Instagram story viewer> @iterrausc> Posts
POSTS STORIES REELS TAGGED
Download All
🌳 Comprender mellor a contribución dos soutos á resiliencia territorial, á conservación da biodiversidade e ao mantemento de paisaxes culturais.

A isto contribúe un estudo que Joaquín Camba, estudante da @eps_enxenaria, e @emilio.r.diaz, secretario e investigador do @iterrausc, veñen de presentar sobre as paisaxes de soutos do noroeste de España como sistemas socioecolóxicos multifuncionais.

Os investigadores compartiron o seu traballo en Toquio, nun workshop organizado polo Instituto de Estudos Avanzados sobre Sustentabilidade da Universidade das Nacións Unidas (UNU-IAS).

O estudo será publicado xunto con outros na Satoyama Initiative Thematic Review (SITR12), unha colección científica editada por Springer Nature.

👉 Podes atopar toda a información na web da @universidade_usc e nas stories do iTERRA. 
#biodiversidade #paisaxesculturais #resiliencia by @iterrausc
0
6 days ago
Download
🧪 Como se determina o patrón de resistencia aos antibióticos en E. Coli?

Iso é o que puideron aprender durante a iTERRA Talent Week os estudantes que participaron no taller práctico do grupo @bezesa_usc.

Mentres que outro grupo de estudantes aprendeu que nos poden contar os minerais sobre a saúde das persoas, dos animais ou o medio ambiente da man do grupo se investigación IMedA.

Estas actividades foron dúas das 12 experiencias prácticas de investigación que organizaron os diferentes grupos do @iterrausc para decenas de estudantes do @campusterrausc ao longo desta semana.

#iterra #iterratalentweek #campusterra #lugo #investigacion by @iterrausc
2
9 days ago
Download
👩🏻‍🔬 Decenas de estudantes do @campusterrausc estanse mergullando no eido da investigación a través das 12 actividades, seminarios e cursos que conforman a iTERRA Talent Week!

🩸 Hoxe, un grupo de estudantes descubriu, no laboratorio do grupo SUPRABOIN, que é a biopsia liquida e o seu papel na investigación en cancro.

🧪 Mentres que varios grupos de participantes asistiron a un obradoiro de fabricación de dispositivos microfluídicos en PDMS mediante impresión 3D para a análise de alimentos, impartido por investigadoras do grupo LHICA.

As investigacións que levan a cabo os grupos do @iterrausc contribúen a buscar solucións aos grandes desafíos aos que nos enfrontamos e facer partícipe delas aos futuros investigadores é clave para asegurar a súa continuidade!

#iterratalentweek #investigacion #campusterra #lugo by @iterrausc
0
11 days ago
Download
♻️ Como se poden transformar os residuos agrogandeiros, agroalimentarios e forestais en novos recursos para avanzar cara unha economía máis circular e sostible?

Sobre esta cuestión xirou Agrovalor 2026, un encontro organizado polo @iterrausc, o @campusterrausc e a Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible da @universidade_usc, en colaboración co @irnas_csic e a Fundación INFIAR.

Ao longo de dous días, máis dun cento de investigadores, profesionais, emprendedores, cooperativistas e estudantes abordaron na @eps_enxenaria cuestións como a xestión e valorización de xurros e outros residuos gandeiros, a produción de bioenerxía ou a recuperación e reciclaxe de nutriente.

Podes atopar toda a información na web da USC ou nas stories do @iterrausc. by @iterrausc
0
12 days ago
Download
🔬✨ A ciencia xa está en marcha no corazón de Lugo!

A iTERRA Night 2026 está enchendo esta tarde o soto da Praza de Abastos de experimentos, curiosidade e moitas ganas de descubrir.

🧬 ADN, células, saúde animal, microminerais, alimentación, solo, árbores, fibra óptica… Investigadoras e investigadores de iTERRA, o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra, están a achegar o seu traballo á cidadanía a través de obradoiros e experiencias para todas as idades.

E aínda estás a tempo de sumarte! 🙌

📍 Soto da Praza de Abastos de Lugo
⏰ Ata as 22.00 horas

Achégate, pregunta, experimenta e descubre a ciencia que facemos no Campus Terra! 🧪🌱

#iTERRANight #CampusTerra #iTERRA #USC #Investigación Divulgación Ciencia taken in Campus Terra USC by @iterrausc
1
16 days ago
Download
🔬✨ Esta tarde, o centro de Lugo convértese nun gran laboratorio aberto á cidadanía!

De 18.00 a 22.00 horas, a ciencia sae á rúa coa celebración simultánea da iTERRA Night 2026 e da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night).

📍 A só uns metros de distancia, o Mercado Municipal, a Praza de Abastos e o seu soto encheranse de obradoiros, experimentos e actividades gratuítas para achegarnos á investigación dunha maneira diferente, práctica e divertida.

🧬 ADN, células, saúde animal, alimentación, solo, árbores, fibra óptica, algoritmos, redes sociais, resistencia aos antibióticos… Hai ciencia para todos os gustos e para todas as idades!

Se aínda non tes plan para esta tarde, témolo claro: ven descubrir, experimentar e preguntar. A ciencia espérate no centro de Lugo! 🧪🙌

🕕 18.00–22.00 h
📍 Mercado Municipal + Praza de Abastos + soto da Praza de Abastos
🎟️ Actividades gratuítas

#CampusTerra #iTERRANight #GNight #USC #Divulgación #Investigación #ciencia by @iterrausc
0
16 days ago
Download
🧪✨ A Noite Galega das Persoas Investigadoras está de volta en Lugo!

Este venres terá lugar, no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e na Praza de Abastos, unha nova edición da G-Night, que ofrecerá ao público unha vintena de obradoiros e experiencias interactivas de balde entre as 18:00 e as 22:00 horas.

Organizado polo grupo de innovación docente @xuvenciencia e pola asociación de persoal investigador novo @agromar_docs, o evento permitirá ás persoas asistentes afondar en temas tan variados como a influencia dos algoritmos na decisión de compra, os riscos para a infancia e adolescencia dos terminais móbiles e das redes sociais ou a resistencia aos antibióticos das bacterias.

Lembramos que, de xeito simultáneo, desenvolverase no soto da Praza de Abastos a primeira iTERRA Night, unha xornada na que a cidadanía poderá coñecer de primeira man as investigacións que se fan dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible ( @iterrausc ) do @campusterrausc no que será unha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para tódalas idades.

Podes consultar toda a información sobre o evento na axenda da @universidade_usc 😊

#usc #campusterra #iterra #gnight #divulgacion taken in Lugo by @iterrausc
1
18 days ago
Download
🚨 Últimas horas para inscribirte nas actividades da iTERRA Talent Week!

Se es estudante de grao ou master, tes ata mañá mércores 23 de setembro para escoller entre un amplo abanico de talleres e experiencias prácticas que abarcan materias como a investigación da patoloxías en peixes, a transformación dos espazos rurais, os patóxenos alimentarios, o control de parasitos ou os biomarcadores de estrés para garantir o benestar do gando.

En función das túas preferencias, os horarios das actividades e as prazas dispoñibles, a organización deseñarache un itinerario personalizado.

Os talleres e experiencias son totalmente gratuítos e realizaranse entre o martes 29 de setembro e o xoves 1 de outubro no @campusterrausc.

Ademais, o luns 28 presentaremos aos grupos participantes e entregarémosche un pasaporte no que poderás ir engadindo cada adhesivo que recibas por participar nunha actividade.

E o venres 2 de outubro organizaremos un encontro con investigadores para abordar como é traballar en investigación. by @iterrausc
0
19 days ago
Download
🔬🌛 Este venres tes unha cita coa ciencia no centro de Lugo!

O día 25, entre as 18.00 e as 22.00 horas, terá lugar no soto da Praza de Abastos un novo evento de divulgación científica que non te podes perder: a iTERRA Night 2026. 

Esta actividade, que se realiza como evento asociado á European Researchers’ Night, será un escaparate perfecto para achegar á cidadanía as investigacións que se fan dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible ( @iterrausc ) do @campusterrausc, no que será unha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para tódalas idades.

Durante a xornada as persoas asistentes poderán participar en diversos obradoiros e actividades prácticas que porán o foco en temáticas ben variadas, como o ADN, as células, a saúde animal, os microminerais, a alimentación, o solo, as árbores ou a fibra óptica.

Podes consultar toda a información sobre o evento no xornal da @universidade_usc 😊

#usc #campusterra #iterra #gnight #investigacion taken in Praza De Abastos De Lugo by @iterrausc
0
20 days ago
Download
🔬 Queres participar directamente nas investigacións que levan a cabo os grupos do @iterrausc?

Entre o 28 de setembro e o 2 de outubro vai ter lugar a iTERRA Talent Week, unha semana na que organizaremos talleres prácticos, demostracións, experiencias de campo, análises de datos ou obradoiros sobre técnicas experimentais.

O obxectivo destas actividades gratuítas e destinadas a estudantes é descubrir se a investigación «chegará a formar parte do futuro académico ou profesional das persoas participantes», en palabras de Marta López, directora do instituto.

Na web da ITERRA Talent Week podes consultar tódalas actividades dispoñibles, os espazos do @campusterrausc onde terán lugar e o horario. Ademais podes inscribirte seleccionando as actividades nas que queres participar. A organización elaborará un itinerario para cada participante en función das súas preferencias e da dispoñibilidade de prazas. by @iterrausc
0
a month ago
Download
«A sociedade non nos expón por separado un problema agrícola, un forestal, un tecnolóxico e outro ambiental; exponnos retos complexos que requiren coñecementos diversos, capacidade para traballar en equipo e unha visión global».

Desta maneira, Carlos Amiama reivindicou, na súa toma de posesión como novo director da @eps_enxenaria, o potencial que ten a escola para xerar sinerxías entre diversos eidos e formar a profesionais capaces de intervir nos grandes desafíos aos que nos enfrontamos.

O investigador do @iterrausc puxo en valor a integración da EPSE no @campusterrausc, de cara a consolidar á EPSE como un referente científico e social «nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e ambiental do uso da terra».

No acto, presidido pola reitora da @universidade_usc, @rosa.crujeiras, tamén interveu a directora saínte, Rosa Romero.

👉🏼 Podes atopar toda a información na web da USC. by @iterrausc
0
a month ago
Download
🤝🐄 Fortalecer a colaboración entre universidade, empresa e sector primario.

Esta é a razón de ser da ‘Cátedra USC-Lactalis España de Innovación e Emprendemento Gandeiro’, que vén de ser posta en marcha pola @universidade_usc e Lactalis España co fin de impulsar a innovación, a formación e a transferencia de coñecemento ao longo da cadea láctea e das explotacións gandeiras.

No acto de presentación, a reitora @rosa.crujeiras e o director de Lactalis Compras y Suministros, José Sáez, salientaron a importancia estratéxica de reforzar os vínculos entre o ámbito académico e o tecido produtivo, clave para desenvolver solucións innovadoras que axuden a construír unha gandería máis resiliente, eficiente e preparada para afrontar os retos vindeiros. 

A Cátedra, que será dirixida polo profesor e investigador do @iterrausc Javier Bueno Lema, chega tras máis de 15 anos de estreita colaboración entre as entidades, nos que se desenvolveron numerosos proxectos vencellados á calidade do leite, á formación técnica, á transferencia de coñecemento e ao desenvolvemento de ferramentas de mellora das explotacións gandeiras.

Podes consultar máis información sobre a nova no xornal da USC 😊

#usc #campusterra #lactalis #innovacion #catedra by @iterrausc
0
a month ago
Download
×

Download all media on this page

Photos Videos
back to up