Instagram story viewer> @bngdeoutes> Posts
866
followers
778
following
Somos a forza que vai mudar este concello. Acompáñasnos?
POSTS STORIES REELS TAGGED
💸🪙 O goberno do PP de Fran Calo recorta en obras e mantemento para pagar desfases noutras áreas como festas e deportes

👉🏼 Os que dixeron na moción de censura que viñan a sacar dunha suposta "cova" á brigada de obras recortaron, no último pleno ordinario, as partidas de obras para pagar os desfases en varias áreas: nomeadamente en arrendamentos de festas (carpas, maquinaria...) e deportes.

🗣️ Os que fardaron, durante anos, de magnifica xestión económica e acusaron ao goberno anterior de falta de previsión, modifican o orzamento, por desfasarse, pouco máis de medio ano despois de aprobalo. Deixan claras as súas prioridades e as súas mentiras na moción de censura.

🌐📃 Podes acceder ao documento completo no BOP da deputación: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/12/04/2025_0000008051.html by @bngdeoutes
0
10 months ago
Download
💵👥 Un mes despois de entrar o PP coa moción de censura, conseguiron poñerse dacordo para repartir o traballo e aumentar o gasto político en Outes. Seguense a desmontar as excusas que eles mesmos pregoaban antes da moción cos seus feitos nas primeiras semanas de goberno. Escoita toda a información da man do noso voceiro municipal neste breve vídeo. 👇 by @bngdeoutes
3
2 years ago
Download
🎞🗣 "Por moito que mintan e por moito que insistan esta moción de censura non a fan para salvar a Outes, fana para salvarse a si mesmos." "Esta moción de censura e o circo mediático que montaron tanto o Partido Popular como Antonio Caamaño fanlle dano ao concello de Outes e á nosa veciñanza. Faille dano porque en troques de empregar os seus esforzos en construír en positivo adicáronse a destruír e facer ruído, porque obrigaron a desperdiciar tempo e esforzo a este esperpento, porque o barullo e o bochorno mediático ao que someteron o nome de Outes tardará moito tempo en limparse. Esta é unha gran mancha na historia do noso concello." Deixamosvos a intervención completa do noso voceiro municipal, Anxo Núñez, na moción de censura na que o concelleiro tránsfuga do PSOE lle entregou a alcaldía ao PP. by @bngdeoutes
16
2 years ago
Download
🏠🔑 O PP MANTÉN UNHA VIVENDA MUNICIPAL DE ALUGUEIRO PECHADA POR MÁIS DE 500 DÍAS

ℹ️ Xusto antes da moción de censura deixamos lista para alugar a vivenda da antiga escola do Bosque,  recén arranxada e amoblada, que é propiedade do concello. Outes xa conta coa normativa necesaria para alugala e, máis dun ano e medio despois, o PP mantena pechada sen facer nada ao respecto.

👉🏼 De momento, o resultado do abandono do PP significa para as arcas municipais unha perda de entre 3.000 e 5.000 € de amortización do investimento e 19 meses dunha vivenda baleira que podería estar prestando servizo á veciñanza.

🏚️ O concello é propietario de varias vivendas coma esta que se atopan en abandono total dende hai décadas. O PP nunca fixo nada por coidar este patrimonio de todos os Outenses. Algunhas delas, como a de Cando, levaba pechada a cal e canto dende o peche da propia escola. Hai dúas opcións: ou se deixan caer as propiedades a anacos ou se arranxan e se alugan.

✅ No BNG témolo claro: Hai que manter o que é de todos e todas e poñelo ao servizo da veciñanza. É por iso polo que tiñamos tamén en proxecto arranxar as vivendas de Lantarou, Tarás e outras. O razoable é ir, pouco a pouco, amortizando os investimentos municipais a través dos alugueiros á vez que se crea unha bolsa de vivenda municipal en Outes para dar un servizo e contribuír ao asentamento poboacional. by @bngdeoutes
0
13 days ago
Download
☀️ O domingo, a Praza do Tapal foi punto de encontro para poñerlle cara ao proxecto do BNG para 2027.

🗳️ Balbino González en Porto do Son, Anxo Moledo en Lousame, Anxo Núñez en Outes, Ía Lago en Muros e Ricardo Suárez en Noia. Cinco concellos, cinco candidaturas e un mesmo compromiso: poñer as persoas no centro.

💙 Acompañados por Ana Pontón, compartimos unha mañá de encontro, propostas e moita forza para afrontar o novo curso político. 

🚀 Isto non fixo máis que comezar. No 2027, mellor co BNG.

#MellorcoBNG2027 #BNG taken in Noia, Galicia by @bngdeoutes
0
25 days ago
Download
💙 𝗔𝗖𝗧𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗥𝗘𝗦𝗘𝗡𝗧𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 𝗔𝗟𝗖𝗔𝗟𝗗𝗔𝗕𝗟𝗘𝗦 𝗕𝗡𝗚 𝟮𝟬𝟮𝟳

O 20 de setembro damos o primeiro paso dun novo curso político que queremos vivir con ilusión e ambición, coa mirada posta en 2027.

✔️ En Noia presentaremos as nosas persoas alcaldables de Lousame, Noia, Porto do Son, Muros e Outes, cinco nomes que representan as ganas de transformar os nosos concellos e de demostrar que hai outra forma de gobernar: 𝗽𝗼ñ𝗲𝗻𝗱𝗼 𝗮𝘀 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗻𝗼 𝗰𝗲𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗶́𝘁𝗶𝗰𝗮𝘀.

🗣️ E faremos esta presentación acompañados pola nosa portavoz nacional, Ana Pontón, nunha mañá para celebrar cheas de ilusión e coller impulso. O 2027 está máis preto e 𝗮 𝗳𝗼𝗿𝘇𝗮 𝗱𝗼 𝗕𝗡𝗚 𝗻𝗼𝗻 𝗱𝗲𝗶𝘅𝗮 𝗱𝗲 𝗺𝗲𝗱𝗿𝗮𝗿.

📍 Praza do Tapal · Noia
🗓️ Domingo 20 de setembro
⏰ 12:30 h
🎶 Sesión vermú con DJ Casanova
☔ En caso de choiva, trasladarémonos ao Coliseo de Noia.

𝗩émonos en Noia!

💙 𝗢 𝘁𝗲𝘂 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼, 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿 𝗰𝗼 𝗕𝗡𝗚.

#MellorcoBNG2027 taken in Noia, Galicia by @bngdeoutes
0
a month ago
Download
🚧🚐⚠️ O BNG SOLICITA O ARRANXO URXENTE DO PASEO DE BROÑA E APOIA A LIMITACIÓN DE ESTACIONAMENTO DE AUTOCARAVANAS

🚧 O abandono do goberno local cun dos sendeiros máis transcorridos en tempada alta do noso concello é mostra da falta de interese en manter as infraestructuras públicas que usan a diario centos de veciños e visitantes. Dende o inverno, hai varios tramos do paseo marítimo de Broña coas varandas de seguridade rotas, ciscadas e con desprendementos estructurais que poderían supoñer un perigo. Dende o BNG, solicitamos unha actuación de arranxo e reposición urxente para este espazo xa que, en plena tempada alta, segue sen haber ningunha actuación ao respecto.

🚐 O turismo debe servir para xerar un impacto económico positivo e non para que a veciñanza perda cartos e servizos. Dentro desta filosofía, o BNG considera necesario restrinxir o estacionamento de autocaravanas no aparcadoiro da praia de Broña e dotar ao concello dun espazo alternativo para este tipo de turismo que xere un impacto económico positivo. Nos meses de xullo e agosto poden chegar a ser máis de 30 vehículos deste tipo estacionados e facendo pernocta no areal Outense. A concellaría de Turismo do BNG estaba a traballar, antes da moción de censura, para dotar dunha infraestructura municipal que concentrara os servizos e estacionamentos de carvanas preto do comercio local. Tamén consideramos axeitado que as autocaravanas paguen unha taxa polo uso da estación de servizo de broña que permite a recarga de auga e toma eléctrica. by @bngdeoutes
0
2 months ago
Download
👒 Estivemos un ano máis na Feiriña de Outes apoiando o comercio local. Merca en Outes, merca local! by @bngdeoutes
0
2 months ago
Download
🫂 Esta fin de semana estivemos na festa benéfica dos callos de @Adisbismur. Dende o BNG de Outes queremos parabenizar á organización polo seu traballo un ano máis e pola labor social que fan no noso territorio. by @bngdeoutes
0
2 months ago
Download
🥳✨ Rematan, un ano máis, as festas municipais do Santiaguiño e, dende o BNG, queremos poñer en valor o aspecto veciñal e comunitario das mesmas. As festas de Outes están compostas polas ducias de persoas que poñen o seu gran de area para que poidamos desfrutar delas: protección civil, banda municipal, escola municipal tradicional, asociacións locais e traballadores municipais. Sen a parte de cada un de nós, coma veciñas e veciños, non poderíamos desfrutar dunha caravana engalanada nin da Sardiñada do San Cristovo, non encheríamos as nosas rúas e espazos públicos con música feita aquí nin teríamos estes días para o desfrute e o encontro. Por iso, moitas grazas a todas as persoas que o facedes posible! by @bngdeoutes
0
3 months ago
Download
💸 370.000 € para dúas novas formigonadas do PP (con previsión de carpas 🤑). E ti, onde farías un novo aparcadoiro na Serra?

⚠️O BNG propón unha alternativa, con sentidiño, ás pretensións do goberno do PP que irán hoxe ao pleno municipal. O PP propón formigonar a contorna da horta do muíño para crear un novo aparcadoiro en fronte do aparcadoiro do Froiz. Tamén pretenden investir 189.999,52 € para formigonar o principal acceso á horta do muíño coa seguinte xustificación "Disponer de un espacio adecuado para actos festivos y actividades culturales, 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗺𝗽𝗹𝗮𝗻𝗱𝗼 𝗹𝗮 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗶𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱 𝗱𝗲 𝗶𝗻𝘀𝘁𝗮𝗹𝗮𝗿 𝘂𝗻𝗮 𝗰𝗮𝗿𝗽𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗰𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗲𝘀". As prioridades do PP están claras e, dende o BNG, propoñemos modificar o investimento destas actuacións e mellorar os seus proxectos para facer o seguinte co diñeiro restante:

🟢 Novas beirarrúas e ampliación do aparcadoiro onda o centro de saúde (+25 novas prazas)
🟢 Apertura da parcela do hórreo da horta do muíño cunha intervención mínima e coa instalación de bancos e novas árbores
🟢 Cesión á Xunta da parcela lindeira ao muíño na Avd. de San Campio para a creación de vivenda pública de alugueiro
🟢 Construcción de novos sendeiros peonís entre o novo Tanatorio e o IES Poeta Añón e entre a rúa do Conchido e a Escola de Música

👉🏼 Se o que pretenden é facer un aparcadoiro para un único día ao ano o propio é desbrozar unha parcela e facer un aparcadoiro temporal, non gastar 180.009,70 € e desaproveitar unha parcela urbanizable do casco urbán.

✍🏼 O BNG quere un Outes no que se prioriza o mantemento de infraestructuras existentes, os espazos públicos de calidade e a seguridade viaria. O PP quere formigón e CARPAS. by @bngdeoutes
0
4 months ago
Download
🛣️🚵🏻‍♀️🚶🏼‍♀️ O TRABALLO DO BNG SEGUE A DAR FROITOS: NOVO SENDEIRO PEONIL E CICLABLE ENTRE A SERRA E ROO (AC-550)

✍🏼O BNG leva anos propoñendo, nos orzamentos da Xunta, a creación dun sendeiro peonil e ciclable ao longo da estrada xeral: dende a ponte de Seilán ate o Freixo pasando pola Serra e Roo. O obxectivo é dotar dun servizo básico de mobilidade peonil e ciclable que conecte os núcleos urbanos e aumente a seguridade vial na AC-550.

✅ Mentres estivemos no goberno, elevámolo en reunións e diversas conversas ao departamento da Xunta responsable e agora vense de anunciar a contratación dunha primeira fase que conectará A Serra co Cruceiro de Roo.

➕ O noso traballo propositivo segue a dar froitos e no BNG queremos aínda máis: seguiremos insistindo para que esta rede de mobilidade peonil e ciclable chegue ao Freixo, Seilán e á Ponte Nafonso pola AC-196. by @bngdeoutes
2
4 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up