Instagram story viewer> @leira.haus> Posts
2.1K
followers
538
following
🥬 Investigación, creación artística e producción cultural
🛸Espazo en Lugo con extensions dixitais(2022-)
🧚‍♂️ Ciclo: Penas, corzas e transparentes
POSTS STORIES REELS TAGGED
➡️ Este venres 16/10 ás 19h, continuamos cos pases de FEEDBACK, un musical antifuturista 🐍🎮 da man de AMiXR, @amixr.xr colectivo artístico peruano dedicado á creación, xestión e experimentación de proxectos de Intelixencia Artificial, Realidade Virtual e Realidade Aumentada.

🫗🔊Despois de inxerir unha bebida mística, seredes arrastrades a un ritual espiritual que toma a forma dun pesadelo dixital. Neste espazo liminal, os vosos corpos físicos e tradicións ancestrais enfrontaranse ás infinitas posibilidades e ameazas do mundo virtual.

📁 AMiXR é un colectivo artístico peruano, formado por Cocompi Tantavilca, Claudix Vanesix, Lorena García y Aaron Medina.

🗓️ Aperturas os días: 16/10 , 30/10, 13/11 e 20/11
⏱️ ás 19:00 h.
📍 Praza do Campo (Lugo, España)

🪨 Ciclo (2025-2026): Corzas, penas e transparentes / Mitoloxías para un presente en urxencia

📸 Frames de Feedback e Rexistro da instalación by @leira.haus
4
4 days ago
Download
➡️ Continuamos ao longo destes meses con FEEDBACK, un musical antifuturista 🐍🎮 da man de AMiXR, @amixr.xr colectivo artístico peruano dedicado á creación, xestión e experimentación de proxectos de Intelixencia Artificial, Realidade Virtual e Realidade Aumentada.

🫗🔊Despois de inxerir unha bebida mística, seredes arrastrades a un ritual espiritual que toma a forma dun pesadelo dixital. Neste espazo liminal, os vosos corpos físicos e tradicións ancestrais enfrontaranse ás infinitas posibilidades e ameazas do mundo virtual.

📁 AMiXR é un colectivo artístico peruano, formado por Cocompi Tantavilca, Claudix Vanesix, Lorena García y Aaron Medina.

🗓️ Aperturas os días: 9/10, 16/10 , 30/10, 13/11 e 20/11 
⏱️ ás 19:00 h.
📍 Praza do Campo (Lugo, España)

🪨 Ciclo (2025-2026): Corzas, penas e transparentes / Mitoloxías para un presente en urxencia

📸 Frames de Feedback by @leira.haus
0
11 days ago
Download
🗣️🐍🎮 O vindeiro sábado 26 ás 13h inauguramos FEEDBACK, un musical antifuturista 👾🫀 da man de AMiXR, @amixr.xr colectivo artístico peruano dedicado á creación, xestión e experimentación de proxectos de Intelixencia Artificial, Realidade Virtual e Realidade Aumentada. 

🫗🔊Despois de inxerir unha bebida mística, seredes arrastrades a un ritual espiritual que toma a forma dun pesadelo dixital. Neste espazo liminal, os vosos corpos físicos e tradicións ancestrais enfrontaranse ás infinitas posibilidades e ameazas do mundo virtual.

📁 AMiXR é un colectivo artístico peruano, formado por Cocompi Tantavilca, Claudix Vanesix, Lorena García y Aaron Medina.

🗓️ Se non podes vir á inauguración, cita previa e aperturas os días: 9/10, 16/10 , 30/10, 13/11 e 20/11 ás 19:00 h. 
📍 Praza do Campo (Lugo, España)

🪨 Ciclo (2025-2026): Corzas, penas e transparentes / Mitoloxías para un presente en urxencia

📸 Frames de Feedback taken in Praza Do Campo Lugo by @leira.haus
5
a month ago
Download
Volve setembro e con el, volve Leira 🌿

Reabrimos con exposicións e novas actividades que vos desvelaremos moi pronto. Imos pechando este ciclo no que invocamos unhas mitoloxías outras: Penas, Corzas e transparentes (2024-2026), mentres xa soñamos en abrir o seguinte.

Vémonos xa! 🫂 by @leira.haus
2
a month ago
Download
🛰️Lagoas sintéticas🛰️





 
Recompoñéndonos do obradoiro de rexistro espectral que fixemos pola lagoa de Valverde en Cospeito. 
O pasado 11 de xullo camiñamos, limos e observamos as formas de vida presentes e ausentes que compoñen este lugar. Coñecimos os seus mitos, as súas lendas e historias asolagadas baixo as augas estancadas do humedal. 
A través de diferentes lecturas e artefactos de visión e detección fomos percorrendo o lugar, deixándonos abraiar polos rastros, trazas e pantasmas que foron aparecendo no noso camiño cando prestamos suficiente atención.

Moitas grazas a todes por vir. taken in Lagoa de Cospeito by @leira.haus
5
2 months ago
Download
🧌Lagoas sintéticas🧌O próximo sábado 11 de xullo sairemos do noso espazo para convidarvos a facer un roteiro e obradoiro na contorna da lagoa de Valverde, o ecosistema húmido máis grande da provincia desecado completamente pola modernidade agroindustrial e recuperado agora parcialmente de manera sintética. 

 🧌Lagoas sintéticos é un roteiro colectivo tomando como obxecto de estudo a Lagoa de Valverde (Feira do Monte, Cospeito). Baixo as aguas calmas da lagoa, desecadas fai setenta anos pola colonización franquista, agóchanse múltiples formas de vida, seres reais e espectrais que forman as mitoloxías tanto do imaxinario popular como da modernidade. 

 🛰️A través dun roteiro, propoñemos un obradoiro para falar, pensar e fedellar colectivamente para facer falar ao medio que nos rodea. Aproximarémonos a diferentes  instrumentos de visión que nos permitan facer visibles a todas estas múltiples formas de vida e relatos asolagados baixo as augas da lagoa de Valverde. ¿Qué podemos atopar nelas a través das cámaras, hidrófonos, grabadoras, e outros instrumentos de detección dunha realidade espectral que se agocha cada vez que abrimos os ollos? 

📍Inscrición no noso email (leirahaus@gmail.com) ou DM. 
🪙Recomendamos unha doazón de 15€ para cubrir materiais e custos. 

 🧚‍♂️Actividade dentro do ciclo Penas, corzas e transparentes. taken in Lagoa de Cospeito by @leira.haus
0
4 months ago
Download
🌱 COIDA DA TÚA LEIRA🌱

🌱Fai xa catro anos que decidimos comezar este proxecto nun lugar no que di que nada medra. Pero, ano tras ano, vemos o futuro abrirse paso e facer da nosa contorna un lugar máis habitable. 

Como apoio á programación de Leira, fixemos a comezos de primaveira esta edición limitada no obradoiro de @_laconcongrelos onde recollemos algunhas das conversas aprendidas durante estes anos de existencia. Se queres colaborar con Leira e seguir vendo o futuro grelar ano tras ano, podes apoiarnos mercando unha (ou varias) no noso espazo ou mediante o link da nosa bio. 


🌱Unha leira é un compromiso radical de futuro. Un compromiso baseado na confianza de que, con mimo e dedicación, todo lugar pode ser fértil. Un compromiso situado e totalmente aterrado na súa contorna. Unha leira aparece nas marxes, ocupa un espazo antes baleiro no que pouco a pouco, comezan a grelar novas especies. Un espazo no que atoparse e xuntarse arredor, traballar e desfrutar.

Coidar da túa leira é sinxelo, aínda que require un tempo que o capitalismo sempre nos rouba. Tempo para facer lazos, tempo para estar en comunidades, tempo para observar e aprender xuntas, tempo para descansar, tempo para adicarlle á leira. Por iso, coidar dunha leira pode parecer un acto revolucionario pero non o é, é un acto de supervivencia. 

En Leira levamos dende 2022 formando unha pequena comunidade física e dixital arredor da arte e a cultura contemporánea. Miramos nas periferias das disciplinas artísticas e no que queda fóra dos discursos hexemónicos. Exploramos colectivamente e aprendemos unhas das outras a como seguir facendo fértil unha terra na que din que nada se pode cultivar e vendo como, ano tras ano, o futuro grela. 

🌱Prezo: 15€ no noso espazo ou no link da bio by @leira.haus
5
5 months ago
Download
Podéis vernos en @metropolis.tve 📽️ hablando de @vision__periferica , un dispositivo movil y las residencias de investigación y creación artística del espacio @leira.haus en 2025, que llevamos a cabo gracias a @creacioninjuve 🧪🧚‍♂️ 

🧚🐍🧌 En el ciclo Ciervas, rocas y transparentes, Leira busca rescatar esas mitologías que han permanecido en el umbral, reclamando nuevas formas de ser miradas, narradas y encarnadas.

👀🧪visión periférica. red local de exploración contravisual, es a su vez el germen de un dispositivo autónomo, una red de investigación y creación artística que propone un marco crítico para repensar la construcción de imaginarios territoriales desplazando las visualidades hegemónicas sobre el territorio y sus existencias a través de las tecnologías, el videoarte y las prácticas artísticas colaborativas situadas. Una mirada desviada a los centros mediales y digitales, y a su confinamiento exclusivo a los grandes polos de la cultura.

📸 Pantallazos de @metropolis.tve  con Mourae y la sesión de escucha, sentadas entre rocas y sonidos @mouraemourae . Antía Carreira y Da traída, entre el mito y la ciencia, los espíritus del agua y el derecho a ella @tonita.carreira . Laura Valdivieso y Raquel Vázquez : Colectivo IDA Y VUELTA (IYV) con su Animala, criptozoología, ritualidades, y espacios mágicos y construidos @iyv.iyv . Marta Valverde, amuletos digitales para la fe en un futuro desdibujado @marta_val_verde 〰️ 🗺️ Praza do campo, Río Mera, Penarrubia, Altar de Adai, Museos y templos etc. 

🟡 Proyecto financiado por Ayudas Injuve a la creación by @leira.haus
3
5 months ago
Download
Moitas grazas a todes ás que vos achegastes durante estes días a 🔪📚Amizades Perigosas 📚🔪 a ollar, conversar, escoitar e levar con vos os libros e zines que poblaron a nosa Leira. Unha escolma diversa onde os fíos invisibles que se tecen entre as páxinas parten dende o afectivo e se desplegan en diferentes formatos e referencias compartidas.

Moitas grazas a todas as compañeiras, editoras e proxectos cómplices que confiaron en que podía ter sentido facer esto e foron dándolle corpo en conversas de WhatsApp, mails e empresas de paquetería. 

@alaudanegra_libros 
@gonzalez_ania 
@bartlebooth_ 
@cielosanto__ 
@decorpospresentes 
@dondiegoblanco 
@escolaimaxinada 
@fabulatorio_ 
@horribla 
@huhu_asociacion 
@iyv.iyv 
@plataforma_mal 
@trienalsarria 

🔪📚 by @leira.haus
1
6 months ago
Download
🔪📚✨Amizades perigosas✨📚🔪

Compartimos a lista de participantes que ocuparán as estanterías e mesas de Leira a próxima fin de semana con motivo do día do libro.

Os seus libros, zines, cómics e obra gráfica ocuparán as nosas mesas e estanterías para quen se queira poda achegarse, ollar con calma e levar para casa.

As amizades perigosas percorren diferentes temas, formatos e técnicas para falarnos do presente que habitamos. Dende volcáns que aparecen no centro dunha cidade e feitizos contra certos artistas, poemarios, ensaios de arte e pedagoxia, fotolibros, ata cómics risografiados nunha imprenta comunitaria.

Nesta edición piloto participan
@alaudanegra_libros 
@gonzalez_ania 
@artefactosnativos 
@bartlebooth_ 
@cielosanto__ 
@dondiegoblanco 
@escolaimaxinada 
@fabulatorio_ 
@huhu_asociacion @trienalsarria 
@iyv.iyv 
@plataforma_mal 
E nós temos algunha sorpresa preparada 

(Sábado ás 18:30h - presentacións: ALAUDA NEGRA e DIEGO BLANCO)

Vémonos! by @leira.haus
12
6 months ago
Download
Concebidos como lugares materiais, os depósitos de ancestralidade que nos presenta Pablo Pesado actúan como lugares de extracción de validación e recoñecemento baseada nunha idea cada vez máis vaga e difusa dunha suposta ancestralidade. A través do realismo máxico galego e o seu papel como validador e constructor de discursos, Pablo Pesado e Lorena López foron desengranando os mecanismos culturais, máis tamén políticos e de poder, que perpetuan unha visión máxica e proclive á fantasía da sociedade galega. Unha visión operativa para comprender os mecanismos extractivos que atravesan a cultura contemporánea, con pantasmas moi reais nos campos da música, do cinema e a cultura visual. 

Obrigadas polas persoas que viñestes conversar con Pablo Pesado e Lorena López o venres pasado. by @leira.haus
7
7 months ago
Download
🌱Depósitos de Ancestralidade🌱 Venres 27 de marzo ás 19h00

Chega a primaveira e comezan a grelar as primeiras actividades na nosa Leira. Abrimos o ano continuando o segundo ano do ciclo “Corzas, penas e transparentes” onde revisamos de xeito crítico o emprego de mitoloxías e dos relatos máxicos que producen o noso pasado, presente e futuro.

🌱Depósitos de Ancestralidade.História crítica do realismo mágico galego🌱 é o título do ensaio crítico de Pablo Pesado @pablopesrod. Unha viaxe de deconstrucción histórica no que percorre o realismo máxico galego como un fenómeno importado en resposta a certos intereses políticos e culturais. Os depósitos de ancestralidade actúan como unha fonte de recursos imagolóxicos exóticos cos que producir, publicitar e vender productos culturais. 

O investigador Pablo Pesado e a escritora Lorena López @coleoptera.souto percorerrán algunhas das idea que sustentan o libro a fin de axudarnos a comprender as lóxicas de extracción e circulación de imaxinarios. O libro  pertence á colección de ensaio crítico galego do Instituto Clara Corbelhe @claracorbelhe

 Esta conversa comezará ás 19.00h da tarde do próximo venres 27 de marzo. Teremos exemplares do libro  e algunha que outra sorpresa para celebrar a chegada do novo ano. by @leira.haus
0
7 months ago
Download

Download All

Save the photos and videos currently loaded on this page.

0Photos
0Videos
Ready to download 0 / 0

Keep this tab open until your download is ready.

back to up