lectora, apaixonada polos xogos de mesa, o cine, a música... En definitiva, curiosa por natureza.

Para min, ensinar non é só dar clases: é celebrar cada vez que o alumnado consegue unha meta, ver como descobre todo o que xa leva dentro e acompañarlle nese camiño de recuperar a confianza e seguir aprendendo. by @verbenaacademia
0
a year ago
Download
✨ Que é Verbena? 
Un espazo para aprender, compartir e medrar. Un lugar onde o estudo se fai máis doado, máis humano e, sempre que se poida, máis divertido.
Verbena é unha academia pero non olvida que acompañar ao alumnado non é só resolver dúbidas, tamén é estar presente no seu camiño académico e vital.
✨ Por que “Verbena”? 
O nome da academia xorde dun xogo de significados: 
A verbena é unha planta que florece en múltiples inflorescencias, símbolo de crecemento e diversidade.
Ao mesmo tempo, verbena tamén é unha festa popular, un espazo de encontro, alegría e aprendizaxe compartida. 
Asi que, que mellor que o alumnado viva a experiencia educativa como algo que florece e que se celebra. by @verbenaacademia
0
a year ago
Download
🍂🍂Setembro xa está aquí e con el volve a rutina escolar🍂🍂
Se buscas un espazo de confianza onde repasar, organizar as tarefas e entender mellor as materias, xa temos todo preparado.

En Verbena traballamos con alumnado de Primaria e ESO, ofrecendo:
- Axuda coas tarefas e deberes diarios.
- Explicacións claras e adaptadas ao ritmo de cada estudante.
- Pequenos experimentos e dinámicas para aprender dun xeito moito máis visual e práctico.

📍⏰Horario e ubicación:
Martes e xoves, de 15:45 a 17:15.
Cultural Cepeda (O Campiño, Pazos de Borbén).

As prazas son limitadas para poder garantir unha atención personalizada. 
💬 Para reservar ou resolver calquera dúbida, podes mandarme unha mensaxe directa por aquí a @verbenaacademia.

Agárdovos con moitas ganas de empezar!

#AcademiaVerbena #ClasesDeApoio #PazosDeBorben #VoltaAoCole #ClasesParticulares EducacionGalicia Primaria ESO by @verbenaacademia
0
2 months ago
Download
🩸 Terror común: sangue na roupa! 🩸

Seguro que máis duns cantos e dunhas cantas vos asustastes ao ver unha mancha de sangue na vosa roupa e o primeiro instinto foi metela baixo auga quente pensando que así desinfectaba mellor. 

❌ ERRO!! Cando lavamos o sangue con auga quente, o que facemos é prendala máis ao texido. 
O sangue ten moita hemoglobina (proteína). Ao contacto coa calor, as proteínas desnaturalízanse, despréganse e fican pegadas ás fibras do tecido para sempre. 
🥶 A solución: AUGA BEN FRÍA. A auga fría disolve e arrastra os compoñentes do sangue sen fixalos. 

🧼E se a mancha xa está seca ou se resiste? 
Xabón de lagarto + auga fría. Este xabón actúa coma un imán atrapando as proteínas en micelas para que a auga as leve sen estragar a roupa. by @verbenaacademia
0
5 hours ago
Download
Benvido OUTUBRO! 🦇 Xa hai un ano que estou subindo os calendarios, como pasa o tempo!!!!

Nesta ocasión reivindicamos o papel da educación e apostamos por unha aprendizaxe verdadeiramente accesible para todo o mundo.

Ademais, lembramos a importancia de poñer no centro os coidados, a saúde, a cultura da paz e a visibilidade das mulleres, especialmente as do noso rural.

Como o Samaín cae en sábado non aparece no calendario, pero iso non quere dicir que non o vaiamos celebrar. 🎃🎃

Quero a todo o mundo disfrazado o 31!!!! A ver se adiviñades de que me vou disfrazar eu 👓🐶🕵🏽‍♀️ by @verbenaacademia
0
14 days ago
Download
🍂🍂 Desde as 2:05 desta madrugada estamos oficialmente en OUTONO e estou segura que algunha vez viches un dos seus fenómenos máis coñecidos: o amarelamento e a caída das follas 🍂🍂

Pero... sabes por que ocorre? 

🍃Clorofila: Este pigmento é o responsable da cor verde das follas e é esencial para realizar a fotosíntese (crear o seu propio alimento).

❄️Menos luz e frío: A diminución das horas de sol e a baixada das temperaturas fan que á planta lle resulte moi difícil seguir producindo clorofila.

🟠Novas cores: Ao desaparecer o verde, quedan á vista os carotenos, que nos regalan eses tons amarelos e laranxas espectaculares. 

💡Aforro de enerxía: Facer a fotosíntese no inverno é tan difícil que a árbore decide parala por completo cortando os recursos ás follas ata que caen e así libérase de traballo extra. 

Gústache esta época do ano ou es máis de verán? 

#outono #AcademiaVerbena #cienciagalega taken in Vigo, Galicia, Spain by @verbenaacademia
0
23 days ago
Download
Preguntácheste algunha vez de onde vén a expresión IMPÓRTAME UN PEMENTO? 🫑🎨

Se che interesa ou se che importa un pemento DESLIZA 👉🏻👉🏻

Cando vexetais como o pemento, a pataca ou o millo comezaron a cultivarse en Europa, non tiveron unha boa acollida nas nosas cociñas pero tampouco no arte.

Mentres os pintores do século XVII buscaban froitas con texturas rugosas e complexas para lucir a súa técnica nos bodegóns, o pemento resultáballes demasiado simple.

Se a esta inutilidade artística lle sumamos os prexuízos da época temos a mestura perfecta para que nacese a famosa expresión...IMPÓRTAME UN PEMENTO!

🫑E ti, es dos que lle importa un pemento a historia da arte ou gústache descubrir estas curiosidades?

Debuxo pemento: FB Arturo Torró by @verbenaacademia
0
a month ago
Download
Benvido, setembro! Chega o mes dos novos comezos, da fin do verán e da tan agardada volta ás clases 😶‍🌫️😶‍🌫️

✨✨Na Academia Verbena xa temos todo listo!!
Como podedes ver setembro vén cargado de datas importantes para reflexionar sobre a nosa saúde, a natureza e a ciencia que nos rodea.

🫀Dende o Día da Saúde Sexual ata o Día Mundial do Corazón, pasando polo comezo astronómico do outono e a concienciación sobre o alzhéimer. 
🔬Ademais, ao longo destas semanas tamén aproveitaremos para falar doutros fitos fundamentais, como a preservación da capa de ozono ou a importancia da investigación científica.

Xa tedes as libretas listas e os obxectivos marcados para este novo curso? 👀👀📖📖

Vémonos nas aulas! by @verbenaacademia
1
2 months ago
Download
🌑☀️ ECLIPSE TOTAL DE SOL: O gran evento do 12 de agosto! 
A palabra eclipse ven do grego ékleipsis e significa desaparición.
Pois este 12 de agosto imos vivir está "desaparición" do Sol desde Galicia!!
Como se produce este fenómeno? 
✨ A aliñación perfecta entre o Sol, a Lúa e a Terra.
✨ A escala: a Lúa pode tapar o Sol sendo 400 veces máis pequena.
✨ A inclinación das órbitas e os nodos lunares.
✨ A sombra total (umbra) só cobre unha pequena franxa do planeta.

⚠️ Lémbrate de protexer sempre a túa vista! Usa lentes homologadas e nunca mires directamente ao Sol sen filtro solar específico.

Garda esta publicación e compártea con quen vaia ver o eclipse contigo! 🌞🌚
#eclipsetotal #eclipse2026 #cienciagalega #divulgacioncientifica #astronomia by @verbenaacademia
1
2 months ago
Download
🌑☀️ O 12 de agosto Galicia fai historia co eclipse total de sol, e en Academia Verbena xa temos todo listo para vivilo como se merece 🌑☀️
Pero o calendario non para! Este mes tamén lembramos o Día do Leopardo Nublado, o Día da Zurdera, a Prevención de Incendios Forestais, o Síndrome de Turner e o Día dos Afrodescendentes.

Garda a foto para ter todas as citas á man e non perder detalle deste agosto inesquecible! 📌📌 by @verbenaacademia
0
2 months ago
Download
☀️🚬🍺 A diario, factores como o sol, o fume ou o alcohol xeran radicais libres que atacan as nosas células. 

🍋🫐🥦 Por sorte, os antioxidantes da nosa dieta (coma os da froita e as hortalizas) deféndennos regalando electróns e frenando esa reacción. 

Na última 🧪práctica de laboratorio🧪 puxemos a proba este escudo natural usando iodo, papel con amidón e zume de limón.

Desliza no carrusel para ver como funciona a reacción paso a paso! 

⚠️ Pero coidado... Por moita Vitamina C que tomes, os hábitos nocivos seguen danando o teu organismo. 
Os antioxidantes axudan, pero a prevención é a clave. by @verbenaacademia
0
3 months ago
Download
BENVIDO, XULLO! ☀️
Arranca un novo mes en Verbena e con el chegan días cheos de (demasiado) sol, aprendizaxe e, por suposto, algunhas datas que non podiamos deixar de marcar no noso calendario 🗓️✨

Desde recordar a importancia de coidar o planeta (coma hoxe, Día Libre de Bolsas de Plástico 🐢) ata celebrar o noso día grande o 25 de Xullo 🩵, pasando polo día do can ou o aniversario da chegada á Lúa.

#AcademiaVerbena #Xullo #Educacion #verán2026 by @verbenaacademia
0
3 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up